BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

3/6/12

UNHA FIN DE SEMANA ESPACIAL

O martes viñeron unhas amigas da profe a contar un conto (Vanesa, María e Vane). Levaban tempo preparando as cousas para vir a contarnos o conto, e ata a propia historia foi feita por elas (inventaron a historia, fixeron as ilustracións... todo!!!). Pero... non só iso, tamén fixeron un foguete, un boneco de neve, uns coches, e ata un planetario (todo relacionado, claro, coa historia que viñan contarnos). Os profes colaboraron tamén (algúns facendo nevar nun momento dado, outros conducindo os coches...). Para que vos fagades unha idea, mirade:


Por certo, dende aquí dámoslles os parabéns ás contacontos, e as convidamos a voltar cando queiran. Moitas grazas por vir!!
 

2 comentarios:

  1. Ola! Chámome Vanesa e son unha das amigas de Bea que participou no contacontos. Quería dicirvos que estou encantada coa visita ao voso cole e que, aínda con nervios incluídos, foi unha experiencia fantástica. Moitas grazas pola vosa colaboración e tamén por eses bonitos agasallos :)

    Bea, ademais de ser unha profe estupenda es unha persoa admirable. Moitísimas grazas pola túa dedicación. Este blog é xenial, aínda mostrando só un pouquichiño de todo o que fas. Parabéns. É moi enriquecedor aprender contigo e, xa sabes, es a mellor referente :)

    ResponderEliminar

 
poemas de amor