BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

30/11/09

TOC, TOC... CORREO!

Hoxe nos levamos a grata sorpresa de recibir unha carta dos nosos amig@s de Oviedo.
Xa vos falaramos deles noutra ocasión, e por fin lles puxemos cara, pois nos mandaron unha foto.
Ademais cada nen@ nos mandou un debuxo de si mesmo, e aínda que tod@s eles teñen 3 aniños, veredes que xa fan uns debuxos moi, moi chulis!!
Mañá nos tocará a nós mandar a nosa carta, a ver se conseguimos estar todos na clase!!!
Mirade os debuxos dos nosos amigos postais.

SEMANA NOVA, TEMAS NOVOS!!!

Hoxe comezamos a nosa nova unidade didáctica, aínda que en realidade son dúas que irán moi parellas: A CASA e A FAMILIA.
Hoxe os trasnos nos deixaron na maleta viaxeira un montón de sorpresas: uns folios nos que había distintos tipos de casas (un tipi, un iglú, un pazo, unha choza, unha casa, uns rañaceos...) e entre todos íamos dicindo que era cada cousa, aínda que algunha tiñamos dúbidas.

Con estas cousas, os trasnos nos pretendían amosar que hai xente que vive en distintos tipos de vivendas.
Nós dixemos que vivimos en CASAS (algúns en pisos) pero das vivendas que vimos, dende logo a que máis se parece é a casa.
Os trasnos sabendo iso, nos deixaran tamén dúas casiñas (bueno en realidade unha) plastificadas, onde se ve: a primeira é a casa por fóra, e a segunda é a casa por dentro. Entón entre todos fumos falando de que cousas hai dentro das casas, cales son as estancias...
E unha desas estancias eran por exemplo as habitacións, e estes trasnos tan tan listo, ata nos deixaron un cadro dunha habitación (La habitación de Arlés) do pintor famosísimo Vincent Van Gogh.
Agora cando vaiamos ó recuncho dos artistas, teremos que crear a nosa propia obra de arte, un cadro dunha habitación.
Logo plasmamos os nosos coñecementos no papel.
Mentres os pequenos traballaban unha ficha na que tiñan que relacionar os tipis e os iglús, xunto cos seus habitantes(esquimós e indios) e outra dunha habitación, na que tras pintar unha cama, lle tiñan que poñer anaquiños de feltro a modo de manta....
Os maiores traballamos conceptos máis complexos, e escribimos un montón. Mirade!!!

29/11/09

QUEN QUERE XOGAR ?




Picade nas imaxes!!!

27/11/09

MANUALIDADES CREATIVAS

Deixovos aquí un video de manualidades que podedes facer na casa.
Nel ensínannos un xeito sinxelo de crear invitacións, tarxetas, ou mensaxes segredos moi creativos. Mirade o video, e seguro que a partires desta idea se vos ocorren un montón de cousas, non sí?




OUTROS SITIOS DE ONDE SACAR DEBUXOS PARA IMPRIMIR





CREAR MANDALAS

Xa vos contei nalgunha ocasión que me encantan os mandalas, verdade? Pois atopei agora unha páxina na que poderemos crear os nosos propios mandalas. Xa me vou poñer a probar agora mesmo!!! Aqui vo-la deixo para que probedes.

FESTA FESTA E MAIS FESTA!!!!

Hoxe estabamos un pouco nervosos por varias razóns, a primeira era que estabamos esperando a que chegaran os fotógrafos para facernos unha reportaxe.
E por outra parte cando estabamos na asemblea chegou Adán, que estaba enfermiño e non sabiamos se viría ou non hoxe para festexar o seu cumple.
Así que... despois de facer a reportaxe e traballar coa profe de reli (que hoxe nos trouxo ós 7 ananiños), xa tivemos que comezar a cociñar, sí, sí... a cociñar!!!!
Hoxe fixemos nós a tarta, e era moi especial. Poñía o nome de ADÁN, pero mirade ben as fotos, para ver como a fixemos!
A que nos quedou moi ben? Pois estaba riquísima, ata chupamos os dedos, e mirade para os nosos bigotes, jejeje.

PARA FACELA PRECISAMOS...
SOBAOS
NOCILLA
LACASITOS

Penso que esta receita tivo moito moito éxito, non hai mais que ver como se "rechupetean" os dedos, e mais que houbera!!!!!! jajaja.
Pois ben sinxelo que foi facelo, xa sabedes!!!

25/11/09

XOGAR A CREAR PERSONAXES CON ALIMENTOS

Atopei esta páxina na que poderedes crear divertidas personaxes con alimentos (froitas, hortalizas...) e conseguiredes crear unhas estupendas familias de personaxes moi divertidas, e se as imprimides poderedes xogar con elas.
Podemos competir con Giuseppe Arcimboldo, vos acordades dos seus cadros?
Picade, como sempre na imaxe.


Eu xa creei a miña, aparece na da imaxe!!!

Podedes enviarnos por mail as vosas personaxes creadas, poñendo o voso nome e idade, e logo as colgo todas xuntas para que as vexades, ok?

DEBUXOS CON XICES


Os folios están troquelados, por iso teñen esos buratos en forma de sol.
Despois de facer os debuxos, a profe botoulles laca (do pelo) para que se fixe o debuxo e non se emborrone.

O ESQUELETE...

Aínda que parecía que tiñamos un pouco abandoada a nosa investigación do corpo humán (e que estivemos con outras cousas e non dábamos atopado tempo), hoxe retomámola para finalizala xa nesta semana.
Hoxe fixemos na asemblea un recordatorio do que xa aprenderamos, e tamén volvimos a ver tódalas fotos de cando éramos pequeniñ@s, e puxemos moita atención nelas, pois logo a profe nos preguntaba cousas, e se non estabamos atent@s... non saberíamos a resposta.
Tamén estivemos vendo os contos que nos trouxera Ainara, e uns anaquiños dos vídeos que trouxera dos músculos e dos ósos.
Agora xa sabemos que no noso corpo debaixo da pel, temos máis de 200 ósos, e tamén temos músculos. O corazón tamén é un músculo, intentamos atopar os nosos latexos, pero... moi difícil, pois non estábamos calados. A ver se na casa nos axudades a atopalos!!!!
Tamén dado que Carla ten a perna escaiolada, nos serviu para falar das feridas, de que os ósos se rompen (tamén a profe rompeu o codo o ano pasado) e vimos nos libros como se vendan...
Os pequen@s estivemos nos recunchos, mentres os maiores estaban rematando o seu libriño do corpo. Estalles quedando moi ben!!!
O venres poderedes ver os nosos libriños rematados!!!

SAL SOLIÑO...

Hoxe, vendo o día que estaba, con chuvia, chuvia e máis chuvia, decidimos cantar unha canción que os de 4 anos xa coñeciamos pero que lle ensinamos ós pequen@s.
Despois de aprender a canción e cantala todos xuntos, traballamos nunha ficha con dita canción, e segundo a nosa idade facíamos máis ou menos cousas nela, claro!! Mirade un exemplo:

24/11/09

SORPRESA DOS REIS MAGOS E DE PAPE NOEL!!

Deixóvos aquí un enlace a unha páxina xenial que deixou Mary (unha mamá de Arteixo) no blog do meu compañeiro José Carlos (ó cal debo parte do meu gusto polos blogs como ferramenta educativa, xa que eu vía a cotío o seu). Grazas Mary, e grazas Jose Carlos!!!

Na páxina poderedes confeccionar (con 3 sinxelos pasos) un vídeo dos Reis Magos ou Papá Noel dirixido ó voso neno/a, no que lle falarán persoalmente dicindo o seu nome, idade... e as cousas que ten mellorar (cousas que non fai por exemplo) e reforzar as que fai moi ben.

Nun minuto poderedes confeccionar o vídeo, e darlle unha grande sorpresa ós peques. Se o facedes, contádenos que cara puxeron!!! jajaja

Picade na imaxe...

CORES E MÁIS CORES...

Aínda que nós coñecemos un montón de cores pois os utilizamos tódolos días na aula, na casa, e ademais están en todas partes... temos un LIBRO DAS CORES, do que xa vos falamos en varias ocasións, e no que cada páxina ten un debuxo distinto para pintar dunha cor determinada, e para decoralo traballando cunha técnica plástica distinta. Hoxe traballamos coa cor marrón, e nese libriño pintamos a páxina de hoxe, que tiña un ourizo!!! e como os ourizos teñen pinchos e pican, pois despois de colorealo (moi, moi ben!!!) pegámoslle anaquiños de paliños, como se fosen os seus pinchos.
Ó rematar puxémoslle gomets de cor marrón redondos pegados na parte de abaixo da ficha.
Os maiores tamén fixemos esa ficha, pero fixemos unha serie de 3 cores cos gomets, arredor da ficha. Mirade!!!

CANTAS LETRAS!!!

Hoxe na asemblea estivemos xogando coas letras, sí, sí, con elas pódense facer un montón de xogos divertidos.
Agora temos unhas caixiñas con moitos ocos nas que temos metidas un montón de letras, cada unha dentro do seu oco correspondente, e con elas poderemos facer moitísimas cousas, pero... para que as coñezamos, a profe nos fixo un xogo "de maiores".
Ensinounos un folio no que había escritas un montón de letras, entón ía sinalando unha de cada vez e nós tiñamos que adiviñar cal era (como temos letras diferentes nos nosos nomes, sabíamos un montón) e para axudarnos e darnos pistas, nos facía o seu son. Bueno... menos nunha, a mudiña, que é a letra H, e que non ten són, e sempre vai acompañada dunha das vogais (A, E, I, O, U).
Despois ó ver que sabíamos tantas letras nos propuxo un xogo dificilísimo (sobre todo para os pequen@s) e era atopar as vogais e pintalas dunha cor determinada.
Este xogo o fixemos comodamente, uns sentados, outros acostados... na asemblea, e as veces parece que nos senta mellor que facelo na cadeira!!! E ademais así traballamos a grafomotricidade de moitos xeitos, pois temos que facer maior ou menor prensión segundo a nosa postura, e tamén agarramos distinto os materiais... A profe quedou alucinada do ben que o fixemos!!!!

Di que agora xa poderemos xogar sós a compoñer palabras con esas letras que están gardadiñas cos caixonciños.

23/11/09

NO PATIO...

Debémonos de influenciar de ver que xa puxeron a decoración de Nadal (nas árbores da praza, as luces da igrexa, nas luces nas rúas...) e debemos de ver xa moi preto o Nadal, debeu de ser por iso que hoxe no patio, os aros os utilizamos para decorar un pobre carballo, que aguantou todo o que lle botamos. Pobre, como o deixamos!!!

OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS: PLASTELINA CASEIRA

Hoxe fixemos un Obradoiro de Experimentos, e fixemos plastelina caseira, sí, sí. Mirade a nosa receita:

PRECISAMOS:
- 2 tazas de fariña
- 1 taza de sal
- 2 culleradas de aceite
- Auga
- Colorantes alimentarios ou témperas

Imos misturando os ingredientes, ata facer unha masa uniforme, e engadindo auga ou fariña segundo vexamos (como na cociña). Ó principio é algo pegañento pero logo, tras amasar ben, queda unha plastelina moi brandiña e moi xeitosa. Se poden cocer as cousas no forno se queremos que quede duro. E para utilizar a plastilina, dun día para outro, gardámola na neveira nunha fiambreiriña ou nunha bolsa de plástico hermética.
Probade nas vosas casas!!
Mirade como fixemos nós...

Hoxe aínda estaba sen levedar, e aínda se pegaba moito, non hai máis que ver as nosas mans, pero mañá, despois de pasar este día na neveira, xa vai estar moito mellor.

XOGAMOS COS NOSOS NOMES

Hoxe estivemos xogando cos nosos nomes, e xa recoñecemos os de todos os compis, e mailos nosos, claro!
Ademais fixemos un mural, de momento, fixémolo só dos nomes que comezan pola letra A (que son moitos) e miramos cales eran, que letras tiñan, cantas letras ten cada nome... e reflictimos a cantidade de letras representándoo de distintas formas (pegando tapas, ollos móbiles, anacos de cartolina...) e tamén facendo puntiños. Mirade como quedou este primeiro mural dos nomes da letra A!!

Con el traballamos: as letras, os números, os nomes, a correspondencia número-cantidade, a orde das letras, os conceptos: longo e curto, igual-diferente, primeira-última...

Despois os maiores, aproveitamos e xogamos a facer cada un o noso crucigrama cos nosos nomes, mirade que ben nos saiu.



 
poemas de amor