Agora temos unhas caixiñas con moitos ocos nas que temos metidas un montón de letras, cada unha dentro do seu oco correspondente, e con elas poderemos facer moitísimas cousas, pero... para que as coñezamos, a profe nos fixo un xogo "de maiores".
Ensinounos un folio no que había escritas un montón de letras, entón ía sinalando unha de cada vez e nós tiñamos que adiviñar cal era (como temos letras diferentes nos nosos nomes, sabíamos un montón) e para axudarnos e darnos pistas, nos facía o seu son. Bueno... menos nunha, a mudiña, que é a letra H, e que non ten són, e sempre vai acompañada dunha das vogais (A, E, I, O, U).
Despois ó ver que sabíamos tantas letras nos propuxo un xogo dificilísimo (sobre todo para os pequen@s) e era atopar as vogais e pintalas dunha cor determinada.
Este xogo o fixemos comodamente, uns sentados, outros acostados... na asemblea, e as veces parece que nos senta mellor que facelo na cadeira!!! E ademais así traballamos a grafomotricidade de moitos xeitos, pois temos que facer maior ou menor prensión segundo a nosa postura, e tamén agarramos distinto os materiais... A profe quedou alucinada do ben que o fixemos!!!!
Di que agora xa poderemos xogar sós a compoñer palabras con esas letras que están gardadiñas cos caixonciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario