BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

20/10/09

O NOSO MARTES FOI...

Moi completo!!!
Fíxemos de todo:
Na asamblea Raquel e Carlota nos ensinaron as súas fotos de cando eran máis pequeniñas, e todos estábamos atentísimos ás súas explicacións (nos contaban que estaban facendo en cada unha delas e con quen).
E moitos trouxemos cousas para comezar a decorar o cole: millo, follas, ourizos con castañas, noces e ata figos (que dicíamos que eran peras) e Kevins (bueno eran kiwis, pero como comezaba por K nos confundimos, jeje). E tamén ulimos o fiuncho (claro para iso temos o olfato, para poder distinguir os olores das cousas!).
Tamén tivemos novidades nas tarefas dos encargados, hoxe tocoulle ser a Lea, e foi a que estrenou as novas tarefas. A profe incorporou ós paneis unha idea que viu na clase de Ramón en Fornelos, consistente en facer unha especie de "mini pizarra branca" (con folio e forro). Así, somos os nen@s quenes escribimos co "rotu máxico" (só especial para pizarras brancas) os números correspondentes a cantos nenos hai na clase, cantos faltaron... (o que antes facíamos só poñendo o número plastificado de velcro). E ademáis no panel dos nomes dos encargados, teremos tamén un espazo máxico para poñer o noso nome, e unha pizarra para facer un debuxo que adornará a zona da asemblea durante o día que sexamos encargados.
Hoxe nos equipos fixemos, de todo un pouco:
Os maiores xogamos a escribir o noso nome con pinzas (co problema de que hai moitos nomes que teñen varias A, e non chegaban para tod@s, así que...a profe terá que facer máis).
E tamén fixemos os nosos manteis individuais para a merenda (que a profe plastificará para que nos duren moitísimo). Para facelos escribimos con letras de esponxa e pintura para escribir os nomes, e logo nos debuxamos con rotu.

Os pequenos tivemos que facer unha cara, coa poesía que nos ensinaron o outro día os maiores, e lle tivemos que poñer ollos, nariz, boca, pelo... mirade como quedaron!
Tamén traballamos coa figura do círculo, e as consignas dentro-fóra, pegando os anaquiños de papel que ontes fixeramos. E logo, a colocalas no seu sitio!xa todos sabemos cal é a nosa bandexa!
E non dubidedes que en canto puidemos, fomos a xogar ó recunchos, e os bebés estiveron moi, pero que moi solicitados, o que máis queremos e ir xogar á casiña, ó super, cos coches...
Pero nos parece que mañá iso vai a cambiar porque a profe nos dixo que imos a facer un Rexistro de Control, e cada día poderemos ir só a un. Que lío!!! Como será iso? Bueno, mañá o saberemos! Pero veredes que así imos a pasar por todos (casiña, disfraces, construccións, biblioteca, quebracabezas, artistas) durante a semán, e ó do ordenador iremos tamén pero cun rexistro que levará a profe (para que vaiamos sempre todos, e xoguemos ós mesmos xogos, ata cambiar).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor