BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

30/5/11

DEBUXAMOS EN EQUIPO

Ás veces non é sinxelo traballar equipo, e para nos fagamos á idea do que isto significa, no cole facemos moitas actividades que requiren do papel de todo o grupo cara uns fins comúns. Hoxe fixemos unha tarefa que requería da nosa máxima interiorización do que o traballo en equipo significa, pois tiñamos que debuxar 2 ou 3 nenos/as á vez, nun mesmo folio, para conseguir unha obra pictórica grupal. O resultado final non puido ser mellor e o proceso tamén é digno de mención, pois se poñían dacordo (ti debuxa as flores, eu fago o ceo, etc).
Mirade senón que chulis nos quedaron:

28/5/11

O XOGO DAS LETRAS


Xogar a ler e escribir é moi sinxelo, e non precisamos lapis nin papel, mirade como con estas letras de papel conseguimos escribir as palabras que queremos, e xogamos a aprender as letras, a escribir pensando cal será a letra que precisamos para un determinado son ou sílaba...
 Logo coas palabras formadas, podemos xogar a desfacelas e construir outras novas, ou pegalas nas nosas fichas, ou libriños que creemos. Nós estamos facendo un libriño da nosa saída ao zoo de Marcelle, e comezamos a escribir o nome dos animais para logo montar o libro. Cando esté rematado xa vo-lo ensinamos enteiriño.





E así pouco a pouco imos familiarizándonos como mundo da lectoescritura xogando. Tamén aproveitamos a xogar colectivamente na asemblea, a profe saca unha letra da caixa das letras, e os nen@s que teñen prantillas de letras diferentes teñen que ver se ven a silueta de dita letra na súa prantilla ou non.





25/5/11

OS PROTAGONISTAS DA NOSA BIBLIO DE AULA SON OS "NOSOS" CONTOS

Os que creamos nós, inventamos, escribimos, pegamos, coloreamos... eses son os que máis nos gustan, e cos que máis disfrutamos.
Collémolos a todas horas e ademais nos gusta moito ensinarllos aos demais, lerllos etc.

XOGANDO E CANTANDO EN INGLÉS

Hoxe pola tarde veu Callie á nosa clase e nós cantámoslle as cancións que sabemos en inglés, por certo moi, moi ben. Son as que cantamos coa profe Mónica. Aproveitando que unha delas falaba das cores, xogamos a buscar cousas...
ORANGE
BLUE
GREEN
RED
PURPLE
BLACK
BROWN
pola clase, e ademais despois demostrámoslle que sabemos tódalas cores pois moi, moi, moi rápido collíamos o rotu da cor que ela nos dicía (e ela só nos falaba en inglés, eh!).

 

O NOSO CONTO XIGANTE: A FADA DO CASTELO




Aquí esta a nosa creación xigante, feita a raíz da actividade de "Revisión de textos" proposta por Myriam Nemyrovski, e que nós fixemos tra-la historia creada polos nenos e nenas da clase de Susi.
Así foi como, despois de ler a súa historia, buscamos o xeito de completala con outros datos que a nós nos parecían interesantes. Xurdiron tamén outras ideas que podedes ver se ides ao blogue do noso grupo de traballo.
Mirade que chuli nos quedou!!!

E ademais aproveitamos para irllo contar aos nosos compis de 3 e 4 anos, mañá se nos deixan seguiremos indo polas clases para contarllo e que logo xoguen os nosos compis con él. Pois este é un CONTO-XOGO, xa que os debuxos de despegan e pegan con velcro e se os quitamos logo temos que lembrar a historia para poder colocar cada debuxo no seu sitio.

22/5/11

XOGANDO E CREANDO CONTOS

Estamos a crear un montón de contos con distintas técnicas, traballando sobre os elementos precisos para poder crear unha historia, e así é como nos van saindo historias cooperativas que logo transformamos en auténticos libros cos que gozar da lectura na nosa biblioteca de aula.
Ás veces DEBUXAMOS CONTOS, creando un lugar, uns personaxes e uns obxectos. Despois de ter listo o noso debuxo, contámoslle á profe a nosa historia para que ela a escriba, e despois inventamos un título, que escribimos nós mesmos, e tamén asinamos as nosas obras.
  
E estas son as obras que nos van saíndo:
Outras veces creamos contos cooperativos a partir de 4 palabras como este:


Outras veces nos complicamos máis e creamos historias a partir do xogo dos iogures que creamos, e co facemos historias cooperativas a partir de varias palabras (distintos número segundo nos vaian saindo as tarxetas). E así nos temos que concentrar:
Mirade como xurden as palabras:









FORMI FOISE DE BRASIL...

Así quedou o mural que imos facendo cooperativamente no corredor de infantil, cando Formi cambia de país. Así, temos tódalas súas viaxes plasmadas para non esquecernos de ningún sitio. A parte que rematamos agora é a de Brasil, pois xa non está alí.
O outro día mandounos unha carta e díxonos que collera un avión e fora para outro país.


Alguén sabe donde está Formi? Poderíades axudarnos? Xa sabedes que nos serve calquera información, material... moitas grazas!!!

15/5/11

OS NOSOS ANIMAIS FAVORITOS

E despois desta grande excursión a Marcelle, ao chegar ao cole tocou facer reconto do que viramos e dicir cales foran os nosos animais favoritos, pero para facelo, ademais de falar sobre o tema na asemblea, e facer un debuxo do noso animal favorito tamén o plasmamos nun mural, utilizamos gomets a modo de lenda, e finalmente fixemos o reconto traballando así un pouquiño os números, vaia, as matemáticas!!!
E así foi como quedou o noso reconto, gañando por 7 votos a familia de osos.
E así foi como o fixemos: escribindo o noso nome, decidindo e debuxando o noso animal favorito, entendendo a lenda dos gomets de cores e contando.


14/5/11

O ZOO DE MARCELLE

A nosa excursión foi ao Zoo de Marcelle, en Lugo, onde o pasamos xenial!!! Estivemos vendo un montón de animais, e os monitor@s especializados nos ían dicindo cousas peculiares de cada especie, e así aprendimos un montón de cousas.
A viaxe foi longa, pero no noso autobús levámola moi ben. Iso sí, á volta, moitos decidimos durmir pois estabamos moi, moi, moi cansos.
Mirade nas fotos cantas cousas vimos!!!

 
poemas de amor