BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/2/12

O SORRISO DE DANIELA

Este e un conto moi chuli que leramos xa o curso pasado, pero como nos gustou tanto, volvimos a lelo outra vez.
 Despois de lelo, falar dos personaxes e do que pasara no conto... decidimos facer cousas do conto con plastelina, cada un decidiu libremente que personaxe facer e logo fomos xuntándoos para recompoñer esceas. Teremos que continuar outro día porque o tempo se nos botou enriba, e non o puidemos rematar, pero... mirade un adianto.
Dende logo, se hai algo que queda claro, é o sorriso de Daniela. Non credes?
 

MISTURANDO TÉCNICAS NO RECANTO DE PLÁSTICA

Se hai algo que lles gusta aos peques son os "tatoos". E... por que non misturar as súas obras plásticas con eles? Aquí tedes unha proba das cousas chulis que poden quedar con só meter un "selo", e continuar logo o debuxo.


Ao rematar de pintar... un pouquiño de purpurina, outro pouquiño de virutas de cera ou de papel... e ao final, unhas obras chulísimas.
 

EXERCICIO DE LECTOESCRITURA MOI SINXELO PARA A CASA

Seguro que na casa tendes unha morea de revistas vellas ou publicidade. Pois aos peques encántalles recortar, escribir, debuxar, ler "ao seu xeito"... Por que non coller esas revistas (vellas, claro) e xogar con elas? Poden facer os seus propios "folletos" para xogar na casa ás tendas, poden buscar que cousas lle dustan máis da revista, poden axudarnos a facer a lista da compra... como? pois recortando e pegando cousiñas, e ata as poden esccribir (xa sabedes, como el@s saben). Que vos parece? Anímadesvos a facelo na casa? No cole tamén o fixemos, e seguro que repetiremos, porque iso de recortar e pegar, gústalles moito.



 Como vedes, cada un escribe segundo o seu nivel.
 

LENDAS E MÁIS LENDAS...

Xa sabedes que é o texto que estamos a traballar ultimamente. A semana pasada vimos a de "O bicho na barra de Ortigueira" e hoxe a do "Pastor e a cobra". Mirade o ben que soubemos distinguir quenes eran os personaxes, e como buscamos información seguindo "unha lenda de cores".

 

MARCI E O POLO NORTE

Seguimos a axudar a Marci investigando sobre o Polo Norte, os animais que hai, a flora, a temperatura, quen vive alí, onde viven... Luís troúxonos un montón de imaxes relacionadas co Polo Norte, que estivemos a observar detidamente, e das que fomos falando entre todos.

 A que máis nos chamou a atención foi a foto dun iglú, e na que tod@s tiñan a mesma idea: "era a casa dos pingüíns" e non dos esquimais, por iso, veunos moi ben, e así falamos máis sobre o tema.
Despois aproveitamos e fixemos un quebracabezas dun iglú, e xa nos quedou claro que alí viven os esquimós, e non os pingüíns.
 

PRECISAMOS BANDEXAS DE POREXPAN

Sempre andamos a pedir... e desta vez, precisamos traer ao cole, bandexas de porexpan. Desas que nos dan na carniceria, peixería, frutería... Precisamos bastantes, posto que é varias cousas, entre elas unha exposición moi chula con algúns materiais da nosa creación.
  Estamos á espera da vosa colaboración. Moitísimas grazas de antemán.
 

PEQUENAS RIMAS E CANCIÓNS PARA TODO

Moitas veces, case sen querer, xorden na clase pequenas rimas e cancións que imos incorporando ao noso día a día para diferentes cousas. Ás veces, tentar contar algo é imposible, pois todos están a falar e falar. Así xordiu un día un comentario, e despois a pequena canción...

 Por iso, o outro día, levamos uns gomets pegados no nariz, a modo de pico.

 Agora o entendedes? Estou segura de que algúns o explicaron moi ben, outros cantarían a canción... pero os adultos seguramente quedamos con dúbidas, aquí está a explicación.

FAMILIAS CONTACONTOS: VEU CLARA A NAI DE JIMENA E AINHOA

O pasado luns, tocoulle a quenda a Clara, nai de Jimena e Ainhoa, que nos contou dos contos, aínda que... contou con axuda, posto que os nervos fixeron que Ainhoa e Jimena nos adiantaran cousiñas dos contos (que. por suposto, elas xa coñecían). A sorpresa foi que, cando chegaron do ximnasio, coa profe Sara, na asemblea estaba xa sentada Clara, no trono, esperando impaciente polos peques. Algunhas (e non dicimos quen) non se podían crer que estivera alí (pois era un segredo).


 

CUMPREANOS DE FEBREIRO: LUÍS É O MAIOR DA NOSA CLASE

E aquí podedes ver o maiorcísimo que está!

 Aquí, nesta foto, acaba de recibir o seu agasaio, o pergamino que lle fixeron os seus compis. Queredes velo por dentro? Aquí está!!! Mirade como se fixaron nel, para debuxalo (cadriños do mandilón, pelo rubiño...). Estos peques están feitos uns artistas!
 

26/2/12

COMO NOS GUSTAN OS CONTOS!

Cada día nos gustan máis contos, tanto aos peques como a min mesma, así que, se converteron nunha parte moi, moi importante na nosa aula. A través deles aprendemos vocabulario, achegámonos ao mundo exterior, agudizamos o noso inxenio, creatividade e imaxinación... e despois do conto, traballamos con números, letras, facemos debuxos cada vez máis complexos... en definitiva, un sinfín de actividades coas que os peques aprenden un montón de cousas. O que soemos facer con moitos dos contos, e facer as nosas propias ilustracións das personaxes e do lugar onde sucede a historia. E para lembrarnos de que conto se reflictía nel, poñemos unha mini portada do libro. Aquí podedes ver algúns exemplos destes traballos feitos con distintos contos:







O mellor destes debuxos, e que á vez que fan as súas creacións, vánse fixando cada vez máis en como son as cousas: as xirafas teñen manchas, os crocodilos teñen os dentes picudos, a xirafa á moito máis alta que o crocodilo... e algúns ata se atreven a copiar (case tal cual) os debuxos do conto.

Traballamos cun montón de contos, pero aquí vos amosamos un exemplo pequeno para que vexades que cousas facemos, e como os contos, nos ensinan a escoitar, comprender o mundo, formular hipótesis, sacar conclusións, dannos pistas para fixarnos ao facer un debuxo... e así agora, cando queremos debuxar algo, facemos coma despois dos contos, pensamos moito como son esas cousas que queremos representar.
 

MÁIS FAMILIAS CONTACONTOS

Aquí podedes ver como as familias conseguen realmente achegarse ás nosas aulas como verdadeiras protagonistas, xunto cos nen@s, e fan a súa laboura de contacontos, moi, pero que moi ben. Aquí podedes ver ao papá de Ana que nos contou o conto de "os tres desexos".
 Moitas grazas por colaborar con nós, nesta iniciativa de achegamento ás nosas aulas, a través da animación á lectura.
 

AS LENDAS

Comezamos a traballar con lendas, como outro tipo de texto, co que, ademais de achegarnos ao mundo da lectoescritura, coñeceremos moitas cousiñas do contorno, traballaremos a nosa creatividade, etc. Comezamos cunha lenda que hai sobre un enorme "bicho-monstro-dragón" na barra de Ortigueira. Aquí podedes ver tanto a lenda como de que xeito se imaxinan algúns dos peques que será ese enorme bicho.







 

O VENRES DA SEMANA DE ENTROIDO

Tocounos facer un antiface relativo a Marci (o noso amigo marciano). Aquí podedes ver algúns deles.

 
 
poemas de amor