BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

9/11/09

QUE ESTAMOS FACENDO?

Esta semana continuamos traballando sobre O OUTONO, e máis concretamente sobre O MAGOSTO.
Estamos facendo un "comecastañas" xigante para a festa que faremos en Fornelos, e dámosvos unha pista, é a casiña de 3 persnaxes dun conto, que son irmáns. Sabedes quen son? Claro que sí, son OS TRES PORQUIÑOS, pero... eles fixeron unha casiña de palla, outra de madeira, e outra de ladrillo... pero nós a estamos facendo de cartón!!!!
Tamén estivemos estampando un montón de follas secas, facendo con elas uns fermosos cadros que están agora decorando a nosa clase...
Algúns comezamos hoxe a facer "OS NOSOS BODEGÓNS" como vos prometéramos, e mirade vaia calidade teñen!!! Tede en conta que somos pequeniñ@s, e algúns aínda estamos aprendendo a coller os útiles (pinceis, lapis...) Pero os nosos bodegóns teñen unha cousa común, e son as CORES DO OUTONO. Non sí?
E o noso recuncho dos artistas, estase enchendo de obras de arte, parecía unha GALERÍA!!!
Tamén estamos facendo un LIBRIÑO DO MAGOSTO que vos ensinaremos cando o teñamos
rematado.
Cantas cousas estamos facendo de plástica, verdade? É porque temos que traballar moito a motricidade fina, para poder logo coller ben os lapis e os rotus, e poder escribir e debuxar moi, moi ben... Así, picando, modelando, pegando cousas, traballando cos rolos... en definitiva, traballando coas nosas mans, imos pouco a pouco mellorando a nosa capacidade grafomotriz, que nos vai a ser moi necesaria para todos os traballos da escola (de agora, e cando sexamos maiores!! así que, canto antes o traballemos, moito mellor!).

Tamén vos avisamos de que esta semana no ordenador, estamos xogando con TUX PAINT, un programa de debuxo moi completo, que podedes descargar dende aquí, e co que seguramente vos sorprenderán os nen@s facendo as súas propias obras de arte!!!

2 comentarios:

  1. Que chulos los bodegones,

    Tal vez de aqui salgan l@s proximos picassos, jejeje.
    Los traeran a casa? ya tengo ganas de mostrarlo en el salón.
    Bss

    ResponderEliminar
  2. Jajaja, riete, pero... es sorprendente lo que puede salir de la creatividad de los niños/as con un pincel en la mano, y un par de pinturitas. Es mágico!!! ya veréis la evolución, esto sólo va a ser un boceto de muchas de las obras que van a hacer, jaja.
    Por supuesto que lo llevarán para casa, pero... aún tenemos que hacer los "carpetones gigantes" para ir guardando las obras de arte.
    chao

    ResponderEliminar

 
poemas de amor