BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

25/6/10

REMATE DE CURSO E CAMBIO DE COLE

Para os peques xa rematou a clase, para os profes aínda nos quedan uns días para rematar cousiñas, preparar as aulas, xuntanzas... pero xa queda menos para as vacacións!!!!!!!
Como moitos xa sabedes, eu cambiarei de cole, e o próximo setembro xa non estarei no Rosal, senón en Ortigueira, o meu novo destino, e con novos nen@s, compañeir@s...
Pero, aínda que ata agora sempre que cambiaba de aula, cambiaba tamén de blog, desta vez non o farei, así que... por aquí poderedes seguir vendo as andanzas da miña nova aula, e por suposto, tamén volver a mirar e remirar as nosas aventuras deste curso 2009-2010, que seguirán tamén neste espazo.
Dende aquí, só quero despedirme dando as grazas ás familias pola súa colaboración ó longo de todo o curso, e mandarlle un montón de bicos ós meus peques, os que (despois de ver as fotos de todo o curso...) medraron un montón, e xa parece que pasou moitísimo tempo dende os primeiros choros de setembro ata agora, que xa están tod@s feitos uns chic@s!!!!
Espero que sigades vendo de cando en vez o blog, e xa sabedes, facede comentarios!!!
Ata sempre!!!!



4 comentarios:

  1. Boa sorte na nova andaina profe!!!
    Goza das vacacións e recarga as pilas que boa falta farán para o novo curso.
    Bicoss

    ResponderEliminar
  2. Mucha suerte Bea en tu nuevo destino, un poquito mas cerca de casa. Gracias por todo lo q les enseñaste y nos enseñaste en este tu paso por El Rosal.
    Muchos muchos besos

    ResponderEliminar
  3. Bea no sabía de tu nuevo destino ¿es definitivo?Enhorabuena.
    Espero poder ir por Avilés (para vernos a un café por lo menos) EL 1 empiezo un curso....así comienzo las vacaciones. ¡Feliz verano!
    abraZin

    ResponderEliminar
  4. hola Bea como estas te deje un regalito en mi blog!!! cuando quieras pasa por el!!! besitos

    ResponderEliminar

 
poemas de amor