BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta INTERCAMBIO DE MANUALIDADES PARA PROFES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INTERCAMBIO DE MANUALIDADES PARA PROFES. Mostrar todas las entradas

3/8/10

INTERCAMBIO DE MANUALIDADES

Despois de ter esperado xa bastante tempo a ver se os paquetiños que quedaban por recibirse aparecían, non temos novas de ningún deles, polo que... como organizadora do intercambio, pido desculpas ás que quedastedes sen recibir (eu tampouco recibín, eh!!, non foi tongo, jejeje). Por algunha razón houbo problemas con eses paquetes, e ou están sen enviar, ou se perderon polo camiño.
Síntoo!!! Espero que para o próximo se cumpran os prazos e todo o mundo reciba, ao mesmo tempo que envia, que sería o de esperar.
Grazas a todas por participar!!!!!

25/6/10

XA VAN QUEDANDO MENOS POR RECIBIR!!!

De Ana (Cousas da nosa clase) para Montse (El país de los enanos), vai esta libretiña tan chuli, que seguro poderá utilizar para mil cousas (apuntamentos das xuntanzas do cole, diario de aula, datos importantes...).

22/6/10

MÁIS AGASAIOS!!!

Desta vez un dos que chegou foi o que mandei eu, e as miñas dúbidas tiña de que chegara, pois ía cruzar o atlántico!!! Dende o sur de Pontevedra ata Arxentina (Marlove. Secretos)foron as miñas cousiñas (un broche, un marcapáxinas, un chaveiro, e unha pulseira-recolle traballos) feitas en foma eva.
E tamén chegou o agasaio de feltro que lle enviou Montse (El país de los enanos) a Pati (La clase de las luciérnagas). Un organizador chulísimooooo!!!!

19/6/10

DENDE ALICANTE ATA MURCIA

Viaxaron estes agasaios tan chulis de Laura (Profe: qué hacemos hoy?) a Zhenda (Nuestro diario).
Un marcapáxinas e un broche de feltro, acompañados dun envoltorio que incluía días pinciñas. Que chulo!

18/6/10

RECÉN CHEGADO


Outro paquetiño, esta vez...un broche!!! Eu ó principio pensaba que era un pousavasos, así que... quedádevos coa idea, mirade que sinxelo facer un broche, ou un xoguiño de pousavasos plastificados!!! Imaxinación ó poder!!!

17/6/10

NOVAS CREACIÓNS RECIBIDAS!!!

Este é o agasaio de Vicen para Silvia:

Que son uns imáns, que xa ten colocados no seu frigorífico, e un broche de feltro cunha mestra (que mellor cousa para poñer nos nosos mandilóns?)

E este o de María Mirantes para Gemi:
Un broche de goma E.V.A e un colar de abalorios nunha bolsiña de organza.

16/6/10

E...

De Zhenda (Pili) para Laura (Brujitadelux):
Agora a Bruxiña xa pode escribir as súas pócimas máxicas, e ademais xa ten mascota que a acompañe... como lle chamará?

E de Naiara para Ana (Ana X Fa):
Ana di que na súa caixiña viña un príncipe, pois dentro da rá, seguro que hai un. jejeje.

AQUÍ CHEGOU OUTRO!!!

Dende o sur de Galicia ata o interior lucense viaxou esta caixiña, chea de notiñas personalizadas, e un porta-incienso feito con serpentina. Que vos parece?

14/6/10

VAN CHEGANDO NOVOS PAQUETIÑOS


Como vedes, xa van chegando máis paquetiños ós seus destinos!!! Quen será a próxima en recibilos? Quedamos á espera!!!
E como podedes ver tamén, algúns non tardaron nada en ser estreados, eh!!!

10/6/10

COMEZAN A CHEGAR OS PAQUETIÑOS Ó SEU DESTINO

Ah!!! e vexo que Isa controla de ganchillo (vedes como imos sacando máis cousiñas de cada unha de nós) jejeje.
Que chuli!!!! E que orixinal esa carteira feita cun tetrabrick!!!!

6/6/10

PARTICIPANTES: ATENT@S Ó CORREO!!!

Estou poñendo en orde o resultado do sorteo e... en breve saberedes de quen vos toca ser AS (amiga secreta). Mandareivos un documento coas direccións, cores favoritas, e nome das participantes cun número. Ese documento será o mesmo para todas e irá adxunto, e no correo direivos só o número correspondente á vosa AS. De xeito que só tedes que mirar o cadriño, ver as súas cores favoritas, onde vive, e... mans á obra!!!!! Aínda que o último día para envialos é o 15, sería convinte que os enviasemos canto antes para asegurarnos de que cheguen ó cole a tempo, ademais hai participantes de moi lonxe!!!!
Eu fareino hoxe, e mañá ou pasado xa o envío.
Unha cousiña, cando os enviedes mandádeme un correo electrónico para ir sabendo e así vou lembrándolles ás que falten por enviar por se se pasan do prazo ou así, vale? Moitas grazas pola vosa participación!!!

5/6/10

AVANCE DO INTERCAMBIO ENTRE PROFES

Hoxe é o último día para poder apuntarse a participar no "I Intercambio de Manualidades entre profes" que organizamos dende COUSAS DE PEQUES. Mañá, intentarei que sexa a primeira hora (para que xa aproveitedes o día, e cando o teñades feito xa enviedes o paquetiño) mandareivos o correo co nome e dirección da vosa amiga secreta, e as súas cores favoritas, para telas en conta e personalizar así o traballo ós seus gustos.
Adiántovos que de momento somos 18, non está nada mal, 9 parellas!!!! pero como aínda quedan unhas horiñas... Conseguiremos pasar de 20????

30/5/10

INTERCAMBIO DE MANUALIDADES PARA PROFES

Fago esta entrada para animarvos a que participedes no noso intercambio, fixen o selo de participación e as normas en castelán porque ás veces as traduccións dos blogs non teñen moito que ver coa realidade escrita nel, e como sei que nos lee moita xente de fóra, pois para que non haxa erro nas normas.
Trátase dunha experiencia da que seguro sacaremos un montón de cousas boas, e tamén ideas... a min persoalmente encántame recibir cartas, sobre todo con selos, porque como os colecciono sempre me levo ledicias ó ver que o sobre trae algún que eu non tiña, jejeje.
Eu participo en moitos intercambios deste tipo, nos que sen coñecer á persoa (en persoa) redundancia total!!! creas algo para ela coa mellor das intencións, e recibes algo doutra persoa que o fixo cos seus mellores desexos para ti. E penso que é algo bonito, non?
Pois nada, mans a teclear o meu correo, para mandarme os vosos datos, e a buscar ideas para crear!!!!!
Lembrade os que participedes de poñer o selo de participación e que así se entere máis xente, cant@s máis sexamos mellor!!!

NOTA ACLARATORIA DE DUDAS:
Aínda que poden ser cousas que sirvan para a súa utilización no cole, a idea é de que sexan manualidades para "nós" as profes (broches, marcapáxinas, chaveiros, pendientes, caixas decoradas...) e feitas tamén por nós, cousiñas de todo tipo pero que sexan un agasaio persoal, utilizando todo o material que se nos ocorra, e a poder ser tendo en conta as preferencias en canto a cores que imos dicindo (que reflictirei nun cadriño que vos enviarei cando estemos todas apuntadas) para que cada un as teña en conta segundo a persoa que lle tocou e así ter un agasaio máis personalizado, non?

De momento ide pensando a idea... e para as que queiran ir comezando porque xa non aguantan, pois... tede en conta as cores no envoltorio, por exemplo. Que vos parece?

5/12/09

ENLACE A UN CANAL DE MANUALIDADES INFANTÍS

Picando na imaxe accederedes a un canal de YOUTUBE sobre manualidades infantís. Poderedes rexistrarvos, suscribirvos e recibir tódalas novidades no voso correo electrónico.
Así, teredes sempre a man un montón de ideas para realizar cos nen@s, sobre todo en días coma estes nos que están na casa, e non se presta moito o tempo para saír.
Tamén tedes aquí o enlace á páxina, para poder imprimir as cousas.
http://manualidadesconninos.com/


Para esta ponte xa levades traballo, así que... MANS Á OBRA!!!!
 
poemas de amor