Agora que xa estamos preparados, comezamos co préstamo de biblioteca, polo que, como hoxe, cada venres levaremos a carpetiña co conto que nós eliximos, a ficha para facer o debuxo e escribir as cousas que nos manda nela, e tamén o abecedario plastificado para que nos axudedes a facer as letras.
Ademáis, para a semana, sumarémoslle á carpeta outro elemento: O CARNÉ LECTOR.
Os luns, deberemos traer de volta a carpetiña con todos os elementos, e a ficha feita, claro.
Para recoñecer as nosas carpetas, non lle puxemos fotos nin carteis cos nosos nomes feitos a ordenador, senón que os escribimos nós sós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario