E tamén nos mandaron un montón de palabras fermosas e bicos en forma de folla para poñer na nosa árbore das palabras, agora tocaranos a nós mandarlles un montón de cousas tamén.
Pero iso non foi todo, á profe, como lle encantan os mandilóns de cores, mandáronlle un broche precioso, moi colorido.
Quedamos todos coa boca aberta ó ve-lo!!
Pero por se fose pouco, a profe estaba contentísima, porque... a carta traía selos, e un deles non o tiña (xa vos contaramos nunha ocasión que a profe os coleccciona, asi que... xa sabedes se conseguides algún selo e non os coleccionades, a profe estará encantada de recibilos, e se os coleccionades, pois tamén estará encantada de poder intercambiar con vós).

No hay comentarios:
Publicar un comentario