BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

30/9/11

A NOSA NOVA CLASE

Hoxe vouvos ensinar así por riba a nosa clase,antes non o fixen porque aínda non estaba todo listo, pero bueno, agora máis ou menos xa está.
Este é o noso espazo para facer a asemblea:

Este é o recuncho dos oficios (perruquería, restaurante, supermercado...):


Este é o recuncho dos sabios (biblioteca e letras):

Este é o recuncho dos artistas:

Este é o recuncho do ordenador:

Este é o recuncho dos matemátic@s (quebracabezas, xogos de números, construcións...)


29/9/11

AXUDÁDESNOS TRAENDO MATERIAIS?

Na xuntanza do luns xa vos contamos que precisabamos a vosa colaboración para conseguir algúns materiais para os recunchos da aula.
Estes materiais que podedes traer son: algún libro (pode ser un conto, ou un libro de animais, o universo, etc, revistas infantís, de animais... que son de grande interese para os nen@s) e tamén algo que lles serva para xogar disfrazándose (un pano, un sombreiro, un disfraz propiamente dito, unha carteira, unha falda, unha camisa...) calquera cousa coa que se transformen ao poñela e "se convertan" noutro personaxe.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, pois xa foron chegando algunhas cousiñas, e seguro seguro que se lle dará moitísimo uso na clase.

SUMAMOS? QUE É SUMAR?

Hoxe estreamos materiais na asemblea, e tamén novas tarefas para os encargad@s do día.
Entre eles, estreamos uns paneis nos que teremos que "sumar", contando cantos nenos e nenas hai na escola e cantos non viñeron. Pero cando lles expliquei que iamos sumar coma os maiores, varios me dixeron: profe, que é sumar????? Pouco a pouco a medida que vaiamos facendo o que xa faciamos o curso pasado pero plasmado a modo sumatorio, se darán conta do sinxelo que é sumar pois xa levamos tempo facendoo.
 Estas sumas tamén as plasmaremos noutras actividades dentro do recanto dos matematic@s, pero sempre de xeito manipulativo.


NOVA FORMA DE TRABALLAR

Como xa vos comentamos noutra ocasión, este ano imos traballar dende xa (agora en outubro) por recantos e proxectos.
A modalidade dos recantos, non será como unha distribución espacial sen máis (como faciamos o ano pasado) senón que será un traballo en pequenos equipos (distribuidos por cores) e nos que, en cada recanto, haberá unha actividade concreta para facer, aparte de que lles de tempo de xogar libremente cos materiais de dito espazo.
Así, cada día da semana, terán que ir a un determinado recanto (dos 5 que hai) e o venres, todos teran pasado polos 5 recantos, e realizado as actividades propostas en cada un deles.

Hoxe comezamos coa distribución por recantos a modo de proba, pero xa cos nosos carnés, e o luns xa teremos o PANEL DE CONTROL, co que cada nen@ saberá a que recanto lle toca ir, a cantos foi ao longo da semana...
Por suposto, esta nova forma de traballar, esixe coñecer novas normas, que antes, non sempre cumpriamos (como non poder cambiarse de recanto, xa que cos carnés non haberá sitios libres a onde ir, pois hai un número máximo de nen@s que non se poderá superar).

Hoxe por exemplo, amosámosvos unha das actividades que fixemos, neste caso no RECANTO DE SABI@S (no que se inclúe a biblioteca e a zona de letras).


Neste recanto a actividade consistía en escribir o seu nome con diferentes materiais (recortando letras, con letras troqueladas, estampando con selos, escribindo con rotuladores de cores...). Cando remataban a tarefa podían xogar no recuncho libremente: collendo un conto para ler, collendo as marionetas que temos na biblioteca para dramatizar historias...
Mañá o equipo que pase por esta zona terán que facer a mesma tarefa.
Así, facendo os traballos en pequenos grupos, a atención é máis individualizada, os nen@s cooperan máis, vólvense máis autónomos...

27/9/11

INVENTAMOS E ILUSTRAMOS OS NOSOS CONTOS

Hoxe fixemos a nosa primeira exposición no exterior da clase, vaia non moi lonxe, só foi no noso corredor!!!
Alí, despois de que onte inventasemos unha historia coa nosa "caixa máxica das palabras" fixemos as ilustracións da historia, e antes de montar o libriño, decidimos facer unha exposición das nosas ilustracións para que o podan ver os nosos compis cando van ao comedor, por exemplo.
Quedáronnos moi chulis, e como o protagonista do conto era un paxariño (máis concretamente un paporroibo) pois aos debuxos engadímoslle plumiñas de cores.
Mirade que chulis!!!



A historia fala dun paxariño que collía moedas pola rúa e as gardaba nun peto. O paxaro foi ao bosque e atopouse cun montón de animais...

26/9/11

1ª MACROFESTA DOS CUMPREANOS DE SETEMBRO

Este ano, como novidade no festexo dos cumpreanos, faremos unha soa festa por mes. Así, cada derradeiro luns de mes, festexaremos o cumpreanos de tódolos nen@s que cumpriron nese mes (e dos prof@s, claro).
Hoxe tocou festexar os dos mes de setembro (que eran 7, nin máis nin menos!!! da nosa clase era Noah), e fixémolo por todo o alto: coroas, "macrotarta falsa", pergaminos agasaio dos compis, degustación dunha rica merenda (biscoitos, patacas fritidas, zumes...), e como non, a canción do "cumpreanos feliz"!!!
Mirade o ben que o pasamos!!




 Quen estará de cumpreanos o próximo mes?

A CAIXA MÁXICA DAS PALABRAS

Ás veces aproveitamos calquera disculpa para crear un conto, e hoxe a que se nos ocorreu foi a de utilizar "a caixa máxica das palabras" que non era outra cousa que unha caixiña (bote de mascarilla capilar, jeje, viva o reciclaxe)que dentro contiña pós máxicos (purpurina dourada) e por fóra unhas estreliñas brillantes.
 
Como funcionaba? Moi sinxelo! O que tiña a caixiña (que a agarraba con moitísimo coidado, pois era máxica) comezaba a crear un conto, e a caixa íase pasando aos compañeir@s dándolles así a súa quenda. Finalmente, entre todos construimos unha historia.



Esta vez foi a historia dun paxaro, que resultou ser finalmente un paporroibo que collía cartos pola rúa, os gardaba nun peto... e non sei cantas cousas máis. Cando o teñamos montado, xa vo-lo ensinamos.
Por certo... alguén se decatou que ao finalizar a historia a caixa xa non tiña ninguna estrela? jeje.  Cada un se ía quedando con unha, debía de ser para quedarse co seu poder máxico!!!!!

PASAPALABRA NEN@S

Acabo de ver no blogue de Eva "Recursos para el aula" un enlace a un xogo coñecidísimo da televisión, pero neste caso feito para nen@s.
Haberá que probalo con eles, seguramente dándolles pistas, pero bueno... cos máis maiores é un xogo moi divertido no que poden estar sós (primaria).

A que esperades para probalo?

25/9/11

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Na asemblea aproveitamos a facer moitas cousas pois nese momento estamos tod@s ben espert@s, xuntos, e a nosa disposición espacial préstase para que fagamos moitas cousiñas.
Dous días á semana, aproveitaremos un ratiño da asemblea para facer "estimulación da linguaxe". Xa sei que traballando oralmente xa tódolos días o facemos, pero neste caso trátase de traballar con exercicios e materiais propios para que os nen@s con máis problemas melloren na pronunciación dos fonemas que non articulan ben, aínda que o faremos a modo de xogos de grupo.
Neste obradoiro faremos xogos de sopro, onomatopeais, praxias bucofaciais, etc.
Algúns dos xogos que fixemos estes días foron: soplar unhas pelotas de ping pong pola clase intentando metelas nunha caixiña (que eu ía movendo constantemente de lugar) sen tocar as pelotas coas mans.
 

Tamén fixemos praxias xogando a imitar unhas tarxetiñas...
 
 
 

Eu facía pompas de xabón e os peques tiñan que tentar soplalas levándoas cara o outro lado da clase sen que estouparan, levantándoas só co seu sopro...

OS NOSOS DADOS CREACONTOS

A nós encántanos crear os nosos propios contos, decorar historias de fantasía e imaxinación, e despois recordalas moitas veces para que esas historias persistan. E... para iso, sempre deixamos constancia delas creando libriños para a nosa biblioteca.
Desta vez utilizamos os nosos dados creacontos (coas personaxes, lugares e obxectos que xa puxeramos o curso pasado). Lanzamos os dados e saiunos que tiñamos que inventar unha historia que tivera  estas 3 palabras:
OVELLA - ZAPATO-PRAIA


 Entre todos, e coma sempre motivadísimos fixemos a nosa historia cooperativa, que aquí vos escribo. Logo fixemos tamén os debuxos para ilustrala, pero de momento non rematamos de montar o noso libro, xa vo-lo ensinarei!!!
A historia que inventaron foi:

"Érase una  vez una oveja que iba paseando por el barro, y se encontró un zapato. Se lo puso en una pata y fue paseando a la playa. Desde allí se veía una isla y fue nadando con el zapato, porque era una isla del tesoro. Cuando llegó, cogió el tesoro y puso todo el oro en su espalda, y volvió nadando a la playa. 
Los piratas se enteraron y fueron en su barco detrás de la oveja, pero no la vieron. La oveja escondió el tesoro en su casa (que era un prado), pero los piratas no sabían en donde era. El capitán dijo que lo buscaban en el mapa y allí ponía donde estaba la casa de la oveja. Luego encontraron el tesoro y se lo llevaron otra vez para la isla."
Y colorín colorado, los piratas con el tesoro se han marchado.


XOGANDO COAS LETRAS E OS SONS

Outro xogo que fixemos, sobre todo para lembrar en que punto estabamos (despois da desconexión do verán na que moitos esqueceron ata como se escribe o seu nome), foi o de dicir palabras que comecen pola letra...
Entón ao final dunha asemblea, aproveitando que tod@s estamos xuntos e despert@s, eu dividín un pequeno encerado branco en distintas casiñas numeradas. Entón... eu preguntaba, que palabras sabedes que empecen pola letra ... T, por exemplo? Os nen@s ían dicindo palabras eo primeiro saía a escribir a súa palabra.
Outra variante que fixemos foi que eu comezaba moi lentamente a debuxar cousas, e o que adiviñara que era ese debuxo saía a asinar na casiña correspondente, e así ía xuntando tantos puntos como sinaturas (repasando a escritura do nome, e fixándonos entre todos nos nomes dos compis).
Aquí vos deixo as imaxes para que vos fagades unha idea, e a ver se se vos ocorren máis cousiñas e no-las contades, vale?

Seguro que se poden facer un montón de cousas cos encerados e os nen@s!!! Seguiremos pescudando!!!

24/9/11

NOVOS MATERIAIS NOS RECANTOS DA AULA

Este ano traballaremos por recantos propiamente ditos, e por iso que cada vez imos incorporando novos materiais que nos permitan facer moitas e variadas actividades dentro de cada recanto, para mellorar na nosa autonomía, competencias...
Un deses novos materiais é por exemplo un xogo de estampar o abecedario, con el, os nen@s deciden que 4 palabras queren escribir, eu as escribo e eles telen que transcribilas estampando.


Mirade que ben o pasaron Luís e Dani buscando as letras para poder escribir as súas palabras con letras máxicas.
 
poemas de amor