BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

27/7/11

UNHA PÁXINA CON XOGOS E RECURSOS PARA OS MÁIS PEQUES

TOMLITOO.COM

Outro lugar onde atopar unha chea de recursos é a páxina de Tomlitoo.com, premede na imaxe para ir á páxina e ver todo o que alí hai.

XERADOR DE FLASHCARDS EN INGLÉS

Se queredes crear flashcards (en inglés) aquí tedes unha páxina onde facelo de xeito moi sinxelo.

22/7/11

ONDE MERCAR BATAS ESCOLARES?

Aínda que xa creei na barra lateral esquerda (case abaixo de todo) unha categoría con estes enlaces, deixovos aquí unha selección de páxinas de internet onde poderedes mercar as vosas batas escolares, por se non virades a anterior. Ok?




PEKESAPIENS.COM

Nesta páxina poderedes atopar un montón de recursos seleccionados e atopados na rede. Premede na imaxe:

PÁXINA CON MOITÍSIMOS RECURSOS

Hai xa moito tempo descubrín esta páxina, na que atopei mitísimas cousas interesantes, e da que xa tiña esquecido o nome. Hoxe facendo memoria lembreime, e aquí vola deixo para que lle saquedes proveito.
Aínda que é unha páxina francesa, enlázovos xa a páxina traducida, de aí o cambio no nome da páxina. Premede na imaxe:
Se tedes algún erro para descargar os materiais na versión traducida, premede directamente AQUÍ.

20/7/11

ENLACES A ALBUMES PICASA



Entre os cambios que estou intentando facer agora no verán no blog está a actualización de enlaces e recursos. Entre eles, e para todos nós, os mestr@s, é de grande importancia a aplicación de picasa para almacenar e descargar albumes con moi variados materiais. Intentarei facer unha listaxe ben ampla de albumes interesantes que nos podan servir tanto para poder atopar debuxos por temas, coma xogos, contos, materiais de audición e linguaxe, etc. Isto levarame un tempo, pero pouco a pouco veredes que se vai incrementando a lista de enlaces, ao final da barra lateral esquerda, despois dos enlaces a blogs.
Aproveito para deixar aquí enriba unha selección de picasa creadas en AVERROES, e que atopei no blog de "MIL RECURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL".
Aquí poderedes ver un adianto dos materiais que se poden descargar dende este ENLACE:






4/7/11

ALGÚNS CAMBIOS NO BLOGUE

Ao longo destas "vacacións" aproveitarei para facer algunhas modificacións no blogue, e para renovar os enlaces ebuscar páxinas interesantes, e que nos sexa máis útil para tod@s.
Estade atent@s!!!!
Para comezar deixovos aquí unha páxina interesante, premede na imaxe, é para crear BANDA DESEÑADA:
 
poemas de amor