BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

24/11/09

SORPRESA DOS REIS MAGOS E DE PAPE NOEL!!

Deixóvos aquí un enlace a unha páxina xenial que deixou Mary (unha mamá de Arteixo) no blog do meu compañeiro José Carlos (ó cal debo parte do meu gusto polos blogs como ferramenta educativa, xa que eu vía a cotío o seu). Grazas Mary, e grazas Jose Carlos!!!

Na páxina poderedes confeccionar (con 3 sinxelos pasos) un vídeo dos Reis Magos ou Papá Noel dirixido ó voso neno/a, no que lle falarán persoalmente dicindo o seu nome, idade... e as cousas que ten mellorar (cousas que non fai por exemplo) e reforzar as que fai moi ben.

Nun minuto poderedes confeccionar o vídeo, e darlle unha grande sorpresa ós peques. Se o facedes, contádenos que cara puxeron!!! jajaja

Picade na imaxe...

2 comentarios:

  1. Ola Bea, alégrome moitísimo de que poñas esta páxina no teu blog, pois realmente é fantastica e os nenos, levanse unha sorpresa moi agradable.
    Eu fixénllo ó meu, o ano pasado e máis este e quedou abraiado ata lle falaba a papa noel. Este ano, paseillo a varias mamás que llo fixéron ós seus fillos e é digno de ver as súas caras.
    Grazas a tí por poñelo e recomendolles a todolos pais, que llo fagan ós seus fillos e lles vexan a cara (é alucinante).
    Mándoche un bico moi forte dende Arteixo e coma sempre, decirche que nunca deixes de facer este traballo tan bonito. Espero que Xosé Carlos,siga "convencendo" a moitos máis mestres para facelo, pois é algo moi bonito para nós os pais e, un recordo precioso para os nosos fillos.Mary

    ResponderEliminar
  2. Xa escoitei hoxe a algún nen@ da miña clase preguntándolle ós demais se xa viran as normas que puxeron os Reis e Papa Noel. jajaja. Así que... xa algún o veu!!!!

    grazas a ti Mary por "darlle vidilla" ós nosos blogs cos teus comentarios e aportacións. Moitas grazas!!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor