BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

4/11/09

BARRIO SÉSAMO DE CUMPREANOS

Hoxe, Barrio Sésamo cumpre nin máis nin menos que 4o anos!!!!
Canto me gustaba velo, só con escoitar a canción do tren "la la la... lalala" xa me pegaba á televisión atentísima a ver que pasaría ese día coas gaietas de Coco, coas reportaxes da rá Gustavo... e como non coas peripecias de Espinete, Don Pimpón...

En fin... canto aprendemos con Barrio Sésamo, verdade? Pois para festexar o seu cumpreanos, deixóvos aquí os vídeos para lembralo:
Ademais aproveitamos que Espinete é un ourizo, un dos animais que traballaremos no noso Libro do Outono, e nas fichas destos días... deixóvos aquí tamén 3 imaxes por se nestes días (que parece van ser de chuvia) queredes imprimilas na casa para que as decoren os nen@s. A primeira é un mandala, uns debuxos que son moi relaxantes de facer, e máis aínda se os facemos cunha música relaxante de fondo. Probade e veredes!
Hai moitísimos mandalas na rede, deixaréivos uns cantos enlaces na barra lateral para que podades descargalos, pero... ollo, é unha actividade que NON TEN IDADE, así que... podedes poñervos toda a familia a facelos, e aínda que sexa a mesma imaxe, poderedes ver obras completamente diferentes!!!


¿Sabedes a canción de Espinete "Un erizo como yo"? mirade, mirade e escoitade!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor