18/02/12

17/02/12

OS DERRADEIROS PEQUECONTACONTOS

Xa todos os peques tiveron o seu momento de contacontos, agora pensaremos a ver que cambios facer para cando lles volte a tocar. É unha actividade que lles encanta, así que... temos que aproveitala, pero imos pensar como facela aínda máis atractiva. De momento deixámosvos con Julián, Marcos e Noah, nas súas sesións de animación á lectura.

 Todos o fixeron moi, pero que moi ben, e ata parece que os sombreiros lles axudan moito, e lles serven de protección e caparazón contra a vergoña, o medo, os nervios... pois actuan con moita tranquilidade.
Un aplauso para todos os peques-contacontos!!!
 

A SEMANA DO ENTROIDO

Esta semana de Entroido andamos moi atarefados, pois cada día imos de algo distinto disfrazados.
O luns fomos indios:
 O martes cociñeiros:
 O mércores  paiasos:
 O xoves pintores:
 E o venres... estade atent@s!!!! De que iremos????
 

O DÍA DOS NAMORADOS?????

A asemblea do día 14 deste mes foi adicada, sen querelo, ao día dos namorados, pois a maioría sabían que era o día de San Valentín. Así que, tocou falar do tema do amor, de que será estar namorado... Entre outras respostas, atopeime con que dixeron que "estar namorado é..." - Darse bicos - Casarse - Ser mozos - Ir a pasear xuntos - Durmir os dous sós - E os corazóns ...
Así que, como os corazóns tamén significan amor, amosaron o seu graficamente.
 
 

AS AVENTURAS DO CAPITÁN CALABROTE

O mércores, limos o libro do Capitán Calabrote.
 E despois de moito moito falar dos piratas, dos seus tesouros, das illas onde viven, como se visten...
E tamén, despois de falar sobre a fermosa historia deste conto (no que o que vai parecer primeiramente un enimigo se convirte en amigo) fixemos as nosas propias ilustracións do conto. Mirade que chulada!






 Hai algúns auténticos gorros piratas con calaverasssss!!!!
 

EMOCIONANTE APETURA DAS MENSAXES SECRETAS

O outro día aproveitamos que estabamos todos, despois de moitos días sendo pouquiños na clase, para abrir as cartiñas que foramos facendo ao longo da semana para os compañeiros. Todos tiveron algunha mensaxe que descrifrar e un debuxo, claro. E despois a levaron para casa, pois era a súa correspondencia secreta. Este é o momento da apertura dos sobres. Mirade que emoción!!!


 

12/02/12

DON MIEDO, DOÑA OSCURA Y MAGA SOMBRA

O venres, a última hora, tivemos a visita de Dani (que xa estivo no cole o curso pasado facendo as súas prácticas de Maxisterio Musical). Aproveitamos a "Hora de Ler" e tendémoslle unha pequena trampa, pedíndolle que nos contara un conto. Non o dubidou un segundo, e así foi como nós coñecemos a historia de "Don Miedo, Doña Oscura y Maga Sombra".


 Cada vez nos gusta máis escoitar contos, e estamos moi pero que moi atent@s!!!!


11/02/12

NOVAS DE MARCI

Pois despois de moito falar, e ter dúas posibles respostas: polo Norte ou Polo Sur, cremos que está no Polo Norte.
Así que agora... tocaranos investigar un pouquiño sobre ese lugar tan frío do noso planeta, e tentar axudarlle a Marci a sair de alí, cara Ortigueira, pero... co despistado que é... a ver a onde chega!!!

CARTAS CON MENSAXES SECRETOS

Estes días faltaron moitos nenos e nenas, algúns, semanas enteiras... iso deu lugar a preguntas como... "Noah se fue otra vez a Alemania, profe?", "Jimena, ¿ya no va a volver al cole?... así que tocou falar das enfermidades, e como non de que botabamos de menos a eses nenos e nenas que non viñan ao cole, así que... poderiamoslles escribir unhas mensaxes de que queremos que volvan ao cole, que se curen pronto... a idea inicial gustoulles tanto, que comezaron a escribir mensaxes a compañeiros que non estaban na clase, a outros que sí estaban... en definitiva, houbo mensaxes secretos para todos! Pero... para que fosen secretos e só os puidera ver (ou alomenos de primeir@s) os destinatarios, había que facerlles un sobre, así que, piuxémonos mans á obra, e creamos con folios de cores os sobres, puxemos o remitente, o remite, e gadámolos nunha caixa. Haberá que ilos abrindo e lendo pouco a pouco, a proveitaremos para facelo nas asembleas.

 Que vos parecen?

MÁIS FAMILIAS ANIMADAS A CONTAR CONTOS

O certo é que a experiencia das "Familias contacontos" está sendo todo un éxito. Moitísimas grazas a tod@s por participar!! Aquí podedes ver o contacontos desta semana, a cargo de Mariluz e Lucía (nai e irmá de Luís)que nos contaron 2 contos, e ata no-los deixaron quedar uns días na clase para velos con calma.
 O momento de máis acción, coma sempre, a entrega dos diplomas!!!

DEBUXANDO O DESERTO

Como xa sabedes Marci estivo no deserto, e nós imaxinamos como sería: que animais había, que prantas... comprobamos datos mirando en libros, en internet... e logo plasmámolo no papel.
Aquí podedes ver como son para nós os desertos:










 
 
poemas de amor