Hoxe na asemblea, xa que temos un montón de cousas para investigar o corpo, estivemos falando do tema e poñendo en común as cousas que sabemos.
Que partes temos no corpo?
Para que nos serve?
Como o temos que coidar?
Cales son os nosos sentidos?
Para que serve cada un?
...
Así lembramos algunhas das cousas que estivemos traballando nestos días, e aprendimos outras cousiñas, par o cal... probamos cousas co noso corpo.
ULIMOS... coa CAIXA DOS OLORES, e aínda que a profe nos dixo de que era cada botelliña de esencia, practicamente todos pensamos que a botelliña de canela ule a coca-cola!
Tamén TOCAMOS... co XOGO DAS TEXTURAS, e descubrimos que hai cousas suaves, ásperas, lisas, rugosas...
E tamén vimos algunhas cousas para que nos serve o noso corpo: movernos, saltar, nadar, expresarnos...e tamén para relaxarnos, e así fixemos, xogando ás alfombras máxicas. Nós quedábamos tumbados boca arriba no chan, mentres soaba unha música, e estabamos tranquiliños, logo, as profes (Montse e Bea) ós que estabamos máis relaxad@s, nos levaban de viaxe nas alfombras máxicas (arrastrándonos a modiño polos pés). Ó final nos relaxamos tanto que tod@s conseguimos facer esa viaxe. Gustounos moito!!!
Pero antes de relaxarnos, estivemos xogando un pouco con música: bailabamos mentres soaba e cando a profe apagaba nos dicía como tiñamos que poñer o noso corpo (como xigantes, como ananiños, como canguros...).
Os maiores, despois, comezamos a facer as nosas páxinas para crear un libro-quebracabezas dos nosos nomes e corpos, cando o teñamos rematado xa vo-lo ensinamos, pero... aínda falta que fagamos os pequenos as nosas páxinas, eh!
23/10/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario