Nos emocionábamos moito presentando ás nosas familias, porque... é algo que só nós podemos facer!!! e ademais nos fixo moita ilusión ver ás nosas familias nas fichas!!!
Pero... xa non temos os nomes na mesa, agora só os temos colgados debaixo do logo do noso equipo (na mesa da profe) e por cores, de xeito que nos será moi moi sinxelos recoñecer os nomes de todos, pois por descarte, sabendo por que letra comezan e no equipo que están, xa saberemos de quen é cada tarxeta. Agora, cada vez que teñamos que escribir o nome, teremos que collelo, poñelo na mesa, e volver a colocalo no seu sitio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario