BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

13/2/10

ENTROIDO 2010 NA PRAZA DO CALVARIO

Tanto traballo co conto, coas personaxes, coa canción dos ananiños, para que sería? Pois porque precisabamos ter moi, moi clariño de que ía o noso conto: Quen aparecía nel? Que acontecía na historia? Cantos ananiños había? Que facían? E logo representalo para todos os asistentes á festa na Praza do Calvario.
Máis sinxelo sería se fosemos tamén 7 ananiños, pero non, eramos 19, e poñernos dacordo para facer unha fila xa nos costa un mundo, imaxinade para facer un círculo!!! e aínda enriba cunha morea de xente expectante á nosa actuación, que abría o espectáculo. Pufff, que nervos!!!!!


Por favor: se tedes fotos ou vídeos da festa, mandádenolos ó noso correo, e así xuntamos todo. Grazas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor