Nós hoxe estivemos traballando cunha poesía do outono, que aínda non practicamos o suficiente como para poñela aquí (jaja).Tamén estivemos facendo unha páxina do noso "Libro das Cores", xa sabedes ese libro, no que traballamos cunha cor determinada, pero... utilizando distintas técnicas plásticas. Hoxe nos tocou a cor verde, e pintamos unhas folliñas (1 grande e 2 pequenas), e despois botámoslles virutas de ceras de cores, quedaron chulísimas!!!
E outros aproveitamos nos recunchos para xogar a disfrazarnos...

No hay comentarios:
Publicar un comentario