BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

2/2/10

OS LUNS...

O bebé despois dun longo mes e pico na clase, coidado polos trasnos, esta fin de semana volveu a ir de fin de semana, e esta vez tocoulle coidalo a Amanda, e polo que se veu nas fotos, fíxoo moi, moi ben.
A quen lle tocará esta fin de semana?Tamén os libros viaxeiros dos contos e dos debuxos, viaxaron ata a casa de Antía e a de Adán que cumpriron coas súas tarefas, tamén moi ben.
Pero... sabedes que facemos os luns ó chegar ó cole? ademais de ver os libros viaxeiros, temos que facer outras cousiñas despois de que os encargad@s rematen as súas tarefas, como... ver as carpetas do préstamo de biblioteca, comprobar que os debuxos foron feitos polos nenos, así como as letras... e cada un por orde ten que ir gardando o libro no seu equipo (cor amarela, cor azul, cor verde ou cor laranxa) gardar o cartafol na caixiña correspondente e arquivar a ficha.
Os pequen@s estamos aprendendo a gardar as nosas fichas, no arquivador de 4 buracos, pero como o luns pola mañá temos moitas cousas que contar, aproveitamos e un dos maiores nos axuda con esta tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor