BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

17/11/10

QUE É UN MUSEO?

Onte fomos á clase de 3 anos A e alí vimos un vídeo no que nos falaba Margarita, e nos dicía que... aínda que de día ela e a súa familia o pasaban moi ben escoitando e vendo as nosas historias, pola noite se aburren un pouco porque eles estaban acostumados a vivir nun museo, e alí sempre hai xente, ata polas noites.
Entón  nos preguntaba que poderíamos facer para que non se aburrisen tanto... pero... o primeiro que tivemos que facer foi pensar que sería un museo!!!! e despois vimos un conto que nos fala dun museo e nos amosa algúns cadros, entre eles, o de Margarita e a súa familia.
 Seguiremos vendo máis e máis museos e a ver se se nos ocorre algunha idea para que a súa vida no cole se pareza á súa vida anterior.
A alguén se lle ocorre algunha idea?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor