BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

25/12/11

ANTES DE DARLLE VACACIÓNS AO BLOGUE...



Voltamos o día 9!!!!! Pasadeo moi ben!!!!

24/12/11

O MULTICUMPREANOS DE DECEMBRO

Foi ata o de agora o máis grande, pois foron 16 os cumpreañeiros, e só da nosa clase xa eran 5 deles: Dani, Jimena, Ainhoa, Julián e Marcos.
Mirade como facían de reis da festa coas súas coroas...

 E para rematar... todos os cumpreañeiros, tras a súa coroación, sopraron xuntos a tarta!!!!!
 E despois... fomos á festa, a comer biscoito, patacas... beber zumes... e pasalo moi, pero que mi ben.

POSTAIS DE NADAL ENVIADAS ENTRE COMPIS

O luns, despois de falar con Papa Noel, aproveitamos de estar xa fora do cole, para achegarnos e correos. Alí, cada un lle enviou a postal de Nadal que fixera, ao compañeiro ou compañeira que lle tocara por sorteo.



Seguramente, xa chegaron todas as postais ao seu destinado, e xa estades felicitados, non?

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

O luns 19 tivemos o pracer de asistir a unha videoconferencia en tempo real dende Laponia, con Papa Noel. Foi na aula CEMIT, en frente do cole. Alí fomos en dos quendas as clases de 3, 4 e 5 anos A; e despois nós cos compis das clases B. Alí estivemos falando con el cun micrófono, contándolle o bós que fomos, e o que lle pediamos. Non todos puidemos falar, porque eramos moitos, pero el xa tomou nota de todo, e grazas ás cartas, sabe que queremos cada un.

A ver se é certo e nos trae o que pedimos.

23/12/11

SEN LUZ E CHOVENDO A CÁNTAROS!!!

Seguro que todos as familias, profes e peques vos acordades desta mañá na que parecía que o día non se prestaba o máis mínimo a sair da casa, chovendo auga a mares, verdade? Pois ese día estivemos ata preto das 12 sen luz, dende 10 minutos despois de entrar (o cal lle causou impresión, porque... parecía que a luz só se podía ir nas casas, non nos coles) e aínda que estivemos a escuras...

Pasámolo moi ben, e cando volvía berrábamos de alegría, pero ao momento xa se volvía a ir...

A chuvia  e o vento, xunto coa luz foron os protagonistas desa mañá.

FREDERICK: UN CONTO MOI CHULI

 Un día limos o conto de Frederick, que nos encantou, e deunos pé a falar de moitas cousas: da importancia de colaborar nos grupos, de compartir, de que hai que traballar e axudar moito aos demais... Mirade como vemos nós a Frederick e á súa familia:










ANA E CARLOS FORON CONTACONTOS

Pois sí, e fixerono moi pero que moi ben!! Ana atreveuse contándonos o conto de "Os tres porquiños" sen libro diante, e Carlos contounos un de Epi e Blas, que explicou con todo tipo de detalles. Mirádeos en plena faena:

Vichedes que atent@s están tod@s?

COUSIÑAS DESTE MES

Por unhas cousas ou por outras, este mes foime imposible actualizar o blogue, pero hoxe  vos farei un pequeno resumo do que fixemos neste mes con novas entradas.
Estade atent@s!!!

3/12/11

CALENDARIO DE DECEMBRO

Como para o blogue da nosa biblio fixen un calendario cos protagonistas das novidades que temos na biblio este mes, aproveito para deixarvolo aquí por se a alguén lle interesa.

Espero que vos guste.

Son personaxes máis para os cursos de primaria, pero en nada os coñecerán posto que na biblio temos un montón de materiais sobre eles.

A VISITA DA FADA AZULINA

O xoves tivemos a visita de Mate, a nai de Carlos,que veu a contarnos un conto (Epi y Blas quieren ser bomberos).
Ela traía un sombreiro máxico, de cor azul, e é que en realidade non era a nai de Carlos, era a fada Azulina. Ese foi o segredo que tiñamos con ela, e non lle podiamos contar a ninguén.
Así que... como as fadas non as pode ver todo o mundo, e o segredo foi con nós, só poderedes vernos a nós co seu sombreiro máxico, vale???
É que... senón deixaría de ser un segredo, e prometímosllo!!!
A ver que vos parece o seu sombreiro!!!!

E... atent@s se vedes pola rúa a alguén con un sombreiro así, non o dubidedes, é a Fada Azulina!!!!

Aquí tedes aos protagonistas do conto: EPI  e BLAS:

E por si os queredes colorear, decorar... aquí vos deixo algunhas cousiñas:




29/11/11

OS CUMPREAÑEIROS DE NOVEMBRO

Da nosa clase,foron: carlos e Lucía.
Aquí podedes ver como amosan orgullosos os seus 4 anos portando as súas coroas.
 E aquí como merendabamos todos os biscoitos, patacas...

Mmmmm... estaban riquísimos!!!!

28/11/11

MÁS COUSIÑAS INTERESANTES PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Buscando, buscando... atopei algunhas cousiñas que nos poden servir tanto para traballar na clase coma nas casas. Aquí as deixo:
Para traballar con praxias...

O conto do vermiño...

26/11/11

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Como sabedes, na nosa clase, facemos un programa de Estimulación da Linguaxe. Aquí vos deixamos un vídeo moi chuli co que podedes facer nas vosas casas exercicios, coa "lingua revoltosa".


CONCURSO DE NÚMEROS

 Ou tamén lle poderiamos chamar "Dictado numérico" pero para dar motivación, nós xogamos a participar nun concurso de números. Pouco a pouco xa nos imos familiarizando coa escritura das letras e dos números. E con este concurso traballamos tamén a importancia de colaborar e compartir, pois cada número que dicía o tiñan que escribir dunha cor diferente, e só tiñan un rotulador, así que tocaba TROCAR cos compañeiros, ata que cada un tivese outra cor.
Pasámolo moi ben, seguramente repetiremos a experiencia máis adiante e todos o faremos moi moi ben.

Probade na casa a facelo:
- Folio en branco
- Dicirlle números (apuntalos nun papel para non esquecerse de cales foron).
- Ao final, comprobar en cantos acertou a súa escritura.
(Tamén se poden facer concurso-dictados de: cores, letras, palabras, formas, nomes...)


OS CONTOS DE NURIA...

O venres tivemos a segunda visita de familias contacontos, e repetimos, pois a outra vez viñera o pai de Ainara, e desta vez vez a súa nai. Esperamos tervos a todos por aquí pouco a pouco.
Aquí poderedes ver un resumo do ben que o pasamos, e tamén, como lle demos unha sorpresa, disfrazándonos todos. Cando ela chegou, todos estabamos no momento de lectura, pero... mirade de que guisa!!!

 

 Así de ornamentados nos atopou Nuria a todos antes de comezar a súa magnífica función. Mirade:
O luns tocaralle a Icía e a Lucía ser as contacontos!!! 
A ver que sorpresa nos traen. 
Que contos nos contarán?
 
poemas de amor