BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

15/4/12

"DON QUIJOTE"

Esqueceusenos contarvos que estamos traballando sobre a famosa historia de Cervantes "Don Quijote de La Mancha". Para conmemorar o 23 de abril o día do Libro estamos a preparar unha actividade moi chuli, da ue xa vos manteremos informados. De momento deixámonosvos aquí un vídeo coa canción e os personaxes da obra para que os nenos e nenas se vaian familiarizando con eles. Vale?

13/4/12

MARCI ESTÁ NA SABANA AFRICANA

Volvimos a recibir novas de Marci, que non para de viaxar e esta vez parece ser que está na SABANA AFRICANA. Xa sabedes que temos que axudarlle a aprender cousiñas dese lugar, así que... calquera información que lle aportedes aos nen@s respecto do tema, será seguro un tesouro a compartir, para eles. As asembleas cando traen información sobre os temas que estamos a tratar son moi interesantes para todos, e moi moi importantes para os protagonistas que nos comparten as súas pesquisas. Axúdadelles nas súas aprendizaxes!!!! Esta foi a carta que nos enviou Marci:

 

A HORTA E OS ESPANTALLOS

Dende que estamos indo ao invernadoiro xurdíronnos algunhas cousiñas interesantes, por exemplo, que como hai unha pequena parte aberta nel, nos poden entrar os paxaros e comer as sementes. Pero os peques, que teñen solución para todo, dixeron que poderíamos facer un espantallo e así xa non habería problema. Entre todos foron dicindo que cousas precisabamos, e me parece que en canto pare de chover nos poñeremos mans á obra e iremos a traballar a nosa hortiña en condicións. Sabemos que para o espentallo precisamos: - roupa vella - palla - paus - unha cenoria para o nariz (algún debeuse lembrar dos bonecos de neve, pero sería factible tamén) ... Así que, cada un fixo o seu proxecto de como podería ser o espantallo, e mirade que cousas sairon:

Podedes traernos todo tipo de información relacionada coa horta, e se nos podedes mandar sementes ou algunha cousiña que nos poda servir para as nosas labouras agrícolas, xa sabedes que serán ben recibidas!
 

FICHEANDO CON TATUS

Ultimamente cando traballamos sobre papel facémolo sobre folio en branco e nós imos facendo as composicións que nos interesan pegando textos, letras, números, facendo debuxos... de cada vez, segundo nos conveña nese intre. Un material que comezamos a utilizar neste curso e que nos encanta son os tatus. mirade como traballamos algunhas cousas (todos por igual, para facer o traballo xuntos no inicio da tarefa) e logo outras segundo os intereses de cada quen.



 

FAMILIAS CONTACONTOS...

E seguimos con historias contadas polas familias. Historias de todo tipo: contos popukares, historias inventadas, contos da biblioteca municipal, contos que levan 30 anos nas casas gardados como verdadeiros tesouros... hai historias de tódolos tipos e para todo tipo de lectores, por iso non hai disculpa para que leamos moito, e contemos moitos, moitos contos. Aquí vai un recordo a esas historias que foron contadas neste último mes na nosa clase:


Como podedes ver, algunha repetiu e para diferenciar xa cambiou o primeiro gorro contacontos pola "pamela dos encargados/as". Que farán os próximos que repitan? Que gorro preferirán?

XOGANDO COA XEOMETRÍA

Sabiades que os peques estamos a estudar xeometría? Pois sí, sí. Pero non vos asustedes que non é para tanto, pois o que facemos e xogar para descubrir que as cousas teñen formas, formas xeométricas, en moitos casos. Así que... sinxelamente estamos aprendendo cousiñas das figuras xeométricas a partir das nosas experiencias xogando con elas.





Estes son algúns exemplos dos resultados:


Na casa tamén podedes probar a facer este xogo, pois seguro que tedes moitos materiais para poder facelo: moedas, caixas de distintos tamaños, caixas redondas dos queixiños, por exemplo...E, como non, tamén podedes xogar con regras, transportadores de ángulos. Unha vez familiarizados coas figuras toca o momento de amosar a creatividade, e como? pois facendo debuxos que estén formados por figuras xeométricas. Por exemplo... TENTADE FACER UNHA CASA, UNHA ÁRBORE, UN COCHE...Teñen algo en común?

(Con esta actividade tivemos que estar moi concentrados, posto que tiñamos que suxeitar ben as figuras para poder bordealas cos rotus, traballamos vocabulario propio do tema posto que estabamos en distintas mesas e con materiais diferentes en cada un, e cada vez que precisabamos unha peza determinada tiñamos que pedirlla aos compañeiros do equipo correspondende, etc. Pasámolo xenial!)
 

COINCIDENCIAS DO DÍA

Moitas veces os peques festexan, nada máis chegan ao cole, con moita ledicia que: - Levan unha camiseta/pantalón/chaqueta... como a de un compañeiro ou compañeira. - Traen o mesmo peinado que fulanito ou menganita. - Xogaron xuntos no parque o día anterior, varios compis. Pero... houbo un día no que tódalas "chicas" da clase coincidiron noutra cousa, da que durou o festexo toda a mañá! Vaia casualidade, todas coas unllas pintadas, pero ademais, da mesma cor!

Xa vedes que nos conformamos con ben pouco para facer un festexo!
  
 
poemas de amor