Hoxe na asemblea falamos sobre o medo:
Que é para nós o medo?
Tivemos medo algunha vez?
A que cousas temos medo?
Para falar utilizamos, coma noutras ocasións,
o xogo da tea de araña de xeito, que imos falando en orde, segundo nos pasen o "ovillo" de lá, e á vez que falamos enroscamos un pouquiño a lá no noso dedo, de xeito que pouco a pouco imos tecendo unha tea de araña.
É moi importante escoitar o que din os demais polo que mentres fala o que ten a lá, o resto teñen que estar escoitando atentamente, pois se logo pregunta a profe que dixo fulanito ou menganito, hau que sabelo (senón quererá dicir que estamos nas nubes, como Fantiño, o elefante dun conto que traballamos a semana pasada, e que nunca estaba atento no cole, e claro, non sabía facer as cousas por estar sempre nas nubes). O conto de Fantiño é a tradución do conto "La historia de Fantito" que se recolle neste libro:

Preme na imaxe e verás o índice do libro.
DATOS DO LIBRO:
Autor: Jesús Jarque García
Editorial: CCS
ISBN: 978-84-9842-101-9
Como resumo do que fomos falando todos, coincidimos os 20 en ter medo á escuridade, e logo algúns temos tamén medo ás bruxas (3) , ós touros (4), ós lobos (2), ás arañas (1), ós monstros (2)... e ata ás rás (1), ás galiñas cando seguen as persoas (1), a quedarnos sós na casa (1), ou á tormenta (1).
Aproveitamos o tema para escoitar un conto que nos contou a profe e que falaba sobre o medo:

DATOS DO CONTO:
Autor: Michael Broad
Editorial: Beascoa
ISBN: 978-84-488-2606-2
Este conto está xenial e ten unhas ilustracións chulísimas!!! Aínda que nós, aproveitamos para facer as nosas propias ilustracións, pois encántanos debuxar!!!
