BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

9/11/11

UN MUSEO PARA AS NOSAS EXPOSICIÓNS

Na clase fixemos un espazo para amosar as nosas exposicións. Comezamos cunha primeira de debuxos libres que está quedando chulísima.
Despois teremos que completala poñéndolles un número a cada obra, o título dos cadros...
              Canto colorido!  verdade?

HORA DE LER

Neste momento de lectura, ao principio nos costaba moito centrarnos en coller só un libro para ler e andabamos sempre paseando a coller 1, 2, 3... pero xa estamos aprendendo a dinámica, e gústanos moito.
Cada un colle un conto e o "le", algúns o facemos en alto, outros en baxo, outros miramos os debuxos, outros descubrimos que hai un montón de letras no conto e que algunhas son as do noso nome, ou dalgún coñecido (familiares, compañeir@s...). Pero o caso é que pouco a pouco temos máis gañas de ir á biblioteca a coller contos, e cada vez gozamos máis das lecturas que nos fan os compañeiros e nós lles queremos facer a eles (lectura por parellas, pequecontacontos...). e seguimos a nosa rutina:
 Indo ordeadamente a coller os contos (que depois tamén en orde deixaremos ban colocadiños segundo a súa cor)
 Collendo o noso conto e sentándonos na asemblea para lelo.
 Centrándonos, segundo os nosos intereses, en lelo (en alto, baixo, mirar os debuxos...)
Ou, en moitas ocasións, facendo lecturas en parellas.

DIVERSIÓN NOS RECUNCHOS

Cada semana temos nos recunchos unhas actividades diferentes, pero hai algúns (soen ser 2cada semana) que os deixamos con máis liberdade de xogo. Aínda así, unha vez rematadas as tarefas programadas, o tempor restante e de xogo libre, sempre en cada recuncho.
Esta semana, no recuncho dos sabios estamos xogando con letras a esribir palabras. os peques din unha palabra e buscan as letras que creen que ten esa palabra. Despois a profe repite a palabra marcando ven as sílabas e dentro destas os fonemas, e así vánse dando conta dalgunhas letras das que se esqueceran. Ao final buscan todas as letras da palabra elixida, e posteriormente debuxarán dita palabra. Este equipo quixo facer a mesma palabra, así que os traballos son moi similares (pois ademais se copiaron bastante para debuxar). pero ao longo da semana nos iremos xuntando con diversas palabras e debuxos (que temos expostos no noso tendal da clase) e que serán cada un diferente, segundo o interés de cada un por facer a súa propia palabra. Cales escollerán hoxe?

Xa podedes ver cal foi a palabra escollida!!
No recuncho dos oficios unha das cousas que máis lles gusta e "ir de compras" e disfrazarse con todo o que teñen: bolsos, gafas, perrucas, velos, capas... todo vale!!!


... Isto sí que é pasalo ben!!!!
No das matemáticas estamos xogando cos nosos propios xogos elaborados: xogos de facer series, tangrams...

 

LEMBRANDO OS SATÉLITES DOS PLANETAS

Como é algo que nos gustou moito, iso de saber cantas "lúas" ten cada planeta (bueno, algúns non teñen ningunha), quixemos plasmalo no papel, xa que no noso mural da clase xa o traballlamos. Así, de paso fomos "lendo" os nomes dos planetas, fomos vendo as súas cores, e traballamos cos números (como vos dixeramos: Xúpiter ten 60 lúas, Saturno 31, Marte 2, Neptuno 11...) así que foi un traballo moi completo.

Para ir facendo a ficha íamos ao noso mural a buscar os planetas (lendo, fixándonos nas primeiras letras...) e despois comprobábamos as súas cores, e o número de satélites, para poder plasmalo na ficha.


8/11/11

ESQUECEÚSENOS CONTARVOS QUE...

O luns quedounos outra nota de Marci, onde nos dicía que estivera de viaxe espacial e que fora a un planeta onde facía moito moito calor e a outro onde facía moitísimo frío. El non sabía os nomes, pero sí lles sacara fotos así que nos pedía axuda para pescudar entre todos cales foran os planetas que visitou.
Rapidamente, ao ver as fotos dos planetas e comprobar coas imaxes de internet e dos libros que tenemos no noso cortizo dos planetas, vimos que planetas eran. Tratábase de Venus e Neptuno!!!! seguiremos investigando sobre as temperaturas nos distintos planetas. Xa vos iremos contando!!!


7/11/11

PEQUECONTACONTOS

Como sabedes, na HORA DE LER, en Educación Infantil, no noso cole, imos traballar ao longo da semana de diferentes formas. Trátase de asegurar un mínimo diario de 20-25 minutos de lectura, e nós distribuimolos diariamente a distintas formas de ler e achegarnos á lectura. Así, haberá días nos que faremos lectura libre na nosa biblioteca de aula (libros informativos, contos, revistas...), outro día faremos lectura por parellas, outro día virá algún familiar dos peques a contar un conto... e os luns teremos PEQUECONTACONTOS!!!!
Que isto que e? Pois son os propios peques os que contan contos aos compañeiros.
Hoxe comezamos con Ainara e Luís, que previamente, o venres, levaron á casa un carné e unha nota informativa da actividade. Consiste en que na fin de semana, cando lle toque de levar o carné, a súa familia lle axude a preparar un conto para contarlle aos compis. Pode ser un conto da biblioteca, un conto da casa... ou mellor aínda, o seu conto favorito!!!!!
No momento de ler, poñeremoslle os colgantes contacontos que os identifican, e xun pouquiño de purpurina e un gorros ben grandes, xa estarán listos para contar as súas historias como verdadeir@s profesionais.
Como podedes ver, Ainara e Luís fixérono, moi, moi ben!!!
Ainara contounos o conto de Carapuchiña  Vermella, sen traer o conto nin nada, de vida voz, e todos quedamos pasmad@s mirando para ela!!!
Despois Luís contou o seu de Pocoyó, pero como trouxera dous da súa casa para contarnos, no segundo Ainara foi a súa axudante. Era un libro de animais, do que Luís sabía perfectamente a historia!!!



Un aplauso para eles!!!

3/11/11

UN BUSCADOR DE ESTRELAS!!!

Hoxe Mar, a profe de 5 anos, trouxo ao cole un "buscador de estrelas" e fomos véndoo pola clases. Tiña unha roda xiratoria, e poñendo o día e a hora podíamos ver que estrelas e constelacións había no ceo. Era chulísimo!!!
Despois aproveitamos a facer unha fichiña de repaso sobre as constelacións, e escribimos o nome de tres delas, e tamén contamos cantas estrelas a formaban: Osa Maior (17 estrelas), constelación do dragón (19 estrelas) e Orion (18 estrelas).
Cando rematamos, e antes de que viñera a profe de inglés, aproveitamos a pegar as nosas fotos nos foguetes espaciais que fixeramos outro día, quedaron chulísimos!!! (agora dame problemas para subir a foto, intentareino más tarde).

30/10/11

OS CADROS QUE FIXEMOS

No recanto dos artistas, como xa vos dixemos, son de soles, martes, lúas... bueno, todo iso é o que nós pensamos que son, porque en realidade son representacions feitas a partir da obra "Vuelo de Pájaros" de Joan Miró.
Mirade algúns dos que fixemos...

Que vos parecen? Nada que envexar ao do propio artista verdade?

CONTANDO FABIÑAS = CONTANDO LÚAS

Seguimos aprendendo cousiñas e traballando sobre o noso mural. Como sabedes estivemos falando dos satélites de cada planeta e puxémoslle o número, pero... se Xúpiter ten 60, Marte 2, e Neptuno 11... Quen ten máis? Canto será 60? Todos tiñan claro que 60 era máis, porque dicían que 60 eran moitísimas, pero non sabiamos se 22 eran máis ou menos que 31.
 Entón, puxémonos a contar fabiñas, porque lúas non tiñamos, e despois metemos a cantidade correspondente a cada planeta nun sobre transparente. Así, dende fora xa sabemos cal é o que ten máis, que a Terra é a que ten menos...

27/10/11

AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS

Hoxe estivemos falando longo e tendido sobre as estrelas, e como non, sempre facendo fincapé nalgo que xa sabiamos de días anteriores: "O Sol é unha estrela".
Despois de ver diferentes tipos de estrelas nos libros, démonos conta de que hai moitos xeitos de debuxar estrelas, e tamén de facelas con outros materiais, así que... puxémonos a traballar e convertémonos en "Debuxantes e escultores de estrelas".

E como podedes ver... non hai dúas iguais!!!!

Tamén falamos sobre as constelacións, que son agrupacións de estrelas que forman figuras. Hai moitísimas, pero nós falamos das máis coñecidas, de momento, pois aparecían nun dos libros que temos para investigar. Vimos como era Orion, a Osa Maior, o Carro, o Dragón...


E vimos como cada estrela ten un nome. E hai un montón!!!!
Seguiremos investigando e a ver con que nos atopamos.

ALGÚNS PLANETAS TEÑEN LÚAS

Ao longo desta semana estivemos montando un mural, no que aínda nos faltan de poñer un montón de cousas, seguramente, pero a medida que imos investigando cousiñas as imos plasmar nel.
No mural aparece, como non, Marci que está enriba do seu planeta (Marte). Os planetas colocámolos por orde dende Mercurio, que é o que está máis pretiño do Sol.
Despois de pintalos, e pegalos, escribimos os seus nomes, distinguimos o Sol dos planetas, porque éste é unha estrela. E tamén descubrimos que os planetas teñen satélites. A terra ten un, a Lúa, pero hai outros que teñen moitísimas lúas.
Por exemplo: Saturno ten 31, Xúpiter ten 60, Urano ten 22, Neptuno 11, e Marte 2.

Á nosa Lúa os gregos chamábanlle Selene, e por exemplo, as lúas de Marte chámanse Fobos (medo) e Deimos (terror).

26/10/11

OS DÍAS DA SEMANA E A ORIXE DOS SEUS NOMES

Unha das cousas que aprendimos esta semana é a que se debe o nome dos días da semana, e así, agora cada día o relacionamos cos planetas, o noso satélite ou coa estrela máis luminosa.
Se premedes neste ENLACE poderedes ler datos moito máis precisos sobre a orixe dos nomes, tanto dos días da semana como dos meses do ano.
Aínda así, ímosvos lembrar aquí, con que se relaciona cada día, e así ninguén se sorprenderá se chega un neno/a á casa dicindo que "hoxe é o día de Mercurio", e non se refire a que os "mercurios" estén de santo, claro.

Agora, temos debaixo dos días da semana o planeta, satélite ou estrela que corresponde, e uns carteliños cos seus nomes. Así pouco a pouco imos relacionando tódalas cousiñas que estamos a aprender con Marci e as súas aventuras.

MIRÓ NO RECANTO DE PLÁSTICA

Esta semana no recanto de plástica xa non xogamos a facer arte con Arcimbolo e as follas do outono, senón que estamos a traballar con Miró.
E... sabedes unha cousa? cada un de nós está facendo unha recreación persoal do seu cadro "Vuelo de pájaros", aínda que nós lle cambiamos o título pois cremos que é "A LÚA, MARTE,ESTRELAS E O SOL".

Vós que vedes?
Xa vos ensinaremos o chulis que nos están quedando as obras.

UN CONTO ESPACIAL MOI, MOI DIVERTIDO!!!!


O luns Pablo trouxonos un CONTO moi moi ESPACIAL E ESPECIAL!!! Sí, as dúas cousas:
- Espacial: porque falaba de planetas, cohetes, naves... e cousiñas do espacio, en xeral.
- Especial: porque os protagonistas do conto eramos os 15 nen@s e a profe da nosa clase. Sí, eramos nós.
Cando Pablo nos ensinou o conto ninguén sospeitou nada sobre a sorpresa que traía dentro, pero cando comezamos a lelo e escoitabamos que nun cohete ían Pablo e Luís... xa nos daba a risa (que ben o pasaron mentres o lía)e despois íanse engadindo máis e máis nen@s, e cada vez lles facía máis gracia.

Familias: moitas grazas pola vosa colaboración!!!! Xa sabedes que podedes seguir mandándonos cousiñas porque investigaremos moitísimo sobre o espacio, e quen sabe ata onde chegaremos coas nosas pesquisas!
Se picades na imaxe podedes ver como construir un sinxelo cohete con material de refugallo:
Quen se atreve a facer o seu?
Podedes facer un móbil de planetas para decorar na vosa habitación, por exemplo. Premede AQUÍ,  e veredes como facer un, ou AQUÍ se queredes facer outro modelo.  Ou AQUÍ se preferides ver outro modelo. Cal vos gusta máis? Como vedes, hai para tódolos gustos.

Con este tempo de chuvia, seguro que nos ven ben ter cousiñas para entreter aos peques, así que... mans á obra!!!! Este tema so universo, ademais, encántalles!!!


E tamén vos podedes pasar por esta PÁXINA e colorear online.

24/10/11

FESTA CUMPREAÑEIRA DO MES DE OUTUBRO

Hoxe, festexamos os cumpreanos de outubro, e éramos 10 nen@s e 1 profe. Na nosa clase estaba de cumpreanos Ainara (que xa ten 4 aniños!) e...Adiviñades que profe sería a cumpreañeira deste mes? Dámosvos unha pista:

E, por suposto, despois da coroación dos cumpreañeir@s, cantar a canción, entregarlle os seus pergaminos... festexámolo cunha grande festa, onde había zumes, biscoitos, patacas fritas... Mirade que ben merendamos!!!



 
poemas de amor