BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

26/4/10

CALI...QUE?????

Hoxe, na asemblea estivemos vendo no ordenador portátil o debuxiño do sol que hai na entrada anterior. A profe preguntounos que era iso? e algúns dixemos que era un sol, outros que eran letras, outros que eran letras con forma de sol, e outros que ese sol de letras debería significar algo (un xeroglífico, entón?)...
A profe explicounos que se podía debuxar con letras e palabras todo o que quixeramos, e que iso se chamaba CALIGRAMA, e normalmente se utiliza para representar poesías visuais, e todos amosamos interese en ver máis debuxos feitos con letras.Amosounos un montón, e todos íamos dicindo que víamos no debuxo, e agora temos a clase chea de caligramas, pero non só os que nos ensinou a profe, senón tamén os nosos.Aproveitamos que había moita luz,puxémonos nas fiestras, e utilizamos unha prantilla cun sol debaixo dun folio branco, e nós, en lugar de calcar o sol, o que fixemos foi escribir, ó noso antollo, letras sobre o debuxo. O resultado foi espectacular!!! Que vos parece?

3 comentarios:

  1. Unha gran idea que, para non variar, vou a plaxiar (co teu permiso, claro,jejjeje)!!!! Cando ando falta de recursos e ideas sempre paso polo teu blog porque estou segura de que nel atoparei a inspiración que perdín!!
    Bicos dende Nuestraclase.

    ResponderEliminar
  2. Hola!!!
    pasa cuando quieras, yo también voy a tu página en busca de enlaces interesantes, jejeje.
    Qué tal va lo de tu permuta???

    ResponderEliminar
  3. Jajajajaj, lo de la permuta va lento. De momento me han ofrecido una para Carballo, pero tampoco es una gran mejoría,... Ya sabes, si conoces a alguien que este cerca de Coruña y que le apetezca un cole en Ares (por ejemplo, maestras que vivan por Ferrol, Fene,Mugardos...)HÁBLALES DE MÍ!!!jejjeje,...bueno, la esperanza es lo último que se pierde ;)
    Besiños

    ResponderEliminar

 
poemas de amor