BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

30/9/10

A FESTA DE POMPIÑAS DE XABÓN

A profe xa comprobou que a todos nos encanta bailar e cantar... e por iso nos fixo unha discoteca especial na asemblea, e bailamos ao tempo que estoupábamos pompiñas. Mirade que divertida foi a nosa festa!!!

OS XOGOS DE PATIO

De momento como o tempo nos acompaña só tivemos que ir un día ao patio cuberto, e aproveitamos a xogar o resto dos días fóra, no areeiro, nos tobogáns... pasámolo moi ben!!!!

OS PEIXIÑOS

Moitas veces imos para a casa pintados, ás veces será como premio por portarnos moi ben (xa que nos encanta), outras porque festexemos algo (un cumpreanos, unha festa especial...) e outras porque nós mesmos experimentaremos pintándonos.
Hoxe, por exemplo, convertémonos en pequenos peixiños. Mirade que guap@s estamos:


O NOSO SEMÁFORO DO COMPORTAMENTO

É necesario que dende ben pequen@s vaiamos sendo quen de controlar os nosos comportamentos, sabendo que cousas están ben e cales están mal e porque.
Estes primeiros días, de toma de contacto uns con outros, adicámonos basicamente a xogar, a coñecer as dependencias do cole, a aprender as rutinas da escola, a coñecernos... e xa comezaron algúns pequenos problemiñas da vida cotiá (a dura vida no patio, as pelexas por un xoguete, a necesidade de comprender que os xoguetes son de todos para compartir e non dun mesmo...) pero con todo isto aprendemos a convivir cada día, solucionando os pequenos problemiñas do día a día, cada vez de xeito máis autónomo.
Outras cousas de grande importancia estes días son os hábitos de autonomía: colgar as pertenzas, poñer o mandilón, ir ao baño, coller o papel para sonarnos... cousas que cada vez faremos sen necesidade que ninguén  nos teña que dicir de facelas, pois pouco a pouco se creará o hábito, e seremos quen de facelas sen axuda.
Para comprobar como nos portamos, temos un SEMÁFORO DE COMPORTAMENTO, no cal temos as nosas fotos. Se nos portamos ben, as nosas cariñas estarán no círculo verde, se nos portamos regular no amarelo, e se nos portamos moi mal no vermello. Así, iremos sendo quen de darnos conta dos nosos actos, falaremos sobre eles, e nós mesmos seremos os que teremos que poñer a pinciña no lugar correspondente.
Hoxe foi o noso primeiro día de usar o semáforo, e por sorte... de momento todos estamos na cara sorrinte (é que ningún quere ter a cara triste, por que será?)

28/9/10

O NOSO HORARIO DE PROFESORADO ESPECIALISTA

MARTES: psicomotricidade (co profe Carlos)
MÉRCORES: relixión (co profe Félix)
XOVES: inglés (coa profe Mónica)

26/9/10

MARQUIÑOS VOLTA AO COLE

Deixámosvos aquí algúns marquiños que poderedes utilizar para facer os vosos carteis, notas... relacionados coa volta ao cole.






24/9/10

MINI LIBROS E MINI ETIQUETAS MOI CREATIVAS

Mirade que ideas tan chulis para utilizar en traballos, postais, agasaios...
Para conseguir os moldes das mesmas só tedes que picar aquí, no picasa de Klára.

UN RAMO DE FLORES MOI OUTONAL

Se queredes aproveitar as follas das árbores que comezarán a caer agora coa chegada desta nova estación, o outono, mirade que bonita idea tedes neste album picasa.

ALGUNHAS IDEAS

Deixámosvos aquí algunhas ideas para facer postais, etiquetas... de papel ou cartolina, e que atopamos dende o album picasa de Klára.
Mirade algúns exemplos, e se queredes descargar o album completo picade directamente no enlace.Esperamos que vos servan.

15/9/10

CADA VEZ É MAIS SINXELO...

Separarse dos papás e mamás e chegar ao cole sen cara de tristura, aínda que cando en vez nos den algúns baixóns... pouco a pouco, xuntos conseguiremos estar moi, moi ben no cole!!!!
Faremos un gran grupo de amiguiñ@s, xogaremos con eles, bailaremos, cantaremos, faremos obras de arte, deliciosas receitas, escoitaremos e inventaremos contos, aprenderemos un montón de cousas... puffff, temos demasiadas tarefas que facer como para poder aburrirnos!!!!!!
Moi pronto, esperamos poder ter aquí as fotos das novas aventuras no cole, e que así vexades cantas cousas facemos, o ben que o pasamos... pero xa sabedes que primeiro os papás e mamás nos teredes que asinar un papel, así que... en canto vo-lo enviemos e nos autoricedes, nos poñeremos mans á obra!!!!!

De momento, e para comezar...

10/9/10

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Hoxe sí que comezamos tod@s o cole, e os meus 15 peques, no CEIP. Jose María Lage (Ortigueira), portáronse, moi, moi ben!!!! Teñen 3 aniños, e por iso, aínda estaremos uns días co período de adaptación. Algúns parecían coñecerme de toda a vida, pero a outros, loxicamente dáballes respeto esta nova aventura de entrar no cole de maiores!!!
Esperemos que pouco a pouco os choros desaparezan, aínda que xa sabemos que son moi normais, como defensa ante unha nova situación, descoñecida para eles, que leva consigo varios cambios que de principio asustan polo seu descoñecemento... así que, están máis que xustificadas estas primeiras bágoas!!!!

2/9/10

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2010-2011

E con el comeza xa a actividade no blogue, neste caso repartindo o noso primeiro seliño, que adicamos a tódolos blogueir@s educativos:

E recibindo tamén os primeiros da man de AnaPorfa (AnaPorfa blog) e de Nieves (En pocas palabras).

E dende aquí envíollos aos meus novos compis de cole, para que se animen a seguir como ata agora coas súas bitácoras, e tamén a todas aquelas persoas que nos seguen, e ás que lles desexamos un bo comezo de curso.
 
poemas de amor