Na nosa clase,e dado que 12 dos nen@s temos só 3 aniños (algúns oficialmente aínda 2), tivemos un período de adaptación pois: é algo novo para nós isto de vir ó cole, de ter varios profes (inglés, educación física...), de ter que cumprir uns horarios e unhas normas... e sobre todo, de ter que compartir a atención que nos dan os adult@s con outros 19 nenos, cando en moitas ocasións temos unha adicación exclusiva, ou como moito compartida cun irmán, ou dous... pero con 19!!!!!! vaia lío!!!!!!
Parece algo fácil, pero ós máis pequen@s cóstanos moito iso de compartir, e queremos todo para nós, tanto os xoguetes coma a adicación que nos dades os adult@s, pero non vos preocupedes, imos aprender moito, e aínda que nos coste, aceptaremos a idea de que as cousas do cole son de tod@s e hai que compartilas, e tamén nos iremos dando conta de que os profes nos teñen que atender a todos, pero... somos moitos!!!
Os de 4 anos somos 7, e tamén nos tivemos que adaptar, á nova aula (é a mesma, pero está distribuida diferente, ten cousas novas...), ós profes, ós novos compañeir@s... e como non, ás normas, que despois dunhas longas vacacións parece que se nos esqueceron un chisquiño, pero... tampouco vos preocupedes, estamos traballando no cole, e xa fixemos o noso panel de normas, e cando a alguén se lle esquece, xa llas recordamos.