BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/11/11

OS CUMPREAÑEIROS DE NOVEMBRO

Da nosa clase,foron: carlos e Lucía.
Aquí podedes ver como amosan orgullosos os seus 4 anos portando as súas coroas.
 E aquí como merendabamos todos os biscoitos, patacas...

Mmmmm... estaban riquísimos!!!!

28/11/11

MÁS COUSIÑAS INTERESANTES PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Buscando, buscando... atopei algunhas cousiñas que nos poden servir tanto para traballar na clase coma nas casas. Aquí as deixo:
Para traballar con praxias...

O conto do vermiño...

26/11/11

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Como sabedes, na nosa clase, facemos un programa de Estimulación da Linguaxe. Aquí vos deixamos un vídeo moi chuli co que podedes facer nas vosas casas exercicios, coa "lingua revoltosa".


CONCURSO DE NÚMEROS

 Ou tamén lle poderiamos chamar "Dictado numérico" pero para dar motivación, nós xogamos a participar nun concurso de números. Pouco a pouco xa nos imos familiarizando coa escritura das letras e dos números. E con este concurso traballamos tamén a importancia de colaborar e compartir, pois cada número que dicía o tiñan que escribir dunha cor diferente, e só tiñan un rotulador, así que tocaba TROCAR cos compañeiros, ata que cada un tivese outra cor.
Pasámolo moi ben, seguramente repetiremos a experiencia máis adiante e todos o faremos moi moi ben.

Probade na casa a facelo:
- Folio en branco
- Dicirlle números (apuntalos nun papel para non esquecerse de cales foron).
- Ao final, comprobar en cantos acertou a súa escritura.
(Tamén se poden facer concurso-dictados de: cores, letras, palabras, formas, nomes...)


OS CONTOS DE NURIA...

O venres tivemos a segunda visita de familias contacontos, e repetimos, pois a outra vez viñera o pai de Ainara, e desta vez vez a súa nai. Esperamos tervos a todos por aquí pouco a pouco.
Aquí poderedes ver un resumo do ben que o pasamos, e tamén, como lle demos unha sorpresa, disfrazándonos todos. Cando ela chegou, todos estabamos no momento de lectura, pero... mirade de que guisa!!!

 

 Así de ornamentados nos atopou Nuria a todos antes de comezar a súa magnífica función. Mirade:
O luns tocaralle a Icía e a Lucía ser as contacontos!!! 
A ver que sorpresa nos traen. 
Que contos nos contarán?

22/11/11

SOMOS XORNALISTAS: FACEMOS ENTREVISTAS

No recanto dos sabi@s esta semana estamos facendo de xornalistas, entrevistando aos nosos compañeir@s.
Pegamos a súa foto na ficha resumo da entrevista, e logo collemos o "micrófono" para facerlle as preguntas que aparecen no papel. Unha vez que nos contestan pasamos a poñer as respostas.

 Así queda recollido sobre o papel a información que nos deron os entrevistad@s...

Ao final, coñecemos un pouquiño máis dos nosos compis, ao tempo que traballamos a oralidade, a lectoescritura...
Quen se atreve a facer unha entrevista?

OBRADOIRO DE ESTIMULACÍÓN DA LINGUAXE

Onte fixemos o obradoiro de estimulación da linguaxe, e tocou facer unha "autopista espacial". Nela, os coches tamén eran especiais (bolas de papel, e máis tarde plumiñas) porque funcionaban cun combustible moi raro: o aire.
 Así, por parellas, xogamos a soplar facendo carreiras cos nosos coches ata chegar á meta.
Pasámolo moi ben!!! Podedes probar na casa, é moi divertido!!!

 

19/11/11

A ASEMBLEA DA TEA DE ARAÑA

Xa había moito tempo que non faciamos a asemblea da tea de araña, e esta semana tocou lembrala. Temos que ir falando segundo os compañeir@s nos mandan o "ovillo" de lá. Despois, ao tempo que falamos, imos enganchando o noso dedo con lá para que non se desfaga a tea de araña cando lla pasemos aos compis.
O xogo consiste en estar moi, moi atent@s, pois ao final para desfacer a tea, temos que dicir o que dixo o compañeir@ anterior.
Mentres esperan a que lles manden a lá para poder ter a quenda de palabra, todos están moi atent@s.

SEGUIMOS A TRABALLAR CO NOSO CONTO

"A que sabe a lúa?" e facendo moitas cousiñas con él. Algunhas xa as puidechedes ver no material que adxuntamos a semana pasada:
Fichas de lectoescritura e lóxica-matemática...

Xogo de memoria cos personaxes e os seus nomes...


Ao final cada un gardou as súas tarxetas nun sobreciño, para telas ben gardadas e que non se perdan, e poderán xogar co "memory" en calquera momento.

E tamén fixemos as nosas propias portadas do conto, poñendo tódolos personaxes, tendo que debuxalos un enriba doutro na orde que o fixeron no conto.
Así de chulis nos quedaron:




Gustáronvos?

FACEMOS PULSEIRAS PERSONALIZADAS COS NOSOS NOMES

Unha das cousas que máis nos gustou do que fixemos ao longo da semana, foi escribir con "contas", unhas contas cadradas con letras, que nos permiten xogar a compoñer nomes, escribir palabras e frases, facer series... todo o que se nos ocorra!!! Pero o primeiro día que estreamos o material, como non, quixemos facer unhas pulseiras e levalas para a nosa clase.
Este era o material (por certo, utilizamos medias gomas de cartafois vellos para meter as contas, e que non se escaparan... logo cambiamolas para outra goma para levalas pulseiras para a casa, así podemos seguir utilizando as outras para "xogar a escribir").
 
 Así xogamos a buscar as letras dos nosos nomes...


14/11/11

A QUE SABE A LÚA?

Coñecedes este conto? Nós sí, e o venres despois de que a profe o contara na clase, decidimos que iamos preparar algo para irllo contar aos nosos compis das outras clases.

Hoxe estivemos preparando os personaxes (que pintamos con ceras brandas e logo difuminamos con algodón), logo montámolos todos nunhas cartolinas traballando concepto como: primeiro, segundo, terceiro... ata oitavo, pois foron 8 os animais que colaboraron para chegar á lúa e así descubrir a que sabía.
 Tamén falamos sobre os animais, recordamos que a lúa é o noso satélite... en fin un montón de cousas!
Agora só nos queda preparar un par de cousiñas e dentro de nada xa estaremos "actuando" contándollo aos nosos veciños de corredor. Esperemos que lles guste!!!
Aquí vos deixamos un XOGO DE MEMORIA sobre o conto:


E unhas fichiñas por se queredes traballar tamén con este conto e vos serven, vale?




PABLO E GONZALO: OS PEQUECONTACONTOS DE HOXE

O venres levaron o seu carné, e hoxe fixeron a súa grande actuación coma contacontos. Gonzalo contounos a historia da "Bella Durmiente" e Pablo unha simpática historia de "Inés al revés".
Os dous o fixeron moi, moi ben, e todos estivemos atentísimos!!!!

Agora a dúbida é a quen lle tocará ser contacontos o próximo luns, porque todos se apuntan voluntari@s!

10/11/11

FAMILIAS CONTACONTOS

Hoxe estreamos a sección das "FAMILIAS CONTACONTOS" na HORA DE LER.
Foi co conto "OS TRES PORQUIÑOS" que nos contou estupendamente Ignacio, o papá de Ainara.
Quedaron todos boquiabertos!!! e se non me credes mirade as imaxes!!!
Por suposto, como podedes ver,  non podía faltar un pequeno e merecidísimo agasaio  de parte dos peques, que tanto agradecen estas actividades. Así que xa temos outro CONTADOR DE CONTOS OFICIAL!!!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
 
poemas de amor