Algúns deses cambios que faremos xa os descubrimos hoxe, cando a profe nos dixo que agora xa non haberá un encargad@, senón dous cada día.
Do mesmo xeito, xa non están os nosos nomes colocados, separando nenos e nenas, o cal nos servía ó principio para localizar máis fácil os nosos nomes (en dous equipos diferenciados) pero que agora xa non precisamos.
Así que... puxémonos mans á obra, e cambiamos todo. Agora temos colocados os nosos nomes por parellas, de feito que cada día saberemos a que parella lle tocará ser ó día seguinte.
Para iso, tivemos que sacar os símbolos de cores e números que temos ó lado do noso nome, e que nos serven para atopar o noso sitio na asemblea, os gardamos ben gardadiños no noso peto, e logo cando a profe collía un nome no-lo ensinaba, nós dicíamos de quen era ese nome, e ese neno se levantaba e poñía o seu símbolo no sitio correspondente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario