Podedes inventar calquera dos recursos que dixen anteriormente e facer un traballo colaborativo nen@-familia, de xeito que debuxen e escriban ó seu nivel e vos escribades o resto (os pequechiñ@s con que asinen a obra ou escriban as letras do título chegaría) e por suposto que acompañen o texto cunha ilustración súa (deixade que o fagan libremente, con axuda só verbal).
Podedes enviar as vosas obras escaneadas, ou en fotografía (lexible) ó correo: benclalu@gmail.com; ou a clasedebea@hotmail.com.
Se non tedes forma de envialo por correo electrónico traede as obras ó cole en formato papel e xa as subo eu ós blogues.
Grazas por colaborar como sempre! Quen sera o primeir@?
Ah, e non esquezades dicir quen sodes, e de que cole, pois é unha tarefa colaborativa cos coles de Andalucía e o de Crecente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario