BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

28/2/11

O MECO DI QUE...

Para mañá martes, hai que traer outra vez un pano na cabeza e dous calcetíns desemparellados por fóra do pantalón.
Que ninguén se esqueza!!!!

27/2/11

NO ENTROIDO O MECO MANDA...

E di que este luns (28 febreiro) traigamos ao cole UN PANO NA CABEZA!!!!
Cada día deixa unha mensaxe diferente, que nos tocará para o martes? Estade ben atent@s!!!


TEMOS PODERES MÁXICOS!!!!

Sabiádelo?
Pois sí, o venres fomos por primeira vez ao EDI encerado dixital interactivo), bueno, por primeira vez para traballar nel directamente, porque xa vimos unhas cantas pelis tamén nel. Pero agora fomos a descubrir que "temos poderes máxicos" e podemos pintar cousas de cores co noso dedo nese EDI. (O enlace que utilizamos foi este, que esta á esquerda do blog tamén enlazado. Podedes xogar con el tamén no voso ordenador)
Quedamos bastante alucinados coa nosa maxia, e se non o credes... mirade as fotos!!!
Agora iremos tódalas semanas, o venres a última hora da mañá, e cambiamos a sesión de ir á biblioteca, que nos cadraba aí. Por iso este venres non levamos o libro.


COPIAMOS A WASSILY KANDINSKY

As nosas obras xa están rematadas e expostas no noso museo. Mirade como non teñen nada que envexarlle ao orixinal:


XOGAMOS AO NOSO MEMORI DE DEBUXOS

Lembrádesvos de que lles enviamos aos nosos amiguiños de Oviedo un memori con debuxos? pois fixemos tamén un para nós, para poder xogar na nosa clase.
Mirade que ben o pasamos xogando!!!



PRESENTANDO EN SOCIEDADE ÁS NOSAS MASCOTAS DA ASEMBLEA


Aquí están de esquerda a dereita:
SARIÑA PALABRIÑA
O POLIÑO PÍO PÍO
A GALIÑA E O GALO PIQUIÑO DE OURO
O SAPO LENGÜIÑAS
O PORQUIÑO OINK OINK
A CABRA LARETAS
Con elas a asemblea faisenos moito máis emocionante, encántanos cantar a súa canción, e respetar o turno de palabra, sobre todo o que máis nos gusta é sair ao centro e poñernos de pe para falar e que todos nos escoiten.

CREACIÓNS LIBRES

Agora temos unha nova distribución na aula, pois a medida que imos tendo autonomía para utilizar novos materiais, vánse introducindo para o noso uso nos recantos. Así, agora no recanto da biblioteca e letras dispoñemos de tesoiras, lapis, papeis... materiais de xogo con letras... de xeito que podemos xogar a escribir e a ler con eles.
Ademais no recanto de plástica temos diversos materiais cos que podemos facer as nosas propias creacións.



22/2/11

QUE PRECISAMOS PARA ENTROIDO?

Xa non queda nada!!! Estamos cos preparativos dos nosos disfraces, e queríamos avisar de que os peques de 3 anos non precisaremos mercar nada, pois teremos que vir vestidos coma no festival de Nadal: pantalón ou legging branco, e camiseta de manga longa tamén branca.


19/2/11

COMO ESTAMOS DE SAÚDE?

Nas últimas semanas fomos a menos en canto a número de nen@s nas aulas, por gripes, virus... e o caso é que na nosa clase pasamos de faltar 1 ou 2, a faltar 5, 6, 7, 8... e ata 10. Os 2 últimos días só estivemos 5 nen@s na clase!!!
Esperamos chegar o luns con cheo completo para poder voltar á normalidade. Cuidadevos moito peques!!!!

XOGANDO CON NÚMEROS E LETRAS

Estes días estamos comezando a xogar moito a escribir palabras con pinzas, e tamén a emparellar números con pinzas... é moi divertido!!!
Pouco a pouco iremos complicando máis e máis as tarefas!!!

O NOSO MUSEO

Sabiades que estamos facendo un museo na entrada de infantil? Pois sí, agora teremos que poñer un vixiante de seguridade ou algo, porque con tan valiosas obras de arte... quen sabe!
mirade de momento te´mos pouquiñas obras, porque aínda estamos montando a exposición, pero pouco a pouco se irá enchendo.
Como cada clase se necarga dun pintor concreto poderedes ver "copias" case case mellores que as do orixinal de Kandinsky, Botero, Dalí, Miró, Picasso ou de Andy Warhold.
Que vos parecen?







18/2/11

TRABALLANDO CON ADIVIÑAS...

Estamos comezando a traballar con recursos orais (adiviñas, poesías...) nun proxecto común que temos varios profes do cole, nun grupo de traballo.
De momento, amosámosvos o ben que nos entendemos xa co trazo das letras...
Logo comezaremos a escribir textos sen resposta, e propoñer distintas actividades noutro blogue, dos que xa vos daremos o enderezo, e veredes como participamos varias clases de infantil e primaria nel.

MELLORAMOS A NOSA CREATIVIDADE, A GRAFOMOTRICIDADE E A... MEMORIAAAAAAAA!!!

Fixemos un xogo de memoria moi chuli cos nosos propios debuxos, e enviamosllo de agasaio aos nosos amiguiños de Oviedo, esperamos que lles guste, supoñemos que hoxe xa lles chegaría o paquete. Mirade!!!
E sí, a profe Nieves xa actualizou o seu blogue, e xa sabemos que lles chegou o libro viaxeiro. Mirade que ben o pasaron:
http://blog.educastur.es/enpocaspalabras/2011/02/19/toctoc-tenemos-carta/

15/2/11

CONTOS DAS MIL E UNHA NOITES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA

A semana pasada fomos a unha sesión de contacontos á biblioteca municipal, que preparou unhas xornadas moi chulas adicadas aos contos das mil e unha noites. A nós contounos Mónica o conto de "SIMABD O MARIÑO" nun escenario moi chuli, cunha decoración do máis axeitada... e ao final ata fixemos o noso propio barco cun Simbad!!!! Pasámolo moi, moi ben!!!






PARECE QUE NON HAI NOVIDADES...

Pero sí que hai, unha por exemplo é que o próximo curso teremos novo horario, pois tra-la votación feita onte conseguiuse unha maioría aplastante de 172 votos a favor, e 23 en contra. Moitas grazas a todos pola vosa participación!!!!

O caso de non actualizar como facía antes é por problemas técnicos: o meu portátil non funciona, a tarxeta da cámara en moitos ordenadores non ma recoñece e aparace como baleira, internet estos días na casa vai só cando quere... e ao final... o caso é que non podo actualizar o blog. Espero poder ir actualizando pouco a pouco noutros ordenadores coma hoxe, porque o portátil me dixeron que aínda tardaría ata 40 días!!!!!


7/2/11

O CUMPREANOS DE LUÍS

O venres festexamos o primeiro cumpreanos de "4 ANOS", e tocoulle a Luís ser o primeiro!!!! Agora xa imos sendo cada vez máis maiores e iso déixase notar no día a día da clase: somos máis autónomos, comprendemos e respetamos máis as normas, mantemos unhas conversas cada vez máis complexas...
Mirade o ben que o pasamos no seu cumpreanos!!
PARABÉNS LUÍS!!!

5/2/11

DANDO UN TOQUE MEDIEVAL Á NOSA CLASE

Pouco a pouco as nosas aulas estanse convertendo en castelos, e xa se poden ver escudos, almenas, dragóns, cabaleiros... polos corredores. Esperamos rematar moi pronto a decoración para que vexades o chuli que nos está quedando todo.

Pero para que pareza aínda máis que estamos na época medieval... mirade que música podemos poñer de fondo!!! (a nós encántanos traballar con musiquiña de fondo) así que... agora toca poñer algo así propio da época.

Tamén vos deixamos aquí algúns debuxiños por si queredes decorar, colorear...relacionados coa temática dos castelos e a época medieval, vale?

 
poemas de amor