BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

28/6/10

A NOSA ORLA



25/6/10

REMATE DE CURSO E CAMBIO DE COLE

Para os peques xa rematou a clase, para os profes aínda nos quedan uns días para rematar cousiñas, preparar as aulas, xuntanzas... pero xa queda menos para as vacacións!!!!!!!
Como moitos xa sabedes, eu cambiarei de cole, e o próximo setembro xa non estarei no Rosal, senón en Ortigueira, o meu novo destino, e con novos nen@s, compañeir@s...
Pero, aínda que ata agora sempre que cambiaba de aula, cambiaba tamén de blog, desta vez non o farei, así que... por aquí poderedes seguir vendo as andanzas da miña nova aula, e por suposto, tamén volver a mirar e remirar as nosas aventuras deste curso 2009-2010, que seguirán tamén neste espazo.
Dende aquí, só quero despedirme dando as grazas ás familias pola súa colaboración ó longo de todo o curso, e mandarlle un montón de bicos ós meus peques, os que (despois de ver as fotos de todo o curso...) medraron un montón, e xa parece que pasou moitísimo tempo dende os primeiros choros de setembro ata agora, que xa están tod@s feitos uns chic@s!!!!
Espero que sigades vendo de cando en vez o blog, e xa sabedes, facede comentarios!!!
Ata sempre!!!!



XA VAN QUEDANDO MENOS POR RECIBIR!!!

De Ana (Cousas da nosa clase) para Montse (El país de los enanos), vai esta libretiña tan chuli, que seguro poderá utilizar para mil cousas (apuntamentos das xuntanzas do cole, diario de aula, datos importantes...).

22/6/10

MÁIS AGASAIOS!!!

Desta vez un dos que chegou foi o que mandei eu, e as miñas dúbidas tiña de que chegara, pois ía cruzar o atlántico!!! Dende o sur de Pontevedra ata Arxentina (Marlove. Secretos)foron as miñas cousiñas (un broche, un marcapáxinas, un chaveiro, e unha pulseira-recolle traballos) feitas en foma eva.
E tamén chegou o agasaio de feltro que lle enviou Montse (El país de los enanos) a Pati (La clase de las luciérnagas). Un organizador chulísimooooo!!!!

19/6/10

PRECISAMOS RELAX!!!!!


DENDE ALICANTE ATA MURCIA

Viaxaron estes agasaios tan chulis de Laura (Profe: qué hacemos hoy?) a Zhenda (Nuestro diario).
Un marcapáxinas e un broche de feltro, acompañados dun envoltorio que incluía días pinciñas. Que chulo!

18/6/10

RECÉN CHEGADO


Outro paquetiño, esta vez...un broche!!! Eu ó principio pensaba que era un pousavasos, así que... quedádevos coa idea, mirade que sinxelo facer un broche, ou un xoguiño de pousavasos plastificados!!! Imaxinación ó poder!!!

17/6/10

NOVAS CREACIÓNS RECIBIDAS!!!

Este é o agasaio de Vicen para Silvia:

Que son uns imáns, que xa ten colocados no seu frigorífico, e un broche de feltro cunha mestra (que mellor cousa para poñer nos nosos mandilóns?)

E este o de María Mirantes para Gemi:
Un broche de goma E.V.A e un colar de abalorios nunha bolsiña de organza.

COIDAMOS A NATUREZA

Hoxe estivemos preparando unha cancionciña para o medioambiente, para un proxecto, co noso grupo de traballo BENCLALU. De momento, deixámosvos un adianto de onde cantamos o noso himno.Os nosos compis, do grupo de traballo, teñen tarefas distintas, uns farán a mascota, outros o lema... e a nós tocounos o himno. Como será? Seguro que se lles preguntades ós peques cantánvolo moi ben.

GRAFOMOTRICIDADE COOPERATIVA

Onte fixemos unha actividade de grafomotricidade cooperativa, consistente en facerlle puntiños a un abano, con rotulador, e ó sinal de cambio, tiñamos que cambiarlle o rotulador ó noso compañeiro/a da dereita. Así ata que pintamos o abano con 7 cores.Mirade como quedou o de Silvia!!! Logo, pegámoslle tiriñas prateadas.

CUMPREANOS DE XUÑO, E...tamén os de verán

Hoxe festexamos o cumpreanos de Silvia e Alejandro, que cumprían anos neste mes...Pero... tamén aproveitamos para festexalos cos compañeiros que cumprirán en verán. Así, todos tiñamos a nosa coroa. Para diferenciar, os do verán ( e como eran moitas coroas) levaban un sol.E, por suposto, fixemos nós o postre, esta vez tocou biscoito de nata e amorodos. Mmmmm, qué rico! non quedou nin rastro!

GATO GUILLE E OS MONSTROS

Hoxea profe leunos un conto que nos encantou, o de "Gato Guille os monstros", no que se falaba sobre o medo a iso, ós mostros.Os protagonistas deste conto eran o Gato Guille e os seus papás, e despois de escoitalo, moi atentamente, os debuxamos así de ben:

ESTAMOS MOI NERVIOS@S!!!

Estes días estamos moi nerviosos e alterados, sabemos que está a piques de rematar o curso, e iso pálpase no ambiente.
Hoxe tivemos que relaxarnos un pouquiño, facémolo normalmente, pero hoxe aínda máis. Era imposible escoitar algo en medio de tantos berros!!!
Despois de relaxarnos, puidemos continuar polos recunchos, e rematar algunhas tarefas, por exemplo, unha ficha moi veraniega, na que botamos area (que nos foi buscar Raquel, pois era a encargada do día).

O AGASAIO QUE LLE ENVIAMOS ÓS NOSOS AMIGOS

Xa vos contamos o outro día que estes días algunhas cousiñas non as podiamos publicar porque eran sorpresa. Hoxe xa podemos ensinarnos algunha, por exemplo, a caixa de tesouros, e as pinciñas decoradas que lles enviamos ós nosos amiguiñ@s de Oviedo.Cada un de nós se debuxou, e puxo o seu nome, plastificamos os debuxiños e pegámolos con "velcro" en pinzas. Agora cando queiran tender algún traballiño na súa clase, seguro que lembrarán de nós.Que vos parecen?
Ah... e, por suposto, a carta ía asinada por todos!!!

16/6/10

E...

De Zhenda (Pili) para Laura (Brujitadelux):
Agora a Bruxiña xa pode escribir as súas pócimas máxicas, e ademais xa ten mascota que a acompañe... como lle chamará?

E de Naiara para Ana (Ana X Fa):
Ana di que na súa caixiña viña un príncipe, pois dentro da rá, seguro que hai un. jejeje.

AQUÍ CHEGOU OUTRO!!!

Dende o sur de Galicia ata o interior lucense viaxou esta caixiña, chea de notiñas personalizadas, e un porta-incienso feito con serpentina. Que vos parece?

14/6/10

VAN CHEGANDO NOVOS PAQUETIÑOS


Como vedes, xa van chegando máis paquetiños ós seus destinos!!! Quen será a próxima en recibilos? Quedamos á espera!!!
E como podedes ver tamén, algúns non tardaron nada en ser estreados, eh!!!

12/6/10

ESTAMOS NA RECTA FINAL!!!

Sí, o verán parece que non acaba de chegar para quedarse por un tempo, pero xa está aquí, a piques de aterrizar, e coa súa chegada, as vacacións estivais, o que quere dicir que xa non nos queda nada de curso, e... foisenos voando!!! verdade?
Así que... estes días non estamos publicando moito na maioría dos blogs, porque... estamos a todo correr rematando cousiñas, facendo algunhas que ó mellor son sorpresa e non podemos ensinar, ou simplemente, que andamos tan atarefados que non temos nin tempo de posar para unha foto!!!! Todo pode ser, e no noso caso, cúmprense tódalas posibilidades que vos acabamos de dicir.
Para a semana, a medida que vaiamos rematando cousiñas... volveredes a verno-las caras!!!!
E nunca mellor dito, xa o veredes!!!!

11/6/10

300.000?

Sí, 300.000 (bueno en realidade xa algunha máis) son as visitas que recibiu, polo momento, Zhenda, no seu blog "Nuestro Diario" e quere festexalo con todos nós, por iso, deixovos aquí o seu selo para que o compartades.
E por suposto, non o faremos sen antes darlle a súa merecida noraboa.
Chegaremos nós algún día a esa cifra? Puffff, ten moitos cerossssssss!!!! Pero coa vosa axuda, seguro que o conseguimos, porque así como antes ía cambiando de blog ó mesmo tempo que cambiaba de destino, está vez non, cambiarei de cole, pero este seguirá sendo o meu blog.
Grazas tamén, de paso, por visitarnos!!!

10/6/10

COMEZAN A CHEGAR OS PAQUETIÑOS Ó SEU DESTINO

Ah!!! e vexo que Isa controla de ganchillo (vedes como imos sacando máis cousiñas de cada unha de nós) jejeje.
Que chuli!!!! E que orixinal esa carteira feita cun tetrabrick!!!!

8/6/10

A CANTARRRRRRR!


LIBRIÑOS DOS TRANSPORTES

Hoxe, que só estabamos 13 nen@s na clase, aproveitamos moi, moi ben o tempo, e xa moitos temos montados os nosos libriños dos transportes. Neles, metemos as fichiñas coas que traballamos neste tema, e de portada puxémoslle un debuxo no que cada un fixo os medios de transporte que prefería (algúns fixemos coches, outros autobuses e camións de bombeiros, outros submarinos e helicópteros...) e as personalizamos co noso nome.Tamén aproveitamos para analizar ben que cousas ten cada medio de transporte: cales teñen rodas, cales teñen alas, cales flotan, cales voan... e para iso, fixabamonos nos carteliños que temos colgados na nosa clase, e que aquí vos deixamos por se os queredes utilizar.
Tamén vos deixamos algunhas ideas para facer na casa, sacadas da rede:


 
poemas de amor