BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

27/12/09

UNHA PÁXINA DEDICADA ÓS MÁIS PEQUES!

Atopei unha páxina que contén un montón de recursos para os peques da casa. Nela poderedes atopar contos, debuxos animados, debuxos para colorear, recortables, recursos para familias, obradoiro de manualidades, xogos, actividades infantís...
Botádelle unha ollada!



PEQUEN@S, GRANDES ARTISTAS!!

Todos sabemos que os nen@s son uns artistas en potencia, e canto máis lles deixemos voar a súa imaxinación, máis creativos serán e máis nos sorprenderán.
Seguro que na casa fan debuxos libres que ben poderían estar expostos nunha galería de arte, verdade?
Pois acabo de atopar un un lugar no que poderán publicar os seus debuxos.
Só tedes que escanealos, ou sacarlles unha foto (como fago eu cando os publico no blog) e envialos ó correo: dibujalia@yahoo.com, ademais deberedes de poñer o nome e idade do artista.
Picade na imaxe e iredes directamente ó blog do que vos estou falando.Animádevos a participar coas vosas obras!!! Ós nen@s encantaralles velas no ordenador!!


LEMBRADE QUE...

Nas páxinas que temos enlazadas na esquerda, para imprimir e colorear debuxos, poderedes atopar un montón de debuxos para utilizar na casa.
Botádelles unha ollada e seguro que atopades algún do voso gusto.

Despois poderedes traballar conxuntamente familia-nen@s, buscando alternativas ó simple coloreado. Mandándolles facer series de dous-tres elementos (segundo o seu nivel) con cores.
Por exemplo, debaixo do debuxo facer uns circuliños ou cadrados, e pintando vós só os primeiros, por exemplo un verde e outro vermello, e que eles continuen a serie (con tódalas cores que queirades non teñen que ser as do exemplo), ou pegando gomets...
Tamén podedes axudarlles a escribir as palabras das cousas que debuxan (remarcando os sons dos fonemas para os de 4, e dicíndolles como teñen que facer os trazos das letras: arriba, abaixo, unha barriguiña, unha patiña...), que conten cantas letras teñen esas palabras...
Para os de 3 anos, que escriban o seu nome a tódalas cousas que fagan: debuxos libres, ou coloreados... e que lle peguen cousiñas (anacos de papeis, virutas de ceras, algodóns... o que sexa)

QUE TAL AS VACACIÓNS?

Ola!!!
Que tal o estades pasando nestas vacacións de Nadal?
Seguro que moi, moi ben... pero tamén máis de un non saberá que facer a parte de ver a televisión, seguro que máis tempo do que debera, verdade?
Deixovos aquí algúns debuxos para pintar, recortar, montar... escollede os que máis vos gusten, imprimídeos, e... a traballar!!! Non vos podedes esquecer de todo o que aprendimos no cole, e tampouco debedes perder o hábito de traballo que tiñamos (aínda que sexa unha tarefa pequeniña, unha soa, deberiades facela) Pois... á volta, case seguro que nos vai custar coller os hábitos outra vez, e así, con pequenas tarefas na casa, nos será máis sinxela a volta ó cole (e aínda nos quedan moitos días de vacacións).
Iso sí, tamén tedes que xogar moitísimo, eh!












Xa vedes que hai algunhas para montar, recortando e pegando, outras que poderedes pintar... e pos suposto, as poderedes decorar tipo collage pegándolles diferentes materiais que teñades na casa, todo vale! deixade voar a vosa imaxinación!
Só tedes que premer nas imaxes e as veredes máis grandes, e as poderedes gardar no voso ordenador ou imprimilas directamente.

21/12/09

UN AGASAIO DE NADAL... Quen é quen?




DESEXÁMOSVOS...

20

A NOSA FESTA DE NADAL

Hoxe comezamos a mañá escribindo a carta para os Reis...

E logo... festexamos a despedida, as vacacións de Nadal, e fixémolo por todo o alto, bailando, comendo, e dándolle a carta ós Reis Magos, que viñeron dende moi lonxe para visitar a nosa escola.
Ademais cantamos panxoliñas...



Algúns, non tiñamos moi claro iso de achegarnos ós Reis, pero... ó final case todos fomos onda eles, e lle entregamos a nosa carta (que escribiramos antes) e eles nos deron un agasaio moi, moi chulo!!!
Estivemos na clase dos maiores, onde tiñamos preparados os postres (que trouxeron as nosas familias) e os tronos para os Reis, e ademais, como nesa clase está o EDI (pois aproveitaos e durante a festa bailamos cos Cantaxogos...)

Mirade que ben o pasamos!!! E canto comemos!!!
Moitas grazas ás familias por colaborar con nós na festa.

20/12/09



18/12/09

A NOSA CARTA XA CHEGOU A OVIEDO

Onte chegoulles a nosa carta ós nosos amig@s postais de Oviedo. Podedes visitar o seu blog picando aquí, e veredes os nosos debuxos cheos de purpurina (como todo ultimamente).

Hoxe fixemos as sinaturas para enviarlles a postal, que xa estará en camiño e lles chegará o luns. A ver se lles gusta!!!!

FESTA DE NADAL

HOXE TIVEMOS TRI-CUMPREANOS


Hoxe festexamos a compreanos de Ainara e María (que xa teñen 4 anos) e o de Kevin (que xa ten 3!).

Como ultimamente, o postre o fixemos nós, e así... está moitísimo máis rico, non hai máis que ver como o comemos e repitimos, repitimos e repitimos sen parar.
Fixemos unha riquísima torta de sobaos, nocilla, lacasitos... e moito coco raiado, que parecía neve!!!
Mirade como lle cantamos a Kevin para que soprara as 3 velas:

E así lle cantamos a Ainara e María para que sopraran as súas 4 veliñas:

E mirade si estaba boa a torta!!!


OS LUNNIS CANTANDO EN NADAL

Hoxe fomos á clase dos maiores coa profe María (de reli) para ver unha peli no EDI (encerado dixital interactivo) cos nosos compis. As outras profes tamén andaban por alí atarefadas coa preparación dos cumpreanos, pois este mes, houbo moitos!!!
No EDI vimos un vídeo dos Lunnis no que facían un concurso de Panxoliñas de Nadal, non estivemos todo o atentos que debiamos. Eramos moitos, e ademais estamos xa alterados sabendo que chegan as vacacións.
Aquí deixamos unha das panxoliñas dos Lunnis.


16/12/09

VAIA ENGANO DOS 3 PORQUIÑOS!!!!!

Mirade o que pasou na casa dos 3 porquiños na noite de Nadal...

MANDALAS DE NADAL

Non estarán hoxe os peques aburridos, non?
Se é así, deixolles aquí uns mandalas de Nadal, que seguro estarán desexando decorar. Os mandalas teñen un poder máxico para a relaxación e a creatividade, tanto en adultos como en nen@s, non hai idade!!!
O ideal, sería traballar con eles nun clima tranquilo (música de fondo relaxante, ou sons baixiños sen máis), un lugar cómodo... e deixar que libremente a persoa decore ó seu gusto o mandala. O feito de ter sempre forma circular, fai que a vista se vaia ó centro, e haxa que ir movendo o papel... o que nos fai concentrar.

Escollede o que máis vos guste e probade a facelo!
(picade na imaxe para facela máis grande, e dádelle ó botón dereito GARDAR COMO...) e xa a poderedes imprimir, e incluso podedes facer unha montaxe poñéndolle o nome, utilizando algunha das fontes de Nadal que vos deixei na entrada anterior.

PARA DESCARGAR FONTES DE NADAL

Deixovos aqui unha compilacion que fixen, por se queredes descargar un montón de fontes de Nadal, para crear os teus carteis, textos para postais, fichas... só tes que descargalas dende o meu enlace.
FONTES DE NADAL

Para instalalas:
- 1º DESCOMPRIMIR o arquivo con winzip, winrar... (botón dereito extraer aquí)
- 2º COPIAR os arquivos.
- abrir PANEL DE CONTROL ==> FONTS o FUENTES ==> PEGAR

Xa quedan arquivadas no teu Pc e cando vaias ao teu procesador de textos, xa podedes utilizar as fontes que queiras, seleccionando o texto e escollendo a fonte que mais che guste.

15/12/09

CHEGOUNOS UN PAQUETE DESDE OVIEDO

Os nosos amig@s de Oviedo nos enviaron un paquete cunha sorpresa, e antes de abrilo... a profe preguntounos a todos que críamos que habería nel. Cada un tiñade nós tiñamos a nosa propia idea do que podía haber (bueno, algúns copiábamos ideas) e... mirade o que críamos que había.

E o que realmente había era... unha postal chulísima, dunha árbore, feita coas siluetas das dúas mans.
Témolas no cortizo da correspondencia escolar (onde poñemos as súas cartas, e onde temos a súa foto).
Nós tamén lles enviamos unha carta, e unha postal, chegaralles mañá ou pasado!!!!

PORTADAS DOS NOSOS TRABALLOS

Hoxe comezamos a facer as nosas portadas para o libriño das fichas que levaremos deste trimestre. A primeira en rematala foi Lea, e mirade o resultado. Que vos parece?
Primeiro pintamos o debuxo do boneco de neve, e logo botamos pegamento dentro das 3 boliñas para pegarlle nelas anacos de algodón, e tamén lle botamos pegamento na boliña do gorro, nos botóns e nos zapatos, para despois botarlle purpurina, e por último, botámoslle pegamento na bufanda e no peto da chaqueta, e a adornamos con virutas de ceras de cores.
Logo escribimos o noso nome nunha cartolina que a profe recortou con tesoiras de formas, e cun depresor (coma os paus dos xelados) fixemos como unha pancarta para colocarlle o noso nome.

EN BUSCA DE LETRAS E PALABRAS

Hoxe a profe deunos uns mini-libriños de folios de cores, que na portada tiñan pegada a primeira letra do noso nome (en goma eva) e nós lle puxemos o noso nome (soliños, mirando pola etiqueta) e dentro escribimos algunhas letras ou palabras (segundo íamos atopando pola clase). Foi unha busca moi divertida!!!Agora, escribiremos na casiña o que queiramos. Hai letras e palabras na nosa casa?? pois... a buscalas!!!!

 
poemas de amor