BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/5/12

TRA-LO 1º CONCURSO DE BIBLIOS...

Ollade os espectaculares cambios sufridos nas biblios de aula do noso cole, despois do concurso de bibliotecas. Aquí tedes un resumo:


 

28/5/12

OS CUMPREANOS DE MAIO

Hoxe tivemos a festa de cumpreanos, e aínda que tiñamos que ter dúas cumpreañeiras, María debe estar enfermiña e non veu ao cole. Así que, Icía tivo hoxe o festexo xunto co resto de nenos e nenas de infantil que cumpren en maio, e tamén coa profe Loli (xa sabedes que os profes tamén participamos e temos as nosas coronas, agasaios, coma os peques). Mirade que guapa, e que maior está xa a nosa cumpreañeira:
Mirade o agasaio tan bonito que lle fixemos os compis!!!


ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE BIBLIOS

Hoxe fíxose entrega dos premios do I Concurso de Bibliotecas de Aula, do noso cole. E...sabedes quen gañou en Educación infantil? Nós!!!! Sí, ao xurado encantoulles a nosa biblio, e agora xa temos nela os nosos diplomas (de participantes e de gañadores), a nosa perchiña da Hora de Ler (para poñer na porta e que ninguén nos moleste)e tamén un vale de 50 € para mercar material para a nosa biblio!!! Vaia regalazo!!! Hoxe, a cumpreañeira do día foi a encargada de recoller os premios en nome de toda a clase. Por certo, todas as clases tiveron algún premio, pois todas traballaron moitísimo!!! Pero nós tivemos unha mención especial (había unha para cada ciclo). Mirade o contentos que estamos tra-la recollida dos agasaios:

 

O FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIO DE AULA (COMO RECANTO)

Esqueceusenos contarvos que, a nosa biblioteca de aula, cando a utilizamos como un recanto (non para a Hora de Ler conxunta nin para unha animación, etc) funciona cun carné lector, ademais do que temos para os recunchos. Así, cada un dos 4 (que como máximo poderían estar nese recanto) tería que buscar o seu carné, colgalo nun dos 4 colgantes que temos, e poñelo. Así, como só hai 4, e todos os lectores dese recanto o terían que ter, xa eles mesmos saben cando poden e cando non ir alí. Ademais, para coller os libros, como é lectura rápida (non é empréstito para a casa) terán que utilizar os seus marcadores. Así, cando collan un libro deixan o marcador no seu sitio e non se esquecen logo de onde teñen que colocalo. Cando rematen no recanto volven poñer os marcadores no seu sitio. Mirade como fixeron hoxe os dous nenos que quixeron ir ao "Xardín dos Contos".
 Puxeron o carné lector co colgante e sentáronse nos coxíns de lectura.
 Puxeron o seu marcador no sitio onde colleran o libro.
 

25/5/12

NOVA VISITA: CONTACONTOS DOS NENOS DA CLASE DA PROFE OLGA

Hoxe volvimos a ter visita dos maiores (de 2º). Viñeron cargados de gañas de contarnos o conto de Max "ONDE VIVEN OS MONSTROS".

Mirade o ben que o fixeron, e de paso... estrenaron con nós o "xardín dos contos":
 

TEMOS UNHA BIBLIOTECA DE AULA NOVA

Estas semanas tiñamos unha sorpresa, por iso estabamos tan caladiños. O caso é que o equipo da biblioteca do cole organizou un concurso de "bibliotecas de aula", e, como non, puxémonos mans á obra para cambiar a nosa, que se lembrades... era así:
 Agora, despois de moitos traballos para: catalogar os libros, facer as distribucións por temáticas, facer unha "enfermería para libros", decorar ao "MOUCHO CUENTÍN" (a nosa mascota, facer as normas da biblio... a nosa biblio quedou así de chuli:

- Distribuimos os libros por temáticas, analizando cales eran os clásicos, cales eran revistas...
- Fixemos carteliños cos nomes cos que iamos distribuir os nosos fondos.


- Fixemos as normas da nosa biblioteca.
- Fixemos unha "enfermería de libros", pois así, cada vez que algún se desgrape, ou rompa (SEN QUERER, claro) pois poñémolo aslí e a profe xa o amaña.

- Fixemos os nosos "CARNÉS LECTORES"
- Aquí montamos un pequeno espazo, onde están os nosos marcadores, os carnés, e tamén as medallas de contacontos, que lle damos a todos os nenos e nenas maiores que veñen a contarnos contos.
- Así ía quedando o noso panel cos distintos tipos de fondos que temos.
E, finalmente, así quedou o noso "XARDÍN DOS CONTOS".

Gústavos?

 

PLASTIQUEANDO

Cada día temos un tempo para adicar a facer as nosas propias obras plásticas. Para iso, dispoñemos de moitos tipos de papeis, ironfix, papeis con formas de cores defirentes, cartolinas corrugadas... e con todos esos materiais facemos cadros, moi pero que moi bonitos. Vouvos ensinar só algunhas... a ver que vos parecen:


 

24/5/12

ANIMACIÓN BILINGÜE: O PITO CAIRO

Os proefes xa collemos "carrerilla" con isto das representacións, e hoxe houbo outra sorpresa. Aproveitamos que Julio (o auxiliar de conversa que temos no cole) se marcha para a semana, e pedímoslle se podía colaborar con nós contándonos un conto en inglés, ha "Hora de Ler" e como accedeu á nosa proposta, xurdiu unha nova animación á lectura grupal. Así, fíxose a representación do conto O PITO CAIRO, bilingüe. Mentres a profe Sara nos contaba o conto en galego, os personaxes representaban a historia, e logo, contaba a historia en inglés Julio. Era algo así como unha tradución simultánea. Resultou moi ben a actividade. Mirade un pouquiño do "atrezzo".

 

23/5/12

MARCI PRECISA A NOSA AXUDA

Volvemos a ter novas de Marci, que desta vez está moi, moi preto!!! A ver se nos podedes axudar dicíndonos como se chama o sitio onde está, que animais pode haber alí, que plantas, como se chama o río... xa sabedes, toda información nos será válida para pescudar máis e máis cousiñas e, de paso, axudarlle a Marci. Por certo, lede a carta, hai novidades:

 

21/5/12

O NOSO LIBROS DOS NOMES DECORADOS

Imos facer un libro dos nosos nomes decorados. Antes de montalo, imósvos ensinar o chulis que nos quedaron as nosas decoracións.







Gustáronvos?
 

CONVERTINDO O NOSO DICIONARIO DE IMAXEN EN ALBUM DE CROMOS

Na clase dispoñemos dun material, feito pola profe, dende principio de curso. É un dicionario de imaxes. Nel escribimos o nome de palabras que están debuxadas, escribimos o nome dos debuxos... pensamos que máis palabras poderían ir na páxina dunha determinada letra e inserimólas nela... Para facer isto, ás veces debuxamos, ás veces buscamos en revistas e recortamos e pegamos cousas, e tamén ás veces, poñemos pegatinas. Así, é como estamos convertendo o noso dicionario nun auténtico album de cromos. Con eles, temos que ir mirando a que páxina pertencen, para despois pegalos no seu sitio correcatamente, como se escribirá o seu nome... Mirade:



Este traballo imos facéndoo en pequenos grupos, e así ímonos axudando uns aos outros, unha vez que coñecemos a dinámica.
 Gustouvos a nosa idea?
 
 
poemas de amor