BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

27/8/10

ESTAMOS EN OBRAS

Vou tentar facervos máis sinxela a lectura do blog separando as etiquetas tamén por cursos, e así, deste xeito, poderedes ver dunha mesma atacada todas as publicacións feitas no curso 2009-2010, ou as que se farán no 2010-2011. Isto vaime levar uns días, polo que por agora isto estará a medias, pero espero que na próxima semana xa esté funcionando o novo formato do blog, espero que vos guste!!!

23/8/10

COMEZA A CONTA ATRÁS!!!!!!!

Xa non queda nada para comezar o novo curso, no que estrearei cole, compis e peques, pero... non quería comezalo sen antes mandar unha forte aperta e un montón de bicos aos meus peques do Rosal.
Que teñades moita sorte neste novo curso, e que aprendades moitísimas cousas, que agora xa sodes maiores e tedes que ensinarllas aos nen@s pequen@s da escola, eh!!!!
Por suposto tamén, un saúdo para as miñas familias rosaleiras.
Pasádevos por aquí de cando en vez e así seguimos en contacto. Vale?

3/8/10

INTERCAMBIO DE MANUALIDADES

Despois de ter esperado xa bastante tempo a ver se os paquetiños que quedaban por recibirse aparecían, non temos novas de ningún deles, polo que... como organizadora do intercambio, pido desculpas ás que quedastedes sen recibir (eu tampouco recibín, eh!!, non foi tongo, jejeje). Por algunha razón houbo problemas con eses paquetes, e ou están sen enviar, ou se perderon polo camiño.
Síntoo!!! Espero que para o próximo se cumpran os prazos e todo o mundo reciba, ao mesmo tempo que envia, que sería o de esperar.
Grazas a todas por participar!!!!!
 
poemas de amor