Estamos facendo algunhas cousiñas de educación emocional (porque a profe está aprendendo moitas cousas nun cursiño ó que vai a Tui) e estamos comezando a plantexarnos seriamente que son as emocións, como nos sentimos en cada momento, cando estamos tristes, cando estamos contentos, que cousas nos asustan? e para solucionar pequenos conflitos emocionais que xurden ó longo do día, contounos unha historia de lle contaron as súas mascotas (o caracol e a tartaruga) á profe para por remedio ós nosos choros, etc. O segredo está nas súas cunchas. Así que... despois de contarnos unha pequena historia, fixemos un xogo no que nos convertemos en caracois ou tartarugas (segundo quixeramos cada un) e nos agochabamos baixo a nosa cunha (imaxinaria, cos nosos brazos).
Tamén fixemos unha fichiña para escoller que seremos cando queiramos solucionar o noso conflito emocional : tartaruga ou caracol, e temos unha tarxetiña cada un, de xeito que iremos controlando coa tarxeta, cando alguén se ten que converter en caracol ou tartaruga, na clase. Xa vos ensinaremos o panel co que comprobaremos a solución de conflitos, e así poderemos ver quen de nós chora moito, e nos irá dando explicacións de por qué, afondando así nas cousas, e non sendo porque sí (como en moitas ocasións parecen ser). Pouco a pouco irémoslle dando o nome as cousas, e explicaremos os nosos problemas.
Vós que facedes cando estades moi enfadados ou tristes? tamén chorades? Nós ás veces choramos repentinamente e imos onde a profe a dicirlle rapidamente que fulanito ou menganito nos pegou, ou nos quitou un xoguete... e claro, entre choro e choro, a profe non nos entende, así que... a partir de agora nos meteremos un pouquiño na nosa cuncha e cando estemos máis tranquiliños, pois... igual xa se soluciona o noso problema, non? Probade vós tamén!
Cando vos sentides vós led@s? e tristes? e asustad@s? e cando vos enfadades? Pensádeo, nós estamos falando disto no cole.
16/3/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Boas, son Vanessa (Os Pícaros de Vane)alégrome moito que comezases a traballar as emocións na aula, e sobre todo con este tipo de actividades. Xa me irás contando como che resulta e sobre todo, moito ánimo!. Un saudiño dos Picariños.
ResponderEliminarO certo que no panel das rutinas sempre teño un espazo adicado ás emocións, e soemos falar delas nalgunhas asembleas, pero... agora ímolo facer con máis asiduidade e cun trasfondo máis fondo (vaia a redundancia) jejeje. Grazas!!! Encantoume a vosa parte do curso. E como ves, xa puxen algunha cousiña en práctica.
ResponderEliminar