BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

27/1/11

CONQUISTAREMOS O CASTELO!!!!

Estes días, como xa sabedes, estamos axudándolle a Formi a investigar cousiñas sobre os castelos, e grazas ás vosas informacións sabemos un montón de cousas, e... debuxamos os nosos propios castelos, aprendemos algunhas das partes dos castelos, sabemos que hai castelos en distintas partes do mundo e algúns moi pretiño de aquí... sabemos quen vive neles...

Outra das cousas que faremos será converter a nosa clase nun auténtico castelo, para iso teremos que facer un escudo, as almenas, a porta, a ponte levadiza, a torre do homenaxe...


E xa para aproveitar, e ver un castelo de verdade, iremos de excursión ao CASTELO DE MOECHE, o próximo XOVES 3 DE FEBREIRO.
- Sairemos sobre as 10:30 da mañá, voltando ao cole para a hora do xantar.

- Os nenos e nenas deberán traer de merenda auga e galletas.

- A saída é gratuíta,  só será necesaria a vosa autorización asinada (data límite o 2 de febreiro).

O BONECO DE NEVE...

Acompañando á nosa paisaxe de outono agora atópase un boneco de neve, pero... xa está mudando tamén a paisaxe, xa non hai cogomelos, nin ourizos... teremos que transformalo nunha verdadeira paisaxe invernal. Que lle poderemos poñer?

COLLEITA SORPRESA!!!!

Estes días comezouse a traballar no invernadoiro, e na clase de Basi, cando estaban facendo labouras de limpeza atopáronse cunha sorpresa:

Ummmm, que rica ensalada se pdoería facer!!!! Que vos parece a colleita?

ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ESTIVEMOS FACENDO

Por problemas técnicos co ordenador... a profe non pode actualizar o blogue todo o que quixera, pero... non pensedes que non estamos facendo cousas, eh!!!
Estes días estamos metidos de cheo no mundo de Kandinsky, polo que estivemos traballando con algunhas das súas obras...
 E tamén falamos dos sentimentos e as emocións, para o cal partimos da "lectura visual" de tres obras de arte ben coñecidas de Kandinsky, Klimt e Munch:
"El grito" de Munch
"El beso" de Gustav Klimt
"Pair to horse" Kandinsky
 Algunhas das cousiñas que fixemos foi crear obras a partir de láminas en blanco e negro de kandinsky que nós fomos cambiando picando elementos, facendo tipo vidriera con papel celofán... fixemos un quebracabezas e un maletín para gardar o xogo despois de utilizalo con esta obra:


Tamén traballamos cos sensos, coa vista, co olfato... mirade ben como ulimos tentando distinguir o olor a amorodo do olor a canela, o eucalipto ou o coco...

Temos tamén unha nova tarefa para os encargad@s e é que temos un calendario, no que imos rodeando cada día o número correspondente, familiarizándonos así cos números, e podendo facer contas de cantos días quedan para algún festexo, para a fin de semana... ou cantos días levamos de semana, entre outras cousas.

26/1/11

UNHA CAMISETA BRANCA

Lembrade traer ao cole unha camiseta branca, a poder ser grande para que a podamos poñer por riba da roupa!!!!!

O venres tocaranos levala posta, pero antes temos que facerlle algo, por iso... precisámola canto antes!!!!
Grazas!!!

23/1/11

CASTELOS

Esetes días recibimos moitas cousiñas con información sobre os castelos, e os protagonistas foron ensinándonolas na asemblea con moitísimo gusto.

Unha das cousas que traballamos sobre os castelos, foi que o CONDE DRÁCULA vivía no CASTELO DE BRAN, en Transilvania (Rumania) e fixemos unha fichiña.

UN NOVO CONTO

Unha nova historia que coñecemos nestes días foi a do conto "O Sorriso de Daniela", un conto precioso, do que poden gozar tanto pequenos coma maiores.

COUSIÑAS COA ARTE

Na nosa aventura de axudar a Margarita... rematamos metidos de cheo no mundo dos museos e das obras de arte, e agora cada clase está investigando un autor concreto, e nós adicámonos a WASSILLY KANDINSKY, que ten un montón de obras, e cada cal nos gusta máis.
Mirade un exemplo dalgunhas das súas obras:




E entre as cousas que fixemos está un quebracabezas cun dos seus cadros.
Para iso tivemos que picar, e tamén poñerlle o nome ás tres pezas, e agora cada un está facendo o seu maletinciño para gardalo. Estanos quedando moi chuli!!!!

19/1/11

CONTACONTOS EN ALEMÁN

Mañá pola tarde, contando coa colaboración de Simone, a nai de Noah, gozaremos escoitando un contacontos en alemán. Lembrádesvos que a miña amiga Nieves (de Oviedo) nos mandara xunto co libro viaxeiro, o conto dos "Tres porquiños" en alemán? Pois mañá, teremos unha mostra de como se conta realmente o conto en alemán, pois eu intenteino, pero... nin idea nin de como se di nin o título!!!!

FORMI ESTÁ EN RUMANÍA = NÓS INVESTIGAMOS SOBRE OS CASTELOS

E alí hai un montón de castelos, cousa que tanto a nós como a Formi, lle encantan. Por iso, e como Formi xa nos enviou unha presentación que imaxes no ordenador, e nela nos ensinou moitas cousiñas dese país (que a súa capital chámase Bucarest, que no castelo de Brans vivía o conde Drácula, que a súa moeda chámase lou, ensinounos a súa bandeira e o seu escudo...) pois... pediunos axuda para investigar cousiñas sobre os castelos (como son, quen vive alí, onde hai castelos...) calquera cousiña nos vale, xa sabedes!!!!
Xa recibimos algunhas cousiñas... a ver se ao longo da semana van chegando máis. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

18/1/11

PUFFFF... POR ONDE EMPEZAMOS?

Despois desta primeira semana sen poder actualizar, agora non sei por onde comezar!!! será mellor que o faga dende o principio, non? Pero farei só un breve resumo:
Pois a ver... o primeiro día, da volta ao cole, estivemos falando (como era de supoñer) das cousiñas que nos trouxeron os Reis, Papa Noel... e con moito interese, tod@s escoitaban aos compañeir@s, e logo debuxamos o que nos trouxeran para poñelo na NOSA AXENDA!!!! Xa veredes o chula que é!!!!
E tamén aproveitamos para retomar o noso libriño da EVOLUCIÓN DO NOSO NOME, no que facemos o nome en distintas datas, para ir recollendo como avanza a nosa escritura ao longo do tempo.

Tamén fixemos uns preciosísimos cadros con témpera e pinceis para decorar a nosa aula!!!!

Tamén, nestes días, tivemos sorpresas, como que recibimos o libro viaxeiro dos nosos amiguiños de Oviedo, e traía uns preciosos pareados que fixeron cos nosos nomes.
Agora tocaranos a nós facerlles algo chuli, chuli!!!!

 
Pero ademais, mandáronnos de agasaio o libro dos "Tres Porquiños" en alemán!!!! e claro, a profe non sabe lelo... así que... pedímoslle á mamá de Noah se podía vir a contárnolo, e seguro que un día destes saberemos como se le o libro neste idioma!!!!


17/1/11

SEN ACTUALIZAR POR PROBLEMAS TÉCNICOS

Espero poder actualizar nestes días, pero por problemas co lector de imaxes, aínda non o puiden facer. Pero haberá actualizacións, e moitassss!!!!
 
poemas de amor