BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/1/10

PELI DE KIRIKÚ NO EDI

Hoxe, como cada venres, fomos despois do recreo á clase dos maiores para ver unha peli no encerado dixital, e como festexamos o día da paz, podedes ver como quedamos pasmados para a peli (Kirikú y la bestia salvaje) e como lucimos as nosas medallas da paz.

O CUMPREANOS DE CANDELA

Hoxe festexamos o cumpreanos de Candela, que, como podedes ver nas imaxes xa é moi, moi maior, e ten nin máis nin menos que 4 anos!!!! E se merecía unha gran coroa, claro, por iso a veces aquí tan atarefada facéndoa.

E podedes ver como a rica merenda de chocolate que fixemos hoxe tiña forma numérica. Que número é? Quen o sabe?

28/1/10

GRAFO-ESCRITURA NO PATIO E MENSAXES DE PAZ

Hoxe algúns estivemos escribindo con lápis máxicos (pequenos pauciños que hai tirados no patio das ramiñas das árbores) na hora do patio. E claro, ó momento de comezar a escribir uns, tod@s nos puxemos a buscar mais "pauciños máxicos".
Escribimos os nosos nomes, debuxamos cousas e escribimos o seu nome... e ata Sara escribiu (por iniciativa propia) unha mensaxe de paz.

Que vos parece o noso xogo libre de hoxe?

RECUNCHO DA PAZ (OU DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS)

Aproveitando a Semana da Paz, e de que nas aulas (como é lóxico, sempre se dan pequenos conflitos), dende o Equipo de Convivencia do Cole nos propuxeron facer un "Recuncho da Paz ou de Resolución de Conflitos" consistente nun lugar destinado a que dúas persoas solucionen un problema. O lugar son dúas cadeiras, una na que hai unha boca (onde deberá de dar explicacións o que se portou mal) e unha cadeira cunha orella onde se sentará "a víctima" do conflito. Logo intercambiarán papeis e cadeiras, para que os dous membros do conflito podan explicarse e chegar a un acordo.
Hoxe estreamos este recuncho na aula, e por falla de espazo nos quedou moi pequeniño, pero... xa o tivemos que estrear!!!!

Mirade como é:
E como solucionamos pequenos problemiñas:

27/1/10

COUSIÑAS DA PAZ

Este a semana estamos traballando sobre a paz, pois o sábado festéxase o día da Paz, e no cole traballámolo durante toda esta semana.
Fixemos moitas cousiñas, falamos de que era para nós a paz (en principio non tiñamos nin idea, pero tras algunhas asembleas falando do tema e explicandoo con exemplos, ó final, xa temos algunhas ideas do que é), aprendemos poesías sobre a paz, fixemos fichas con pombiñas da paz para decorar a aula, debuxamos que era para nós a paz e o reflexamos nunha cartolina que será unha páxina dun libro colectivo que faremos con tódalas aulas de infantil do cole... e aínda nos queda o venres para seguir facendo cousas.
Deixámosvos aquí un adianto dalgunhas desas cousas...

FALAMOS EN ASEMBLEA SOBRE A PAZ:

FIXEMOS SERIES EN FICHAS QUE ESTÁN DECORANDO A NOSA CLASE:

E OUTRAS FICHIÑAS PICANDO, PEGANDO...

E ATA CON POMBAS CON PLUMAS...

APRENDEMOS UNHA POESÍA (de Gloria Fuertes):



25/1/10

XA CHEGOU A CARTA Ó SEU DESTINO

A carta que enviamos o xoves xa chegou ó seu destino, a clase dos nosos amigos asturianos. Se queredes ver con que ledicia a recibiron e que contiña dentro, só tedes que PREMER AQUÍ e iredes directamente ó seu blog.

22/1/10

PARA IR COÑECENDO A ESTAS PERSONAXES...

Traballaremos un montón con este conto, así que... imos comezar con estes vídeos, e logo... xa se verá!



RESPOSTA A NOSA ADIVIÑA

Pois sí que adiviñaron a resposta os nosos compis do Benclalu, e ata un grupo nos mandou a resposta en forma de mural colectivo.
E... a resposta é a:
bufandaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

21/1/10

A NOSA ADIVIÑA INVERNAL

, cursSerán capaces os nosos compis do Benclalu de adiviñar de que se trata? Mañá darémoslles a resposta! E esperamos que acerten!

Escoitade como a recitamos:



CORREO DE SAÍDA

Entre onte e hoxe estivemos facendo cousiñas para mandarlles nunha carta ós nosos amiguiños de Oviedo, e escribimos a carta, claro!
Dentro, mandámoslles un libriño de debuxos cos nosos nomes...
Tamén unha poesía do inverno para que a aprendan como nós...
Tamén lles mandamos unhas fichiñas de inverno...
e... que lles mandaremos con estes morriños que temos?
Pois sí, un montón de bicos... mirade, mirade!!
Esperamos que lles guste moito!!!

ESTAMPANDO CÍRCULOS E LETRAS

Unha actividade que fomos facendo ó longo desta semana, cada día uns poucos, foi estampar letras de esponxa e círculos con tapas, e logo, escribimos o noso nome e a palabra círculos ou letras segundo corresponda en cada folio.
Para que sequen ímolos poñendo a secar no tendal, e de paso, pois xa nos decoran un pouquiño.

19/1/10

LEMBRADE...

Traer de volta ó cole, os vasos, os cepillos de dentes, toallas e coxíns.
Grazas!!

18/1/10

PASEANDO PLUMIÑAS

Hoxe na asemblea, despois de rematar as tarefas dos encargad@s, lembramos o noso xogo de praxias cos Lunnis (que fixemos o outro día) e que algúns compañeir@s que non viñeran ó cole, non coñecían. Así, xogamos un pouquiño máis coa nosa lingua.
E despois fixemos outra das actividades para a estimulación da linguaxe, era unha actividade de sopro, pero... para nós foi simplemente un xogo. Mirade como paseábamos as nosas plumiñas pola clase.


TOC, TOC... HAI CARTA!

Hoxe chegounos unha carta dos nosos amiguiñ@s de Oviedo, e non vexades a ilusión que nos fixo!!!
Mandáronnos un "Libriño do Tacto" e fixemos con el un xogo. Tratábase de identificar as propiedades das cousas que había en cada páxina, pero cos ollos tapados. Entón dicíamos se era algo liso, rugoso, suave, áspero, quente, frío...
Mirade que ben o pasamos!
Mañá tocaranos a nós mandarlles a nosa carta, a ver, a ver... que lles podemos enviar?

16/1/10

NOTICIAS DOS TRASNOS

Levábamos xa tempo sen noticias dos trasnos, pois no Nadal non os vimos, e estes días tampouco falaron nada con nós, pero onte sí. Onte estiveron todo o rato na asemblea falándolle á profe na orella e dicíndolle cousas, consignas ou probas que nós tiñamos que superar para poder ver a sorpresa que nos deixaran como agasaio na maleta máxica.
Algunhas das probas foron: Aplaudir cos pés, tocar a nosa cabeza e o naris dun compañeir@, darnos abrazos...

E logo puidemos ver a sorpresa, un xogo dos Lunnis, sí, era un libriño, pero en realidade fixemos un xogo cos Lunnis. Con el traballamos coa lingua, facendo praxias , uns xestos ou "muecas" que si as facemos a miúdo nos axudarán a poder pronunciar correctamente tódolos fonemas, eso sí combinándoas con outras actividades de expresión oral.
Xa sabedes, algúns non pronunciamos o /r/, outros facemos intercambios de /c/ /s/... pero non vos preocupedes seguro que conseguimos pouco a pouco ter unha pronunciación correcta.


P.D Dedicado ás profes do GT (Alicia no país...) para que vexades que sí que podemos axudarvos nas vosas tarefas de especialistas en AL, e poder reforzar as vosas sesións.
Que vos parece?
 
poemas de amor