BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

2/10/09

AS RUTINAS E A ASEMBLEA

Na educación infantil son de grande importancia para nós os hábitos e rutinas, e tamén o momento da asemblea.
Os hábitos e rutinas nos axudan a facernos unha secuenciación temporal da xornada, o que nos da a tranquilidade de saber que vai vir despois. Moitos son os hábitos que traballamo na aula (hábitos de autonomía ó poñer o mandilón, sacalo, gardalo, coller as nosas cousas da merenda...), hábitos saudables (lavar as mas e os dentes, merendas equilibradas, limpar as mesas...)e ó mesmo tempo traballamos un montón de rutinas, sobre todo as que realiza cada día un de nós, actuando como encargad@ do día. Algunhas das tarefas que temos que facer cando nos toca ser encargad@s son: poñer a nosa foto no vagón do tren correspondente ó día que sexa (luns, martes...), mirar se falta alguén, e quen é(poñendo as súas fotos no lugar correspondente), mirar que tempo vai e marcalo, poñer a data, contar cantos estamos na clase e cantos son nenos e cantas son nenas, regar as plantas, repartir os materiais...
E na asamblea, tamén todos temos unha serie de hábitos rutinarios coma son: sentarnos en semicírculo (nos coxíns)e cantar a canción dos bós días e a dos días da semana, falar en orde levantando a man para poder ter o lenguatín (xa que só poderá falar o que o teña) e os demais deberemos estar moi atent@s ó que di.
En definitiva, estas e outras actividades repetitivas que realizamos cada día nos dan a tranquilidade de poder anticiparnos ó que vai vir depois, e tamén nos permiten pouco a pouco ir avanzando na complexidade das tarefas, metendo actividades que cada vez nos esixen máis, pero que case non nos damos conta dese avance pois se fai moi paulatinamente.
 
poemas de amor