BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

24/2/10

OS NOSOS NEGOCIOS EN MARCHA

Xa moi pronto poderemos facer a inauguración dos nosos novos locais: o "Supermercado Couso" e o "Restaurante Couso", teñen o mesmo nome porque somos os mesmos propietarios, claro.
Xa cada vez van máis axilizadas as nosas xestións, hoxe recibimos mercancia nova (unha morea de alimentos de xoguete) que fomos xa clasificando nas distintas estancias do supermercado (panadería-docería; carniceiría, froitería...) e de peixería, aínda non recibimos nada, debe ser porque como teñen que ser productos frescos do día... así que... farémolos de papel, e haberá de todo (xurelos, polbos, mexillóns, ameixas, rodaballos... todo ben fresquiño).
Tamén nos chegou mercancia para o noso restaurante: pizzas, patacas fritas... e hoxe aprendemos a poñer a mesa (os coitelos á dereita, os garfos e as culleres á esquerda... para os cafés e infusións utilizaremos culleriñas...)
Hoxe non puidemos facer xogo libre neste recuncho pois aínda o estamos clasificando e ata que non manexemos ben onde está cada cousa, e non lle poñamos os carteis, mellor non tocar moito... o venres como teremos unha axudante -xerente xa nos poñeremos mans á obra con estas tarefas de etiquetado, e poderemos xa xogar libremente.
Grazas ás vosas aportacións familiares, temos un montón de cousas (pelis, contos, receitas, descontos para o super, ideas de ingredintee para botarlle ás pizzas...) e todas elas nos servirán coo veredes, para aprender.
As receitas as poñeremos todas xuntas a modo de libriño de cociña, na cociña do restaurante, e así, cando xoguemos a cociñar podemos botar man delas por se se nos esquece algún condimentos, por exemplo.
Coas adiviñas, contos... faremos tamén cousiñas, como poderedes ver nestes días.

2 comentarios:

  1. Hola chicos, menudo ajetreo....uf, es muy interesante ese proyecto, nosostros no podemos incorporarnos de pleno porque no le hemos preparado, pero claro que estamos pensando hacer cositas para vosotros, queremos colaborar ¡¡¡¡¡ muchos besitos desde Oviedo

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias, nosotros os mandaremos cositas de nuestros "negocios" también, jajaja.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor