BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

30/3/10

29/3/10

IDEAS CREATIVAS PARA A PASCOA




Deixámosvos uns enlaces nos que veredes unhas cantas ideas para traballar estes días na casa, ou posteriormente nos coles.
Premede nas imaxes e iredes directamente ás páxinas.

27/3/10

DEBUXAR Ó RITMO DA MÚSICA

Neste xogo faredes música ó mesmo tempo que debuxades. Probade!!!

MACEDONIA DE CONTOS

Hoxe, sábado, coma cada último de mes, houbo un contacontos na biblioteca do Rosal, e... a que non sabedes quen contou os contos? Mirade a foto e a ver se a coñecedes!!!! E... como podedes ver, tamén había algunha coñecida máis...Tratouse dunha macedonia de contos, na que con axuda dos nen@s que alí estaban, falouse da Ratiña Fachendosa, da Ratiña Bibliotecaria, do Ratiño Pérez, dos Ratos de Campo e de Cidade, de Brancaneves e os sete ananiños, de Riciños de Ouro e os tres osos, dos Tres Porquiños, do Frautista de Hamelin... mais o conto estrela era o: EL PEZ ARCOIRIS.
Título: El Pez Arcoiris
ISBN: 978.84.488.2191.3
Autor e ilustrador: Pfister
Editorial: Ediciones Beascoa SA

Para iso, os nen@s tiveron que pasar unhas probas, facer un xogo para coñecer as normas da biblioteca, formar un puzle para saber que conto se ía ler... un montón de cousas!!!!
Xa sabedes!!! o último sábado de mes, toca ir á biblioteca, que sempre hai contacontos!!!!

Se premedes AQUI poderedes imprimir debuxos en branco e negro do conto, e así pintalo moi, moi chuli!!!!

26/3/10

24/3/10

MÁIS LIBRO-MURAIS PRIMAVERAIS

Pois sí, estes días estamos moi, moi atent@s na asemblea porque queremos ver os libriños dos nosos compis e escoitar as súas explicacións.
Hoxe recibimos as explicacións de tres libriños, pero tamén tiveron que voltar a posar para a foto os que o trouxeran onte, pois a cámara estaba sin tarxeta (e a profe non tiña o cable para descargalas).
Aquí podedes ver que chulada de cousas trouxeron!!!! e por suposto, moitísimas grazas ás familias por colaborar!!!

DEBUXOS CON FOTOCOPIAS MÁXICAS!!!

No cole, coa axuda de Moncho (un dos compañeiros de Fornelos), os profes do cole fixeron un obradoiro de "imprenta de xelatina", sí, sí, de xelatina!!!
É unha especie de fotocopiadora caseira, da que se poden sacar moitísima utilidade nos coles, en especial, nos que non teñen impresora ou fotocopiadora na aula (como é o noso).
Hoxe estreamos a nosa fotocopiadora caseira, e todos quedamos coa boca aberta (e se non o credes mirade as fotos, jejeje).
Para probala, e traballar en equipo ó mesmo tempo, fixemos un debuxo cooperativo. Como estamos a ver a través dos libro-murais primaverais cousiñas que cambian coa chegada da primavera, pois fixemos unha paisaxe primaveral cooperativa, de xeito que cada un ía engadindo un elemento (árbore, paxaro, bolboreta, herba, flores...)
Logo, dese debuxo cooperativo, que fixemos sobre "papel calco"saiu outro debuxo igual!!! puxémolo sobre a xelatina, e quedou maxicamente copiado alí, na xelatina, logo, fomos poñendo folios brancos e masaxeando sobre a xelatina, e alucinamos ó ver que saían máis e máis copias do noso debuxo cooperativo!!!
Así, aínda que o debuxo cooperativo o fixemos entre todos sobre un folio, ó final, cada un de nós nos puidemos levar á casa un copia, que antes xa coloreáramos.


POMPAS DE XABÓN

Onte, no patio, a profe tiña un "pompeiro" pequeno e púxose a facer pompas e máis pompas de xabón, e nós corríamos a buscalas para estoupalas.
Despois, aproveitando, que nos estaba gustando tanto ese xogo de estoupar pompiñas, tentamos facer un pompeiro xigante, para o cal, collimos un caldeiro (ó que lle botamos auga e xabón) e un colador. Probamos, pero co colador non saía nada, así que... decidimos probar cortando o colador (deixando só o plástico) e probar así, pois se parecía máis ó pompeiro pequeno. O certo é que ó principio nos era moi difícil coller as pompas, e máis aínda sopralas e que nos saisen redondiñas, pero pouco a pouco, todos (e tamén os compis maiores) probamos, e algúns xa lle imos collendo o truco, aínda que... é difícil!!!!!

22/3/10

LIBRO-MURAIS PRIMAVERAIS

Hoxe, xa se notaba no clima que por fin chegara a primavera, e nós levamos como tarefa para a casa traer ó longo desta semana un libro-mural cos cambios máis importantes que se producen na primavera, co clima, cos animais e plantas propios desta estación. E con moita creatividade, coas nosas familias, os imos elaborando.
Hoxe algúns xa trouxemos as nosos libriños, todos ben diferentes e creativos, e ensinámosllos ós nosos compañeiros, explicámoslle que había neles... e entre todos fomos aprendendo algunhas cousiñas, e ata limos!!!! sí, sí, limos porque María fixo un libro en pictogramas, e nós liamos os seus debuxos!!! tamén aprendimos con Adán os pasos a seguir para facer unha horta, vimos as roupas propias da estación co libriño de María, e aprendimos poesías co de Lara e o de Sara, e no de Yago vimos varios animais e flores na primavera.
O máis importante é que, nos gustou tanto, que na asemblea hoxe non falaba ninguén, todos queríamos ver o que nos explicaban os nosos compañeiros, e gozamos un montón vendo os libros tan grandes, e curiosos (algúns coas fotos dos protagonistas, outros con debuxos e texto, outros con diversas técnicas plásticas...)
Ó ser un material tan atractivo e gráfico, as aprendizaxes quedánsenos moi ben gravadiñas na testa!!!!

20/3/10

CHEGA A PRIMAVERA!!!

Cando voltemos ó cole o luns, xa será primavera!!!!
Xa estes días podemos desfrutar dun patio cheo de margaridas, de mellor tempo... pero... xa veredes cantas cousiñas imos facer agora, que chega o bo tempo no xardín do patio!!!!
Estade atent@s!!! o noso patio vai sufrir unha grande transformación!!!!
Deixámosvos aquí algúns debuxiños primaverais por se alguén os quere utilizar.



E uns mandalas:


Tamén vos deixo algúns enlaces nos que podedes ver materiais relacionados coa primavera:

O DÍA DOS PAPÁS?

Xa sei que non é hoxe senón que oficialmente foi onte, aínda que por problemas técnicos coa rede non o puiden subir antes.
Pero... realmente... só onte era o día para felicitar ós papás? ou tódolos días se poderían festexar?
Como "oficialmente" era onte, nós no cole tamén fixemos uns agasaios para os papás, que non eran
só uns agasaios porque sí, senón que levaban ímplicito un tesouro que perdurará para sempre, queredes saber cal é?
Pois sí, esas cousas que perdurarán ahí, son as mesmas que lles damos a miúdo ós nosos papis, pero que seguro lles gustará moito telas ahí, metidiñas nunha postal cun tesouro: unha aperta e un bico para sempre (bueno, ata que dure o carmín, jejeje)

17/3/10

RECIBIMOS UN PREMIO

Grazas a Marta de COLE DE COLORES, por enviarnos este premio:Agora tócanos nominar a nós, a outros catro blogs:
Nieves, de EN POCAS PALABRAS
Elizana, de SONRISAS DE MIL COLORES
Ángela, de RECURSOS EDUCATIVOS
Cris, de GOLFIÑOS DO MASMA

QUE LLES PARECEU A NOSA CARTA?


Se queredes ver que lles pareceu a nosa carta ós nosos amiguiños de Oviedo, premede AQUÍ, e iredes directamente á nova do seu blog.

O MEDO

Hoxe na asemblea falamos sobre o medo:
Que é para nós o medo?
Tivemos medo algunha vez?
A que cousas temos medo?

Para falar utilizamos, coma noutras ocasións, o xogo da tea de araña de xeito, que imos falando en orde, segundo nos pasen o "ovillo" de lá, e á vez que falamos enroscamos un pouquiño a lá no noso dedo, de xeito que pouco a pouco imos tecendo unha tea de araña.
É moi importante escoitar o que din os demais polo que mentres fala o que ten a lá, o resto teñen que estar escoitando atentamente, pois se logo pregunta a profe que dixo fulanito ou menganito, hau que sabelo (senón quererá dicir que estamos nas nubes, como Fantiño, o elefante dun conto que traballamos a semana pasada, e que nunca estaba atento no cole, e claro, non sabía facer as cousas por estar sempre nas nubes). O conto de Fantiño é a tradución do conto "La historia de Fantito" que se recolle neste libro:

Preme na imaxe e verás o índice do libro.

DATOS DO LIBRO:
Autor: Jesús Jarque García
Editorial: CCS
ISBN: 978-84-9842-101-9
Como resumo do que fomos falando todos, coincidimos os 20 en ter medo á escuridade, e logo algúns temos tamén medo ás bruxas (3) , ós touros (4), ós lobos (2), ás arañas (1), ós monstros (2)... e ata ás rás (1), ás galiñas cando seguen as persoas (1), a quedarnos sós na casa (1), ou á tormenta (1).
Aproveitamos o tema para escoitar un conto que nos contou a profe e que falaba sobre o medo:

DATOS DO CONTO:
Autor: Michael Broad
Editorial: Beascoa
ISBN: 978-84-488-2606-2

Este conto está xenial e ten unhas ilustracións chulísimas!!! Aínda que nós, aproveitamos para facer as nosas propias ilustracións, pois encántanos debuxar!!!
 
poemas de amor