BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

30/3/11

PEQUELIBROS DE DEBUXOS

Estamos comezando a meternos máis de cheo no mundo da lectoescritura, e queremos facelo de xeito que o que escribamos sexan cousas que realmente nos interesen, por iso cada un vai escribir as palabras en función do que faga polo seu propio gusto.
Nesta actividade o que fixemos foi montar un pequno libriño con debuxos que os nenos e nenas fixeron (en tamaño de medio folio) grampalos cunha portadiña na que cada un escribiu o seu nome, e logo dentro, foron escribindo as cousas que debuxaran, quedando cousiñas tan chulis como estas:


 



De momento estamos coñecendo as letras, e xa son moitas as que imos recoñecendo, polo que para escribir me van pregunto as letras e eu só lles digo o nome da letra ou o trazo e les vannas facendo. Neste terceiro trimestre comezaremos a traballar a lectoescritura de xeito fonético e silabicamente, e así serán eles os que decidan que letra lle corresponde a cada golpe de voz. Xa iredes vendo a nosa evolución!!!

A SEMANA DA PRENSA

Esta semana conmemoramos a Semana da Prensa, e para iso achegamos este medio de comunicación á nosa aula, e traballamos un pouquiño para saber que é un xornal, que cousas podemos atopar nel... e tamén fixemos os nosos primeiros pasos como xornalistas facendo pés de foto a algunhas que aparecían nos xornais. Agora todas as novas coas que estivemos traballando recollerémolas nun mural no corredor de infantil.
Mirade como traballamos!!!






23/3/11

UN XOGO-EXAME DE LETRAS

Nótase que queremos ser maiores porque a palabra exame encántanos!!! Por iso hoxe gozamos un montón do xogo das letras que nos fixo a profe. Ao dicir que era un exame a expectación era absoluta.
O xogo consistía en que a profe, na asemblea, ía ensinando unhas tarxetiñas con letras (unha a unha) e os peques tiñamos que adiviñar de que letra se trataba. Se acertabamos, tiñamos que ir onde a profe e ela nos poñía na nosa fichiña un selo coa letra que acertamos. Así con moitas letras... e logo contamos cantas adiviñamos cada un e puxemos o número. Parece que os exames non son para tanto, e ademais dánsenos xenial!!!! Mirade, e ao final ata nos faciamos exames uns aos outros!!! haberá que repetir esta experiencia seguro. Mirade que ben o pasamos!!!

 

TOC, TOC, TOC... CORREO PARA NÓS

Hoxe veu Fernando a traernos un paquetiño, e era, como non, o "Libro Viaxeiro" que chegaba dende Oviedo, repleto de novidades. Esta vez os nosos amiguiños mandáronnos un mapa-xogo para poñer cada nome no lugar correspondente e así saber onde nos atopamos. Mirade que chuli:


A MEIGA BRUNILDA NOS CONTOS

Hoxe á tarde tocou unha vez máis sesión de obradoiros, que nos encantan porque nos misturamos, imos a outras clases... e pasámolo moi, moi ben.
Na nosa clase, coma sempre, tocou o obradoiro de contos e a profe contoulles a historia de Brunilda e o seu gato Bruno, pero... mirade os gatos tan chulis que fixeron os nenos e nenas:



CHEGOU A PRIMAVERA

Como xa se notaba no ambiente a semana pasada pois... " a primavera o sangue altera" e os peques estaban alteradísimos!!!! Hoxe só estivemos 8 nen@s na clase, e estivemos moito máis tranquilos, tamén nos acompañou o bo tempo que parece que non pero é unha grande axuda para estar calmados.

Deixámosvos aquí unha idea que podedes facer na casa, ou nas vosas clases, relacionadas con manualidades primaverais, atopadas na rede.Se premedes na imaxe iredes directamente á páxina onde aparece estas idea:

ÁRBORE FLORIDA CON POMBIÑAS DE MILLO:

Tamén, se tedes árbores no cole ou nas vosas casas, poderedes facer uns comedeiros moi sinxelos para os paxariños, mirade:


20/3/11

UNHA XORNADA MEDIEVAL MOI DIVERTIDA

Este venres á mañá gozamos dunha xornada medieval na que ademais de ver aos profes cunhas vestimentas moi pecualires, propias da época, fomos en grupos (distribuidos cuns brazaletes para facer os equipos: coroas, torres, dragóns, bufóns, aguias) pasando por distintas aulas, nas que faciamos cousas diferentes e típicas da época medieval: espadas de globoflexia, maquillaxe de princesas e príncipes, gorros de damas e cabaleiros, participar nun torneo medieval e ata recibir o noso nomeamento como damas e cabaleiros medievais.


 E ata tivemos a visita dunha princesa... "a princesa do castelo de Moeche" que nos axudou a repartir as espadas máxicas de cores...




16/3/11

OBRADOIRO DE CONTOS

Hoxe retomamos os obradoiros dos mércores, e coma no primeiro trimestre, na nosa aula toca o obradoiro de contos.
Hoxe, a profe estivo un "pouco rara" e era porque nos viña a contar a historia da súa amiga a "Bruxa Brunilda" e o seu gato Bruno.
Aos peques encantoulles a historia, e o mellor e que hai unha gran colección de libros desta bruxa, polo que non se cansarán de coñecer as súas historias.


 Despois de escoitar atentamente a historia (na que Brunilda ía cambiando de cor á súa mascota) nós pintamos un gato cada un da cor que quixo coma se fósemos bruxas e bruxos e puidemsemos facer maxia e cambiarlle de cor ao gato. E como podedes observar, houbo cores de tódolos gustos...



Así de ben o pasamos!!!



 


 
poemas de amor