Hoxe, Carlota, que foi a encargada, foi a que dirixiu o Xogo das Emocións, ó que xa xogamos algunha que outra vez, e que cada vez nos sae mellor.

Ela nos dicía que
emocións tiñamos que representar do Panel, e nós as imitábamos.
A ver se adiviñades cal representabamos en cada momento.



Tamén "quedamos pasmad@s" vendo a peli dos 3 porquiños, o vídeo xa o sabíamos de memoria, porque algúns xa o viramos onte nas nosas casas. Axudámoslle a soprar moito, moitísimo ó lobo, pero coa casa de ladrillo non puidemos!!!! Eso sí, cando vimos que se escaldara o cu ó caer na ola fervendo, pensamos que o tiña merecido, que vai ser iso de querer comer ós 3 porquiños!!!!!

Despois de ve-la peli fomos a traballar, a seguir contruindo a nosa propia casa dos 3 porquiños, unha casa de cartón, poderá derribala o lobo????
Estivemos poñéndolle o tellado, e tamén lle puxemos pedra a redor da fiestra e da porta. E para facer o gris... botamos moito
branco, unhas gotiñas de
negro, e... a remexer!!!! tachán!!!! velaquí está o
gris.

Mirade como nos está quedando a obra:



Como sabedes, traballamos en equipos, e así mentres estamos nunha mesa facendo unha cousa, noutra mesa facemos outra, e ó final do día todos fixemos o mesmo, pero en distintos momentos.
Pois hoxe nos tocaba traballar unha ficha dunha
poesía moi bonita:
OUTONO BONITOFOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADASQUE RICAS ESTÁN.Os maiores fixemos a ficha así:

E os pequenos, mentres uns picabamos as follas dunha árbore, outros pintabamos con pintura de dedos o tronco (están a secar, xa vo-las ensinaremos), e outros mentres estabamos desfacendo anacos de polispán, que imos precisar máis adiante para o recuncho dos artistas, así que... cando os pequenos íamos rematando, a profe nos mandaba ir a axudar ós compañeiros a desfacer os anaquiños de polispán e mete-las boliñas nunhas caixas, todo ía ben, pero...

Cando comezamos a ser moitos... vos imaxes como quedou a clase? Mirade, mirade! e con só moverse as boliñas voaban para todas partes!!!!!

Máis, aínda co desastre das boliñas que a profe non daba recollido nin coa vasoira nin con nada, fomos quen de seguir traballando moitísimo, e representamos a poesía que había na ficha:
E tamén fixemos cada un, a nosa castañeira, mirádeas todas xuntas, en forma de
círculo:

Gústanvos? A nós nos encantaron e saimos moi, moi contentos con elas na man!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario