Aínda que parecía que tiñamos un pouco abandoada a nosa investigación do corpo humán (e que estivemos con outras cousas e non dábamos atopado tempo), hoxe retomámola para finalizala xa nesta semana.
Hoxe fixemos na asemblea un recordatorio do que xa aprenderamos, e tamén volvimos a ver tódalas fotos de cando éramos pequeniñ@s, e puxemos moita atención nelas, pois logo a profe nos preguntaba cousas, e se non estabamos atent@s... non saberíamos a resposta.
Tamén estivemos vendo os contos que nos trouxera Ainara, e uns anaquiños dos vídeos que trouxera dos músculos e dos ósos.
Agora xa sabemos que no noso corpo debaixo da pel, temos máis de 200 ósos, e tamén temos músculos. O corazón tamén é un músculo, intentamos atopar os nosos latexos, pero... moi difícil, pois non estábamos calados. A ver se na casa nos axudades a atopalos!!!!
Tamén dado que Carla ten a perna escaiolada, nos serviu para falar das feridas, de que os ósos se rompen (tamén a profe rompeu o codo o ano pasado) e vimos nos libros como se vendan...
Os pequen@s estivemos nos recunchos, mentres os maiores estaban rematando o seu libriño do corpo. Estalles quedando moi ben!!!
O venres poderedes ver os nosos libriños rematados!!!
25/11/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola Bea, quería preguntarche se tes algún dossier ou actividades sobre o corpo? xa que o ano pasado o traballachedes e nós, na Armenteira o estamos traballando por se podemos sacar algunha idea desta cousas tan chulis que facedes.
ResponderEliminarun saúdo.
Lorena (peques da Armenteira)