BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/11/10

ESTARÁ FORMI EN...?

Segundo a información que nos trouxo hoxe Luís e que compartiu con nós, explicándonos todo moi, moi ben... Formi está en Laponia!!! Será certo iso?
De momento iremos poñendo a información que nos trouxo (fotos, información de Laponia...) no panel, e pouco a pouco iremos investigando. A ver se ten ou no razón Luís.

O LIBRO VIAXEIRO XA CHEGOU DE OVIEDO, E CON SORPRESA!!!

Hoxe estivo na nosa clase tamén o profe Dani (que está facendo as súas prácticas de Maxisterio no colexio) co que compartimos unha gran sorpresa, a chegada do Libro Viaxeiro que facemos cos nosos amiguiños de Oviedo, e de agasaio tamén un conto en asturiano. Pero... vaia sorpresa cando vimos o libro, pois ademais de facer uns debuxos chulísimos, mandarnos unha foto... nos fixeron un conto chulísimo dos 3 porquiños, e con títeres de dedo e todo!!!
Aproveitamos, e fomos lelo á biblioteca, e alí o vimos co profe Dani mentres Bea estaba facéndonos as fotos.
Mirade que ben o pasamos!!!

 

AQUÍ TEDES O NOSO CONTO DO COELLIÑO BRANCO

Xa rematamos o noso conto, só falta que asinen algúns nen@s e xa estará todo listo.
Agora xa podemos lelo cando queiramos porque estará na nosa biblio de aula, pero... tamén nos gustaría que o viran os nosos compis, así que... mandarémolo viaxar polas clases, e a ver se se animan tamén a facer algunha cousiña así, e así seremos nós os que leamos os seus contos!!!

 
Nós xa estamos facendo outro, o do conto de Paco, que tamén nos gustou moito. Cando o rematemos, xa o veredes!!!

27/11/10

APRENDEMOS CON ICÍA

Onte tocoulle a quenda de ensinarnos cousiñas a Icía, que nos trouxo un libro moi, moi completo con adiviñas, un conto, un quebracabezas, fotos, información dos caracois...
 
O conto, xa o coñecíamos porque no lo trouxera tamén Luís, pero... así mentres a profe o lía, nós lle axudabamos "lendo as imaxes", que iso sí que lle gusta á profe!!!!

Coma sempre, moitas grzas familias por colaborar!!!!!

25/11/10

ONDE ESTARÁ AGORA FORMI?

Hoxe tivemos carta de Formi, que como sabedes, xa non está en Londres. Mandounos unhas fotiños para ver se entre todos poderiamos saber de que lugar se trata, e... sorpresa!!! longo e tendido falamos, pois moitos daban por feito que Formi estaba no Polo Norte con Papa Noel e os seus renos, será certo? haberá que investigar!

CON NOAH TAMÉN APRENDIMOS UNHA MOREA DE COUSAS

Así vai quedando o noso panel, cada vez máis cheo de cousas, coas que cada día estamos aprendendo un montón de cousas.
 Hoxe foi Noah o que nos amosou o seu libro mural, e todos abraiados aprendimos cousiñas como que... os caracois poñen ovos (branquiños e redondiños como pelotas, como dixo Pablo), que coa baba de caracol se fan cremas (agggggg, foi a resposta da maioría a esta información), vimos distintos tipos de caracois...

24/11/10

OBRADOIRO DE CONTOS

Como cada mércores pola tarde, hoxe tocou sesión de obradoiros, e na miña clase, coma sempre... tocou o de contos. Así que, aquí tedes a foto de familia do grupo de hoxe!!!

COMPARTIMOS?

Hoxe Luís deunos unha lección, amosounos a importancia de compartir... decidiu que el hoxe para merendar traería un paquete enteiro de gaietas porque as quería compartir cos compañeir@s, e aquí o tedes, servindo a cada compañeir@, preguntándolle a cada que gaieta quería... e despois de tan grande lección, por suposto lle demos as grazas e un grande aplauso.
(Se mañá algún máis decide traer merenda para compartir, xa saberedes porqué é... jeje.
Gustounos tanto esta experiencia, que non me extranaría que mañá alguén quixera repetir o protagonismo de Luís hoxe, con tan grande actitude!!!)

MOI ATENT@S...

Hoxe tivemos novas aportacións para o tema dos caracois, María nos trouxo un conto, e un caracol de xoguete (amigo de Bob esponja)...
Lucía trouxónos un Libro mural no que descubrimos moitas cousas (que hai caracois vermellos, que os caraois tamén se comen!!!, que hay caracois na terra e no mar...)

E tamén estivemos moi atentos cando Luís nos ensinou as súas cousiñas: contos de caracois, e información sobre eles sacada de internet.

A tod@s moitísimas grazas por colaborar nos nosos proxectos!!!

TRABALLANDO COS NOSOS NOMES NA ASAMBLEA

Xa sabedes que nas rutinas facemos un montón de cousas, e que os encargados teñen que debuxarse, escribir o seu nome... e facer un montón de cousas máis... unha delas e a de buscar (dende setembro) o seu nome, que en principio atopan pola súa foto, no Libro dos Nomes... agora xa o van facendo tamén buscando primeiro a imaxe pola que comeza o seu nome:
A DE AVIÓN (AINARA, AINHOA, ANA)
M DE MESA (MARÍA)
...
Así, pouco a pouco, imos localizando similitudes entre nomes que comezan pola mesma letra, existencia de nomes con moitas A... nomes longos e nomes curtos... E traballamos un montón de cousas a partir desa cousa tan persoal para todos, o noso nome.

POLA TARDE VOTAMOS!!!!

Sí, hoxe pola tarde a profe trouxo dous contos, pero... para escoller cal queríamos escoitar, fixemos unha votación.
As nosas papeletas eran uns gomets... e a furna un panel de cartolina.

Ao final entre os dous contos ("Paco" e "O Coelliño Branco") saiu gañador O Coelliño Branco, así que... moi atent@s o escoitamos e logo fixemos uns debuxiños para elaborar o noso propio conto con tódolos personaxes.
 De momento só montamos a portada do conto...
Pero mañá continuaremos montando páxinas, pois debuxamos a tódolos personaxes que O Coelliño Branco se foi atopando.
 Esperamos que vos guste!!!! Xa vo-lo ensinaremos rematado!!!


22/11/10

GRAZAS POR VISITARNOS!!!!

Quero compartir este seliño con todos os blogs amig@s que temos enlazados, que nos teñen enlazados, que nos visitan... e en definitiva con todos os que nos ledes.

O NOSO LIBRO VIAXEIRO XA CHEGOU A OVIEDO

A semana pasada mandamos unha carta e nela un libro viaxeiro, ao cole da profe Nieves, unha amiga de Bea. Agora serán os seus peques os que nos devolverán o libro noutra carta e propoñéndonos actividades para que fagamos nel, e así mandarnos o libriño que viaxará e viaxará de Oviedo a Ortigueira, e de Ortigueira a Oviedo por correo postal.
Se premedes AQUÍ, poderedes ir ao blog destes peques e coñecelos un pouquiño.
E aquí podedes ver xa cousiñas do noso libro...

Non vos podiamos ensinar antes isto, porque os nosos compis siguénnos no blog, e senón... verían o libro antes de que chegara a carta!!!!

LETRAS DE CARACOIS

Estaba buscando unhas letriñas chulas para facer os carteis do noso panel do proxecto dos caracois, e atopei esta, que vos deixo aquí o enlace para que descarguedes e utilicedes cando precisedes.

FORMI VAISE A OUTRO PAÍS!!!

Chegounos unha carta de Formi na que nos di que como que lle encanta viaxar e coñecer novos países... e como xa sabe unha morea de cousas de Londres, gracias a nós... di que agora vai ir a outro país, e que cando chegue nos mandará unha carta e algunha fotiño do sitio.
Iso sí, pediunos que como despedida á súa estancia en Inglaterra vaiamos a ver a exposición de cousas de Londres que entre tódalas clases de infantil fixemos no corredor.
E alí fomos... a lembrar cousiñas.

PABLO E O SEU LIBRO MURAL

Hoxe recibimos as primeiras cousiñas dos caracois: adiviñas, un conto... e un precioso libro mural que nos amosou Pablo encantado de ver como todos lle atendían e lle preguntaban cousiñas.

A ver quen nos trae máis cousiñas!!!!
P.D Leváchedes hoxe a nota porque o outro día éramos moi pouquiños, e como puidéchedes observar van asinadas polos vosos peques. Xa escribimos o noso nome, e aprenderemos a escribir a partir del, e dos nomes dos nosos compañeiros/as. Iso sí, farémolo en maiúsculas, que nos é moito máis sinxelo, e cando vaiamos en 5 anos xa teremos tempo a comezar coas minúsculas (tempo ao tempo).

Logo aproveitamos para pintar con acuarelas uns caracoliños para decorar o noso panel do proxecto dos caracois, no que iremos colocando as nosas cousiñas referentes ao mundo destes pequenos animais.


 
poemas de amor