Hoxe estivemos preparando os personaxes (que pintamos con ceras brandas e logo difuminamos con algodón), logo montámolos todos nunhas cartolinas traballando concepto como: primeiro, segundo, terceiro... ata oitavo, pois foron 8 os animais que colaboraron para chegar á lúa e así descubrir a que sabía.
Tamén falamos sobre os animais, recordamos que a lúa é o noso satélite... en fin un montón de cousas!
Agora só nos queda preparar un par de cousiñas e dentro de nada xa estaremos "actuando" contándollo aos nosos veciños de corredor. Esperemos que lles guste!!!
Aquí vos deixamos un XOGO DE MEMORIA sobre o conto:
E unhas fichiñas por se queredes traballar tamén con este conto e vos serven, vale?

Boas profe,
ResponderEliminarComo sempre eu recomendando actividades tic,
http://actividadeslim.blogspot.com/2011/02/que-sabe-lua.html
Esta fantástica versión multimedia fixoa a profe Tatiana da EEI O Grupo de Marín.
e se queres unha versión en English
http://actividadeslim.blogspot.com/2011/05/taste-of-moon.html
da profe Vanessa
Bicosss
Grazas Belén, benvidos son todos os recursos!!!! TIC este ano non utilizo moitos porque o ordenador da clase non vai moito, e o EDI está na biblio, pero de cando en vez iremos a facer algo.
ResponderEliminarGrazas!!!
Bea, nós no cole de Pazos tamén traballamos o conto. Aos nenos e nenas gustoulles un montón e tamén fixemos un libro lim sobre o conto, por si te interesa a dirección é: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html
ResponderEliminarUn bico.
Ana: Acabo de velo, moi chuli!!! Esta semana cando vaiamos á biblio seguro que vemos cousiñas no EDI. Moitas grazas por compartir!
ResponderEliminar