BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

31/5/10

EXISTEN OS MIRAGRES!!!! APARECERON AS FOTOS!!!!

Xa tiña perdida por completo a esperanza de recuperar as fotos da semana pasada, pero agora ó meter a tarxeta para ver as fotos de hoxe (o outro día desaparecerán do mapa) apareceron as de hoxe e as da semana pasada.
Así que... facemos un pequeno resume fotográfico:
Temos novos vermes de seda na clase...
Rematamos o noso dossier dos animais mariños...
Fixemos unha torta de biscoito, melocotóns e nata, colaborando e repartindo tarefas...

E con ela festexamos o cumpreanos de Amanda e de Carlota, que tiveron que decorar as súas coroas de raíñas da festa...Para logo festexalo...
Recibimos a carta dos nosos amiguiños de Oviedo, que nos mandaron unha orla chulísima feita coas súas pegadas. Moitas grazas Nieves e peques...
Mirade que cheíño de cousas temos o cortizo do intercambio postal, xa non cabe nada máis!!!!!
Estamos facendo unha exposición a medida que imos rematando os nosos ACUARIOS con caixas de zapatos, aquí podedes ver algúns...

30/5/10

INTERCAMBIO DE MANUALIDADES PARA PROFES

Fago esta entrada para animarvos a que participedes no noso intercambio, fixen o selo de participación e as normas en castelán porque ás veces as traduccións dos blogs non teñen moito que ver coa realidade escrita nel, e como sei que nos lee moita xente de fóra, pois para que non haxa erro nas normas.
Trátase dunha experiencia da que seguro sacaremos un montón de cousas boas, e tamén ideas... a min persoalmente encántame recibir cartas, sobre todo con selos, porque como os colecciono sempre me levo ledicias ó ver que o sobre trae algún que eu non tiña, jejeje.
Eu participo en moitos intercambios deste tipo, nos que sen coñecer á persoa (en persoa) redundancia total!!! creas algo para ela coa mellor das intencións, e recibes algo doutra persoa que o fixo cos seus mellores desexos para ti. E penso que é algo bonito, non?
Pois nada, mans a teclear o meu correo, para mandarme os vosos datos, e a buscar ideas para crear!!!!!
Lembrade os que participedes de poñer o selo de participación e que así se entere máis xente, cant@s máis sexamos mellor!!!

NOTA ACLARATORIA DE DUDAS:
Aínda que poden ser cousas que sirvan para a súa utilización no cole, a idea é de que sexan manualidades para "nós" as profes (broches, marcapáxinas, chaveiros, pendientes, caixas decoradas...) e feitas tamén por nós, cousiñas de todo tipo pero que sexan un agasaio persoal, utilizando todo o material que se nos ocorra, e a poder ser tendo en conta as preferencias en canto a cores que imos dicindo (que reflictirei nun cadriño que vos enviarei cando estemos todas apuntadas) para que cada un as teña en conta segundo a persoa que lle tocou e así ter un agasaio máis personalizado, non?

De momento ide pensando a idea... e para as que queiran ir comezando porque xa non aguantan, pois... tede en conta as cores no envoltorio, por exemplo. Que vos parece?

29/5/10

COMEZAMOS A TRABALLAR SOBRE...


E...
Xa sabedes que, coma sempre, nos podedes envíar todo tipo de materiais e información sobre os mesmos. Seguro que nos servirán!!!! Moitas grazas!!!!

ERRO TÉCNICO NAS FOTOGRAFÍAS DESTA SEMANA

Por un problema no ordenador coas fotos desta semana, nas que se incluían cousas como: que tenemos novos vermes de seda, que estamos facendo uns acuarios con caixas de zapatos, que xa case todos rematamos o dossier dos animais do mar, que o venres festexamos o cumpreanos de Amanda e Carlota, e coma sempre, fixemos nós a receita (neste caso un biscoito de nata e melocotóns, do que non quedou nin a mostra, de bo que estaba...) non podo subir nin as fotos nin os videos, pois perdéronse todos!!!!!
Dame moitísima pena sobre todo polas do cumpreanos, aínda que desta semana había moitísimas fotos de diferentes actividades, pero... ás veces a informática é así. Tentarei recuperalas, pero non estou moi optimista, pois xa levo unha hora e pico tentándoo e non aparecen por ningures.

27/5/10

DOBRE PREMIO

No mundo blogueiro agasaiamos premios, e aquí temos dous, un chegado dende Asturias, da man de Nieves e o seu blog "en pocas palabras"...E outro da man de Arantxa e o seu blog "Los peques de infantil".Cada vez se fai máis difícil escoller cales son os mellores blogs, porque cada vez hai máis, e cada vez están máis completos e cheos de recursos, así que... dende aquí envío os premios a tódolos blogs que nos teñen enlazados e tamén ós nosos seguidores.


24/5/10

COMEZA A SEMANA...

Asistindo á sesión de animación á lectura feita polo ilustrador Abraham Carreiro.
Logo, para voltar á escola, fomos andando, e para poñer un pouco de orde, fixémolo indo dentro dun tren, que era unha ringleira dentro dunha goma (das de xogar a saltar). Así íamos camiñando polo Rosal. Comezamos a camiñar cantando, e logo facendo as onomatopeias de distintos animais (así se nos facía máis curtño o traxecto, a íamos entretidos).
No cole, fixemos moitas cousas: rematamos os prismáticos que fixeramos a semana pasada con material de refugallo, e que hoxe nos puidemos levar para a casa... e no patio xa aproveitamos para xogar ós investigador@s!!!
Estivemos aprendendo cousas das tartarugas mariñas, fixemos dúas páxinas do noso libriño de animais do mar...
E tamén aproveitamos para saír a coller morera e darlla ó verme de seda que nos queda e, uns críamos que tamén morrera, outros dicíamos que non que estaba durmindo... tentamos reanimalo dándolle comidiña, pero... non había nada que facer, estaba tamén morto, así que... quedamos sen vermes de seda!!!! Supoñemos que sería pola calor que fixo esta fin de semana.

23/5/10

LEMBRADE QUE...

Mañá luns día 24, ás 9:00 da mañá temos que estar na porta traseira do Edificio Polivalente (Entrada pola Praza do Calvario) para asistir na primeira sesión á actividade de animación a lectura do ilustrador Abraham Carreiro. Este importante debuxante ben sendo o fillo de Pepe Carreiro, a quen seguro recoñecederedes por ser o creador dos BOLECHAS.Esperamos pasalo moi, moi ben vendo como debuxa, e como nos conta historias.
Lembrade chegar á hora, pois ás 9:00 entraremos, e a sesión será de 50 minutos máis ou menos!!!! Logo xa baixaremos á escola andando cos profes. Grazas!!!

21/5/10

QUEN QUERE FACER UN MANDALA?

Xa sabedes que son moi relaxantes, e para tódalas idades!! ademais a nós sérvennos para traballar co vocabulario do mar...



A NOSA SEMANA

Esta semana foi moi curtiña, pero nós aproveitámola moi, moi ben.
O mércores fomos de excursión a Caixanova e vimos unha obra de teatro que se chamaba "Me duele el caparazón" e na que os personaxes eran títeres con cuncha (tartarugas, cangrexos...) feitos con materiais moi, moi pecualiares (tulipas de lámpadas, garfos, ensaladeiras, garfos...) e na que se falaba sobre os medos dos nen@s a ir ó medico (e non tan nen@s, claro).
Mirade na súa Páxina.
Pero antes de ir ó teatro, merendamos na Alameda.
Antes de sair para alá, na asemblea tamén tivemos tempo de ver o libro-mural que nos trouxo Adán, e que "nos veu ó pelo" pois nel amosábanse animais mariños que teñen cunchas, así que foi unha preparación para a obra. Adán ensinounos todo moi, moi ben. E ben merecido ten un aplauso por facelo así e a súa familia por ter unha idea tan orixinal, coma todos os que levamos visto. Moitas grazas por participar na vida escolar dos vosos fill@s!!!


Ademais o mércores antes de sair tivemos que darlle de comer ós nosos vermes de seda, tiñamos 3 dende o venres anterior, pero... o mércores un morrera, e hoxe, outro, así que... só nos queda un. A ver se "non morre de aburrimento". Dámoslle de comer follas de morera, que é a árbore con forma de paraugas que temos xusto ó lado da escola, entre o centro de saúde e o patio. Dádesvos conta? Estamos mirando como se vai transformando, e esperamos ver como se convirte nunha fermosa bolboreta.Mirade o proceso... e podedes xogar con esta secuencia:
Tamén estamos facendo algo relacionado co mar, utilizando unha das caixas de zapatos que trouxemos ó cole, imaxinades que pode ser?
 
poemas de amor