BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

16/1/10

NOTICIAS DOS TRASNOS

Levábamos xa tempo sen noticias dos trasnos, pois no Nadal non os vimos, e estes días tampouco falaron nada con nós, pero onte sí. Onte estiveron todo o rato na asemblea falándolle á profe na orella e dicíndolle cousas, consignas ou probas que nós tiñamos que superar para poder ver a sorpresa que nos deixaran como agasaio na maleta máxica.
Algunhas das probas foron: Aplaudir cos pés, tocar a nosa cabeza e o naris dun compañeir@, darnos abrazos...

E logo puidemos ver a sorpresa, un xogo dos Lunnis, sí, era un libriño, pero en realidade fixemos un xogo cos Lunnis. Con el traballamos coa lingua, facendo praxias , uns xestos ou "muecas" que si as facemos a miúdo nos axudarán a poder pronunciar correctamente tódolos fonemas, eso sí combinándoas con outras actividades de expresión oral.
Xa sabedes, algúns non pronunciamos o /r/, outros facemos intercambios de /c/ /s/... pero non vos preocupedes seguro que conseguimos pouco a pouco ter unha pronunciación correcta.


P.D Dedicado ás profes do GT (Alicia no país...) para que vexades que sí que podemos axudarvos nas vosas tarefas de especialistas en AL, e poder reforzar as vosas sesións.
Que vos parece?

2 comentarios:

  1. Anónimo17/1/10

    Moitísimas grazas por lembrarte de nos e por demostrarmonos que a coordinacións entre mestras de infantil e ALs é posible.
    Moitos bicos.
    María

    ResponderEliminar
  2. Xa vos dixen que é moi posible colaborar en infantil neste senso, e o obradoiro de estimulación da linguaxe pódese reforzar moito nas asembleas.
    Un pracer estar con vós o outro día, espero que vos servirá de algo, e xa nos vemos por aquí, e no voso blog, que espero ver moi pronto. Chao

    ResponderEliminar

 
poemas de amor